O medo (seco) no corpo

A 8ª xornada de Primaveira en New South Wales amosou que non se precisa chuvia para trocar a xeral. Somentes fai falta que exista unha ameaza leve para que moit@s meteoludópatas perderan moito do acadado ata o de agora. A chuvia non fixo a sua aparición e, ainda que as apostas en pluviosidade non foron altas, a perda de puntos foi considerable. As temperaturas, tanto máximas como mínimas estiveron por riba do agardado pola maioría. O refacho de vento estivo na media xeral das apostas e non foi tan decisivo coma o resto dos parámetros.

Gañador en soidade, dos que se deixan ver pouco a pesar de ser modelo (coma persoa). A vitoria fai que acade o Top-10, a somentes 10 puntos do liderato. Éste volve cair nas mans do cacique de eltiempoentuojete nas derradeiras tempadas. Está a buscar a gloria de ser o primeiro xogador en gañar as catro competicións da tempada meteorolóxica. Pero os cans persecutores van facer o impensable para evitar un desenlace sen premio. Como derradeiro comentario, mención especial a un dos “tardosos” da xornada, a quen eses 18 minutos de retraso cóstalle o liderato en soidade na clasificación xeral. Estaría primeiro se non fora por 18 minutiños!!. Eu tatuaría o noso logotipo na man do mexo…

Para acceder a tódolos datos da xornada en Port Macquarie, New South Wales, preme no botón embaixo exposto.

Saude para tod@s!!!

O medo (seco) no corpo Ler máis »

Nubes amenazantes

Seica nesta 8ª xornada da VII Liga de Primaveira hai unha clara ameaza de chuvia. Pero ainda que non chova, xa se alterou o galiñeiro. Unha borrasca no sur de South West Coast pode dar lugar á formación de tormentas na zona de Port Macquarie. Nesta tesitura a composición da clasificación xeral pode amosar trocos importante, tendo en conta a pouca distancia entre os contendentes.

As apostas en temperaturas máximas, entre os 16 e os 21º C. As mínimas oscilan entre os 10 e os 14º C. As apostas de pluviosidade, case todas cheas, van dende os 0 ata os 7 litros, con picos en 10. Os refachos de vento, entre os 33 e os 67 km/h.

Con este panorama agardamos unha xornada épica, con modificacións na xeral e posibilidade de votoria en soidade. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 16:30 horas de hoxe mesmo.

As apostas:

Saude e sorte!!!

Nubes amenazantes Ler máis »

Sen rastro de chuvia

A 7ª xornada da VII Liga de Primaveira seguíu o camiño das suas antecesoras. A entrada do outono en New South Wales mantén un cariz seco, ainda despóis de chover venres e sábado e amencendo o xa o luns con unhas pingas. Domingo, nada.

Os axustes a posteriori voltan desbancar o líder da xornada nos rexistros horarios, por segunda vez nesta liga ó mesmo xogador. O líder mantén o liderato e ainda gañando a etapa por mor das modificacións finais, sendo o máis beneficiado dos trocos. Faino acompañado de tres avispados meteoludópatas. O novato acadou durante varias horas o liderato, converténdose nun hito de eltiempoentuojete. A clasificación xeral amosa ós 5 mellores participantes nunha marxe de 4 puntos, seguidos de preto polos cans de caza, na sua maioría vellas glorias que buscan a inscripción do seu nome no Olimpo meteorolóxico. Loita ata o final…

Se queres acceder ós datos da 7ª xornada en New South Wales, preme no botón abaixo exposto.

Un derradeiro esforzo, somentes quedan 3 etapas!!!

Saude e sorte!!!

Sen rastro de chuvia Ler máis »