Granxa borrascosa

A penúltima xornada da VI Liga da Inverneira, en A Granxa, agarda unha borrasca para a primeira parte do día. Pode ser das derradeiras oportunidades de mellorar a tua posición na Clasificación Xeral. Ponteareas é terra de xiadas e néboas, pero este fin de semana a protagonista será a chuvia.

Nas apostas de temperaturas máximas atopamos rexistros dende os 13 ata os 16º C., con picos de 17 e 18º C. As mínimas, entre os 5 e os 9º C., con pico en 4º C. Na pluviosidade as apostas están entre os 2 e os 10 litros, con picos abundantes de 23 e 26 algún rácano con 0 e 1 litros. Os refachos de vento establécense entre os 13 e os 56 km/h., cun pico de 76.

Polo tanto agardamos moitas loitas por unha posición mellor na távoa de clasificación. Unha xornada de semi-primaveira en Ponteareas que podes seguir ao vivo dende este enlace ou dende o Menú de Acceso rápido.

As apostas:

Sorte e clima!!!

Granxa borrascosa Ler máis »

Aviso de corrección

A partires dunha reclamación presentada por Alucarda, expoñemos os feitos.

A apostante en cuestión presentara duas apostas o venres 28 de Marzal. A távoa non recoñeceu máis que a primeira aposta e desdeñou a segunda. No repaso visual rutinario non apreciamos ese troco. Pero a tenor da reclamación poidemos ver:

A segunda aposta está dentro do tempo regulamentario, polo tanto debería ser a correcta.

Polo tanto, tivemos que facer unha revisión dos puntos da xornada e a clasificación xeral. Na xornada a única modificación corresponde a Alucarda, pero na Clasificación xeral existen varios trocos de posición. Podes ver os trocos nos resultados definitivos de Xinzo neste enlace.

Dende eltiempoentuojete recomendamos enviar unha mensaxe cando emitades unha segunda ou terceira aposta. O email é eltiempoentuojete@gmail.com. Ademáis podedes comprobar as távoas de apostas do sábado para ver se coinciden coas apostas do formulario. En caso contrario, envía un email o correo anterior.

Pedimos desculpas ós dagnificados e a tod@s os apostantes polo erro cometido. A diferencia de Juan Carlos I, non aseguramos que non se volva repetir. Pero trataremos de mellorar.

Saudos e sorte en Ponteareas!!!

Aviso de corrección Ler máis »

De Jorge a Karine

Amencer do luns baixo as nubes

Nova xornada baixo a chuvia, desta vez en Xinzo de Limia e baixo a influencia de duas borrascas chegadas do norte. Queda unha sensación de que se podía axitar máis a clasificación xeral, ainda que sí percebemos trocos que poden definir o final da Liga, pendente somentes de duas xornadas.

A chuvia e o vento fixéronse agardar ata mediada a tardiña, pero cando o fixo recolleu rexistros moi potentes para a zona en xogo. Meteogalicia entrega os datos con unha hora de diferenza, e foi no desconto onde se engadiron 2 litros que deron coma resultado un vencedor en soidade con medio mundo de distancia cos persecutores. 57 puntos nunha xornada onde somentes catro apostantes acadaron os 50 puntos. O gañador ademáis engade a entrada no Top-10 da clasificación xeral. Tamén avanzan os que superaron os 50 puntos.

Podes indagar nos datos recollidos na estación de Xinzo e o seu impacto nas clasificacións entrando na páxina de resultados. Podes facelo picando o botón embaixo estas liñas.

Sorte e clima!!!

De Jorge a Karine Ler máis »