O Virrey de Ballina

Xa choveu dende aquel día de finais de outubro no que a perfección en predicción meteorolóxica amateur materializóuse en Ponte Caldelas da man de Lukas. Corría o outono de 2016… Este domingo a perfección voltou a eltiempoentuojete. E o primeiro pleno fora das nosas fronteiras, perpetrado por unha persoaxe con unha alta porcentaxe de tardanzas e desaparicións súbitas. Agora sabemos, a tenor da sua non comparecencia na derradeira xornada, que tamén é de aparicións súbitas e asombrosas. Mutombo é o meteoludópata número catro en acadar un Pleno despois de máis de 270 xornadas desputadas.

Foi unha vitoria acadada no desconto, na revisión que fai o BOM para engadir os datos ós rexistros históricos. O BOM arrebatóulle a vitoria a outra das rezagadas da Liga de Primaveira. Dende o meu humilde punto de vista non me gustaría ser o mellor dunha xornada antes da revisión final. Semella sinónimo de decepción.

Por tras unha gran cantidade de altas puntuacións, quizáis pola falta de auga. Despóis de tres xornadas os 4 primeiros postos están ocupados por xente pouco habitual nesta zona da távoa xeral, pero son estas as ligas que poden encumbrar a participantes menos mediátic@s.

Se queres acceder ós resultados da histórica xornada de Ballina, pica no enlace abaixo exposto.

Tamén temos en exclusiva a crónica da xornada anterior, Murrurundi. Desenrolada por Rasta76, podes atopala no botón de embaixo.

Saudos confinados!!!

O Virrey de Ballina Ler máis »

Ameaza de chuvia

A xornada de Ballina ven marcada pola posibilidade de recoller a primeira auga da tempada de primaveira. Polo momento estamos a ter un comezo do outono austral en réxime de sequía, pero Ballina será a primeira proba da humidade da zona.

As máximas oscilan entre os 24 e os 28º C. As mínimas van dende os 13 ata os 18º C., polo que as temperaturas van estar moi desputadas. Na pluviosidade atopamos máximos de 2 litros, con maioría de apostas en 0 e 1 litro. Os refachos de vento están entre os 20 e os 41 kilómetros por hora, cun pico mínimo en 12.

Desta maneira temos ante nós unha xornada mpoi desputada, con apostas moi parellas e a oportunidade de recoller a primeira chuvia da VI Liga de Primaveira en New South Wales. Recorda que podes seguir ao vivo a xornada de Ballina, dende as 16:30 horas de hoxe, aproximadamente. Pica no enlace para acceder.

E atent@s tamén á publicación da Crítica de Murrurundi, durante o tempo da xornada ao vivo, cara esta tarde.

Aviso: no caso de chuvia poñemos o ollo no sistema da BOM, que recolle a chuvia en intervalos de 09:00 a 21:00 horas. Somentes teremos en conta a chuvia recollida dentro das 24 horas que nos pertencen.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

Ameaza de chuvia Ler máis »

Friaxe en Murrurundi

Notouse a altitude da 2ª xornada da Liga de Primaveira e fixo descender as temperaturas significativamente con respecto á derradeira xornada.

Na sobremesa da domingo quedaron fixos os resultados diarios, ainda que suxeitos á verificación final do BOM. E de novo a axencia meteorolóxica australiana trocaba un parámetro que deixaba o novato de primaveira sen unha vitoria espectacular. Quedaba nese momento a un único kilómetro do pleno, na que sería a estrea máis grandiosa dun novato. Pero o BOM non é un anxo. En Kempsey trocou o vento, e, en Murrurundi elevou un grado a temperatura máxima, que fixo que un vello xogador, instalado por norma xeral na zona media, gañara en soidade e ademáis colle as rendas da Clasificación Xeral. Por tras, somentes un participante por baixo dos 50 puntos e todo ainda moi apertado.

Se queres coñecer todos os datos recabados na xornada de Murrurundi, pica no enlace embaixo exposto. Tamén publicamos a Crítica crónica da xornada inaugural en Kempsey, a cargo de Iago.

Agardamos que tod@s manteñan a saude nos tempos do COVID-19. Cóidate moito

Friaxe en Murrurundi Ler máis »

Un nome especial

A segunda xornada da Liga de Primaveira en New South Wales lévanos ata un lugar cun nome ben estrano. Murrurundi Gap, un lugar de altura, presentará batalla a cada meteoludópata personado na liña de saida.

Agardamos unha nova xornada en seco, despois de dous días de chuvia. As temperaturas máximas van dende os 16 ata os 23º C. As mínimas, entre 5 e 10º C. Pola banda da pluviosidade somentes un litro por parte dun dos apostantes. No refacho de vento, as apostas enmárcanse entre os 16 e os 49 kms./hora.

Polo tanto temos por diante unha xornada moi apertada, que podes seguir ao vivo dende este enlace, a partires das 15:30 de hoxe.

As apostas:

  • Recordamos a tod@s @s meteoludópatas que a hora límite para a recollida de apostas con penalización son as 04:00 horas do sábado. Isto ven dado polo adianto que ten Australia sobre Galicia e fai que non aceptemos apostas mañaneiras.

Saude e sorte!!!

Un nome especial Ler máis »