A chamada do Courel

Penúltima etapa de alta montaña a que se vai desputar este domingo en O Courel. Levamos un inverno con pouca precipitación, veremos se continua nesta xornada. Pola banda das apostas, na maioría dos casos todo moi apertado e será complexo acadar un vencedor único.

As temperaturas máximas oscilan entre os 6 e os 10º C, cun pico en 16. Nas mínimas, tod@s entre os 0 e os 4º C. A cantidade de chuvia vai dende 0 at os 5 litros, con picos extremos en 12, 17 e 22. O refacho de vento, máis aberto, anda entre os 22 e os 69 Km/h.

Como observamos, todo moi apertado nunha xornada que podes seguir ao vivo dende este enlace, activo a partires da madrugada do domingo.

Tamén damos conta da publicación da Crítica-crónica da xornada de Cabeza de Manzaneda, por parte do novato do ano, Julio. Vexamos se é tan bó escribindo coma gurú meteorolóxico. Podes atopala no botón de embaixo.

As apostas:

Sorte e clima!!!

A chamada do Courel Ler máis »

Aviso: o artigo anterior non vale

Pedimos desculpas e avisamos que todos os resultados da xornada de Cabeza de Manzaneda están baixo supervisión e comprobación.

O motivo: seica Meteogalicia publicou os datos de refacho de vento de onte. Estamos a comprobar que sexan definitivos. No menor tempo posible agardamos ter reconfigurados os resultados en Cabeza de Manzaneda. Recorda que os resultados publicados non son fiables. Seguide en contacto…

Saudos

Aviso: o artigo anterior non vale Ler máis »

A raíña desvaída

A xornada de Cabeza de Manzaneda volve a estar marcada polo erro na sua estación. De novo, un ano máis, o anemómetro estrágase cando a tribu de eltiempoentuojete pon en valor o clima do cumio de Galicia. Comezamos a pensar en unha xornada sustituta, por moito mito que sexa C. de Manzaneda. Debemos negociar con Meteogalicia…

Polo que respecta ós parámetros validados, a temperatura máxima non acadou máis alá dos 0º C., xa no mediodía. Tamén foi o momento no que as folerpas caían do ceo, marcando o pluviómetro case un litro de precipitación cando xa ninguén contaba con ela. A tardiña fixo cair as temperaturas de forma agresiva, chegando a rexistrar -6.8º C. cara as 22:00 horas.

Desta maneira temos 3 vencedores ó unísono, con 39 puntos sobre os 40 en liza. Dous deles inauguran o seu marcador nesta tempada, coa necesidade que teñen de vitoria os que ocupan o Top-10 da xeral. A outra heroína acada a sua segunda vitoria e circula pola parte media da clasificación xeral.

Na zona alta, o líder continúa abrindo burato cos persecutores, un pouco máis apertad@s. Por tras, poucos movimentos, pero con vari@s contendentes por baixo dos 30 puntos, algún pequeno movimento apreciamos.

Se queres coñecer tódolos datos da xornada 17, en Cabeza de Manzaneda, pica no botón embaixo exposto.

Saudos e sorte!!!

A raíña desvaída Ler máis »