A gran oportunidade

En Fontecada agardamos unha xornada con tempo revolto, con chuvia e vento. Semella unha grande oportunidade para trocar a mellor a tua posición na clasificación xeral. Está entre as tres estacións de Meteogalicia máis potentes recollendo chuvia e a sua posición no mapa descarta unha xornada tranquila.

Nas apostas de temperatura máxima non hai apenas marxe, con a maioría entre os 13 e 14º C., cun pico en 15. Nas mínimas, un pouco máis abertas, atopamos rexistron dende 9 ata 11º, con picos mínimos de 7 e 6º C. As apostas de pluviosidade van dende os 3 litros ata os 45. Neste apartado non estamos de acordo. E no refacho de vento, con moita amplitude, as apostas van dende os 19 ata os 89 km/h. Todo moi apertado nunha xornada que haberá que seguir ata o derradeiro minuto e que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires da madrugada do domingo.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

A gran oportunidade Ler máis »

A festa dos michiños

Xa dispoñemos da crítica crónica atrasada de a xornada de O Cebreiro. Dende Jaén, a terra dos olivos, Punteiro achega a sua visión persoal do acontecido en Pedrafita. O tema é gatuno… Podes atopala picando no botón de embaixo.

E seguindo co tema felino, Beocha comunica a celebración, coincidindo coa xornada de Fontecada a celebrar o domingo, do Día Internacional del Gato. O concello de Pontevedra organiza distintas actividades das que te podes informar picando na foto de embaixo. Noraboa a tódolos gat@s meteorólogos.

Saudos a tod@s!!

A festa dos michiños Ler máis »

Agardando baixo as nubes

Nimbostrato praecipitatio en Pontevedra

Mentras agardamos pola edición das Críticas crónicas de O Cebreiro e Fornelos de Montes (a cargo de Punteiro), Verducido retoma unha serie de monografías case esquecida dende fai algún tempo. Publicamos o capítulo dedicado ás nubes de tipo Nimbostrato, moi popular na inverneira de Galicia. Un repaso pola sua formación e características e algún consello para diferencialas do resto de nubes. Podes atopala na sección de Monografías, pica eiquí enriba para acceder.

Agardando baixo as nubes Ler máis »

Fornelos e a chuvia

Impresionante a relación que existe entre Fornelos de Montes e a chuvia. As prediccións das axencias pronosticaban chuvia feble para a zona interior da provincia de Pontevedra. Pero “chuvia feble” en Fornelos significou 17 litros de auga. A partires de un pronóstico diario estable tivemos unha fin de xornada moi movida. O derradeiro litro de auga trocou o vencedor, o vento acadou a sua máxima na derradeira hora de competición e a temperatura máxima estivo a piques de acadar o seu tope na hora final.

A partires de isto, temos un vencedor en soidade, que acadou a sua vitoria nos derradeiros minutos da xornada, a primeira nesta liga. Por tras, o novato do ano presentou un órdago que o coloca na segunda posición e ainda ameaza ó líder, que cunha gran xornada evitou en parte o ataque dende lonxe. Mención especial tamén @s amig@s de Corrubedo, terceiros na xornada e preto da vitoria á conta das espectaculares apostas en chuvia. Desta vez, case o logran.

Con esta xornada temos trocos apreciables na clasificación xeral, que podes apreciar por tí mesmo estudiando os datos rebadados na xornada. Pica no botón abaixo exposto e accede a tódolos datos en Fornelos.

Saudos e sorte!!!

Fornelos e a chuvia Ler máis »