Carnota borrascosa

Nova xornada da VI Liga da Inverneira e, como non, nova borrasca achegándose ás costas galegas. Xa perdemos a conta delas, pero non impide sumar unha máis a un ano caudaloso para eltiempoentuojete. Ésta é das xornadas onde o burato entre ludópatas pode medrar ata facerse irrecuperable. Pode achegar posicións, é outra das opcións, pero o mellor será posicionarse no tren de cabeza.

Temperaturas máximas que lindan os 16º por riba e os 11º C por baixo. As mínimas andan entre os 5 e os 11º C. As cantidades de auga comezan en 5 litros e rematan en 26. No tema do vento, van dende 27 ata os 92 km/h. Semella que se vai axitar moito a clasificación xeral.

Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partires da madrugada do domingo.

As apostas:

Saudos e sorte a tod@s!!!

Carnota borrascosa Ler máis »

Novidades varias

eltiempoentuojete da conta de varias novidades que presentamos sen máis dilación:

Xa temos publicadas as Críticas-crónicas correspondentes ás derradeiras 4 xornadas da Liga da Inverneira. Víbora, campión tratando de remontas fíxose cargo da sua elaboración. Eiquí tedes os accesos a cadansúa crítica de xornada.





Na sección Botikas.org promovemos unha petición de Beocha para apoiar a FOGARCAN, promotores da Canceira de Poio. Os políticos deixarán de subvencionar a esta asociación e propoñen adherirse á recollida de animais da Deputación de Pontevedra, moi conxestionada polos 48 concelos ós que atende. No enlace (foto do chuqueliño) podes atopar a explicación completa e os centros colaboradores. Somentes tes que firmar.

Axuda a FOGARCAN

E como colofón inauguramos unha nova sección. E a de Estadísticas. Naceu fai pouco e ainda está un pouco baleira, pero iremos engadindo novos datos, á vez que se actualizan os anteriores. Axúdanos e pide algún dato que te pareza curioso, ou algunha estadística que te gostaría coñecer. Faino no correo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com


Agardando que desfrutedes das actualizacións presentadas, quedades invitados á visita virtual que facemos esta semana a Lira, no concello de Carnota, para a celebración da 9ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete.

Sorte e clima!!!

Novidades varias Ler máis »

Petando na Muralla

Muralla segue a ser unha etapa compricada. Ten fama de de ser un monte chuvioso e este ano demostróuno recollendo máis litros dos propostos pola tribu de eltiempoentuojete. Vento medio e temperaturas baixas fixeron o resto. Somentes un grupo de élite acadou a marca dos 50 puntos.

E alí é onde aparece o segundón, metendo o medo no corpo o grupo dos principais. Golpe de man no que acada o liderato e unha pequena renta cos seus inmediatos persecutores. Tamén segue a avanzar no cadro de honra de vitorias históricas, no que por riba, achegase ó podio. Ademáis temos o ingreso no Top-10 do novato do ano, demostrando que ten moito potencial. Xa veremos, pero noraboa de momento. Todo a costa do baixón de varios meteoludópatas que cairon dese top, ainda que están a tiro de croio.

Se queres investigar nos datos que nos ofreceu a xornada de Muralla, preme no botón embaixo estas liñas.

Saudos e sorte!!!

Petando na Muralla Ler máis »

Asedio á Muralla

Muralla é o destino da 8ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. E semella que se vai desputar entre borrascas, cun tempo moi inestable e compricado de predicir. A cola dunha tormenta e a entrada de aire frío van aparentar duas xornadas distintas.

Máximas dende 13 ata 5º C e mínimas entre 11 e 0º C. No eido da chuvia atopamos apostas dende 2 ata 10 litros e refachos de vento dende 28 ata os 69 km/h. Desta maneira temos unha xornada moi apertada, con prediccións moi parellas e que podes seguir en direto dende este enlace ao vivo.

Sorte a tod@s!!!

Asedio á Muralla Ler máis »