A 14ª xornada da VI Liga da Inverneira de Galicia está dominada pola unha situación anticiclónica que, ainda que o sol reine nos mediodías, ten o seu contraste con noites xiadas e madrugadas de brumas persistentes. Isto tamén pode levar asociadas ás temibles inversións térmicas, con bancos de néboa nos vales e sol nos picos. Pero ainda non sabemos se isto vai a suceder.
E iso pódese apreciar entre as apostas de temperatura. As máximas van dende os 6 ata os 12º C. As mínimas, moi divididas, van dende os 3 ata os -5º C. Non atopamos chuvia entre as apostas e no refacho de vento están entre os 5 e os 50 km./hora. Un apunte: a inversión térmica prodúcese cando o vento non supera os 15-20 km./h.
Ainda sen auga a xornada promete emoción ata o derradeiro minuto e podes seguila ao vivo dende este enlace, a partires da madrugada do domingo.