Quente Rodicio

Nova xornada da VI Liga da Inverneira, a 15ª, desta vez no concello de Maceda. O Alto do Rodicio elevou a sua temperatura ó mediodía ata os 12º C., por riba do promedio e chegou ata os 0º C na madrugada do sábado. Acompañado de sol no ceo e un vento escaso nesas altitudes, deixa dous vencedores nesta xornada de montaña.

Os gañadores compartían exactamente a mesma aposta, atinaron na máxima e perderon cadanseu punto en vento e temperatura minima. Un deles trepa dende o pozo e o outro defende posto no Top-10 da xeral. Por tras, poucos trocos nunha xornada de altas puntuacións pola carencia de auga e vento.

Se queres acceder ó conxunto dos datos da 15ª xornada da Liga da Inverneira, pica no botón abaixo exposto.

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *