Contacto coa selva

Pichari é a 4ª etapa da Liga de Primaveira no Perú e significa o primeiro contacto selvático despois de tres xornadas no altiplano andino. As temperaturas serán máis altas e as probabilidades de chuvia maiores, mentras a intensidade do vento descenderá. Poderemos ver cómo estos trocos inflúen na clasificación xeral e se temos altas ou baixas entre os mellores clasificad@s.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 19 ata os 31º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 15 e os 24º C., moi amplas tamén e con dúas apostas por baixo dso 10º C., unha de 7 e outra de 3º C. As precipitacións móvense nun rango tamén de amplitude de entre 0 e 15 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 5 ata os 29 km/h.

O resultado, a partires da amplitude observada en tódolos parámetros de aposta, semella compricado de predicir e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Pichari, ó leste da cidade de Huancayo e o norleste de Ayacucho, na área sur do país.

As apostas:

Saúde e clima!!

Contacto coa selva Ler máis »

O fin das etapas andinas

Casaccancha foi a derradeira das etapas a xogar en altitudes de máis de 4000 metros. Os resultados poñen a xeral nun pano, con diferenzas insignificantes despois de tres xornadas. Quizais o descenso á selva amazónica poida abrir ocos entre competidores.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 4º C., un valor que non marcaron moitos d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 13º C., agardada somentes por 2 meteoludópatas. Os 2 litros de chuvia estiveron moi preto do apostado e o vento marcou un refacho máximo de 6,2 m/s, 22 km/h. unha marca que axudou a definir os vencedores do día.

Con estes datos atopamos un vencedor en soidade, que ven de gañar repetidamente nos derradeiros tempos. Julio asina 57 puntos para levar o trofeo e de paso subir un par de chanzos na clasificación xeral. Colócase coa 3ª mellor marca nesa táboa e, coma sempre, tratará de acosar os seus precursores. Non perdas esa cadencia.

4 xogadores suman 56 puntos cara a xeral. Xowi entra no Top-10 a somentes 6 puntos da cacheira. Michi sitúase coa 3ª mellor marca a 1 punto do liderato en soidade de Verducido, que anotou os mesmos puntos. Víbora, despois dun mal comezo como acostuma, achégase ata o posto 13º da xeral.

Outros 4 meteoludópatas firman 55 puntos. Marius para colocarse no posto 18. Mina chega ata o 22 despois de controlar as apostas de refacho. Landrán acada a 6ª praza a só dous puntos do líder e Compoñente Sur arriba ata o posto 14 despois de entrar na etapa no límite do tempo.

Estes foron os 9 mellores resultados escollidos en Casaccancha. Para acadar tódolos datos recollidos na 3ª etapa pica no enlace baixo este texto.

Sorte e clima!!

O fin das etapas andinas Ler máis »

Mantendo a altitude

3ª xornada da XI Liga de Primaveira no Perú e nova xornada a 4000 metros de altitude. Desta vez no departamento de Apurimac, nunha nova zona de lagóas glaciais na Cordilleira andina. Despois do apagón lumínico informativo deste comezo de semana, agardamos non ter problemas ainda despois de ter trocado a estación por falta de datos.

As apostas en temperatura máxima están estabilizadas e van dende os 7 ata os 18º C. Ainda que nos atopamos cunha aposta de 19º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -3 e os 6º C. As precipitacións móvense nun rango de entre 0 e 6 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 7 ata os 34 km/h.

Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de predicir ó atopar moitas diferenzas entre valores apostados e o marxe é amplo. Non semella doado augurar un vencedor, pero o certo é que imos telo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Casaccancha, ó suroeste da cidade de Cuzco, na área sur do país.

As apostas:

Mantendo a altitude Ler máis »