O comezo do final

Huaytapallana representa a 6ª xornada da XI Liga de Primaveira no Perú. 1ª das 4 derradeiras xornadas que definirán un campión e as posicións xerais de tódol@s competidores. Situámonos de novo por riba dos 4600 metros de altitude para a desputa dunha xornada que, coma as restantes, vai ter moita importancia no desenvolvemento final da competición. Coas marxes tan axustadas que se manexan, cada punto é un paso cara o éxito.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os -1 ata os 16º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -10 e os 5º C., moi amplas tamén. Semella que hai quen apostou no cumio, a máis de 5500 metros, e quen o fixo no val, por baixo dos 4000. No termo medio está a estación. As precipitacións móvense nun rango tamén de amplitude de entre 0 e 5 litros, cunha aposta á alza con 12 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 1 ata os 35 km/h.

O resultado, a partires da amplitude observada en tódolos parámetros de aposta, semella compricado de predicir e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Huaytapallana, ó norte da cidade de Huancayo e o sur de Junín, na área centro-sur do país.

As apostas:

O comezo do final Ler máis »

Cocido no Amazonas

5ª xornada da XI Liga de Primaveira que voltou desputarse na selva amazónica, nesta ocasión en El Porvenir, San Martín. Coñecemos de sobra as temperaturas deste tipo de clima, pero desta vez superou tñodalas expectativas dos contendentes de eltiempoentuojete. Sen precipitación e un vento frouxo, foi unha etapa abafante.

A temperatura mínima non baixou na madrugada ata os 22º C., un valor que marcaron moitos d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 35º C., non agardada por 4 ninguén. A ausencia de chuvia foi na contra do apostado pola maioría e o vento marcou un refacho máximo de 3 m/s, 11 km/h. frouxos, unha marca que axudou a definir o mellor do día.

E ese non foi outro que Breogán77, que con 57 puntos alzóuse co trunfo en El Porvenir, que pode ser unha indirecta sobre o seu futuro papel na competición. Perrdeu 2 puntos na máxima, outro na chuvia e mallou o parámetro da mínima máis o do vento. Ingresa no Top-10 pasando do posto 11ata o 9º. Xa veremos se ten “porvir”.

Trío con 56 puntos para Kaltxon, que colle o 11º posto deixado por Breogán77 e apunta ó Top-10. No cumio da xeral en soidade atopamos a Verducido, cun só punto de diferenza con Beocha, que segue moi activa dende a Inverneira. 1º e 2º posto respectivamente.

Con 55 puntos Denodeno, outro que actívase na primaveira cos lugares exóticos e que entra no Top-10 na posición 7ª. Un pouco máis arriba, na 3ª posición outro que segue un ritmo endiañado dende a Inverneira, Julio, que se atopa a somentes 3 puntos da cacheira da xeral.

E sumando 54 puntos o semideus Botikas, que xa ocupa a 5ª praza da xeral moi preto dos precursores. Mesma puntuación para Mingos, que estivo de líder de etapa durante gran parte do día e que acada o Top-10 no seu derradeiro posto e que leva bos resultados nas últimas 2 etapas.

Completan os 10 mellores resultados, con 53 puntos, Bar Pequeno, que se luce no achanzado amazónico, ainda que con mala posición na xeral e Landrán, que ocupa unha 4ª posición xeral empatado co 3º. Segue sendo ameaza.

Estes foron os 10 mellores resultados escollidos en El Porvenir. Para acadar tódolos datos recollidos na 5ª etapa pica no enlace baixo este texto.

Cocido no Amazonas Ler máis »

O ecuador do trópico

Despútase esta fin de semana a 5ª etapa da XI Liga de Primaveira no Perú, o que significa que é a xornada que divide a competición tropical en dúas metades e xa poderemos ver quén está en disposición de obter a vitoria e quén xa non ten tantas oportunidades. Ou quizáis non, de acordo ó apertado da clasificación xeral. O nome da etapa, esperanzador, El Porvenir.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 28 ata os 33º C.  cunha aposta á baixa de 20º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 18 e os 26º C., máis amplas e cunha aposta por baixo dos 10º C., de 6º C. As precipitacións móvense nun rango tamén de amplitude de entre 0 e 8 litros, cunha aposta sospeitosa da raíña da chuvia, Magor, de 14 litros. Mentras, os refachos de vento van dende os 5 ata os 28 km/h.

O resultado, a partires da amplitude observada en case tódolos parámetros de aposta, semella compricado de predicir e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) El Porvenir, ó sur da cidade de Tarapoto, na área norte do país.

As apostas:

O ecuador do trópico Ler máis »