Opinións enfrontadas

Seica a etapa de Fornelos deixa división de opinións en moitos aspectos, polo que todo semella indicar que imos ter unha dura loita e posibilidade de trocos na xeral. Xa dixemos que estaba moi remexida a cousa neste tramo final de Liga,e, non sendo para Magor, o resto de participantes anda na procura de mellora ainda que sexa arriscando a súa posición actual. De perdidos ó regato…

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 10 ata os 16º C. cun pico de 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 5 e os 9º C. As precipitacións son unha incógnita, con valores dende 0 ata os 10 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 12 ata os 51 km/h.

Variable amplitude nos parámetros de predicción de temperatura e grande para vento e chuvia, polo que estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar e co desafío de coronar un ou vari@s heroes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. Fornelos nunca foi unha praza doada!!

As apostas:

Opinións enfrontadas Ler máis »

Unha liga moi viva

Cando todo semellaba que poucos movimentos se agardaban cara o final da Liga, dacordo ás diferenzas entre competidores, podemos dicir que era somentes un espellismo,una quimera. A falta das 6 derradeiras etapas a clasificación xeral apértase nas puntuacións e moit@s meteoludópatas están a dar un pulo final nas súas carreiras, mentras que outr@s trocan posicións case cada semana buscando o mellor posicionamento na cita final en Xesteiras. A xornada de Lardeira a priori non era das que deixan pegada pero os resultados finais amosan que ainda se loita duro en case tódalas zonas da távoa de clasificación.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 3º C., moi por riba do que se marcou en días anteriores, con valores en negativo. Pola tardiña acadóuse a máxima diaria con 5º C., esta sí moi por baixo da maioría dos pronósticos. O único litro de chuvia sí que estivo na media do agardado e o vento marcou un refacho máximo de 48 km/h., tamén moi perto a moitas apostas.

E así atopamos a un dos loitadores sen descanso desta edición no máis alto da clasificación da etapa de Lardeira. Julio volve destacar cunha vitoria que o fai ingresar no Top-10 de vitorias acumuladas con 22. Facía 4 anos que ninguén ousaba entrar neste Top que tiña inquilinos de renda fixa. Botou a Víbora que estará a pensar na vinganza e regreso. 56 puntos para el, cun impresionante acerto na temperatura, moi axustado no refacho e perdendo 3 dos 4 puntos na chuvia. Suma a súa terceira vitoria nesta edición e sube do 8º posto ata o 6º. Ven desbocado!!

Outro resultado con cheiro a trunfo foi o de Botikas con 55 puntos. Boas puntuacións en tódolos parámetros para restarlle 5 puntos á lideresa Magor e achucharlle no pescozo, avisando do que pode ser capaz de cara o final. Conocéndoo, non vai deixar de pelexar polo título que ainda lle pertence. Demostra quen es!!

54 puntos para Beocha que ainda non dixo a derradeira palabra. Non sendo a temperatura máxima, gran etapa para ela, co premio de subir un posto, ata o 5º e ameazar a Mina, que ostenta o 4º. Non deixou o Top-10 en toda a tempada e semella que ainda ten folgos para atacar o Top-3. Ensina os dentes e as unllas!!

Con 53 puntos entraron Víbora e Verducido, con títulos da Inverneira nas estanterías que este ano loitan por metas máis modestas. Víbora salta do posto 18º ata o 14º, tentando acadar un Top-10 que xa está máis preto e semella factible. Verducido trepa ata o 8º dende o 11º tentando asegurar o Top-10 e quizais algo máis. Vamos, que se pode!!

Vari@s meteoludópatas sumaron 51 puntos en Lardeira. Xowi sitúase a un só punto do Top-10 que se lle resiste toda a competición. Para Breogán77 estos puntos metérono no Top-20. Mina mantén a posición e recorta co Top-3 en mans de Popolo. Xa queda pouco e hai que dar o mellor!!

Estas foron as oito mellores puntuacións na 20ª etapa desputada en Lardeira. Nas posicións dianteiras o combate é pechado, sen perder conta do resto do pelotón, na busca de melloría. A xeral anda na llama!! Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Unha liga moi viva Ler máis »

Neve no Cebreiro

Novo episodio intenso de inverno nesta 19ª etapa da Liga da Inverneira. O escenario, O Cebreiro, porto mítico en eltiempoentuojete estivo á altura do agardado, con chuvia, neve, baixas temperaturas e vento medio-forte e a emoción de atopar un gañador no concello de Pedrafita. Os datos deixaron un gañador sen dúbida pero os movimentos na xeral, sobre todo no Top-10 foron escasos, salvo nos casos de desaparición que xa vivimos na etapa de O Courel.

A temperatura mínima chegou na noitiña ata os -1º C., un pouco por baixo das prediccións da maioría. Na hora do vermú acadóuse a máxima diaria con 5º C., na media da maioría dos pronósticos. Os 7 litros de chuvia sí que estiveron por baixo da media do agardado e o vento marcou un refacho máximo de 63 km/h., este sí correcto con respecto a moitas das apostas.

Por 3ª vez nesta edición Michi acada a vitoria, nesta ocasión en soidade con 57 puntos. Somentes perdeu 1 punto por parámetro, situándose moi por diante dos seus competidores en O Cebreiro. Dende o posto 15 ascende ata o 10º posto, é, ainda que a clasificación non o reflicta, por diante de Verducido, cos mesmos puntos pero con menos vitorias. Despois de acadar o Top-10, cal será o seu próximo desafío?

55 puntos ó unísono para Sarabia e Compoñente Sur. Con apostas moi similares ambos conseguen un pulo moi importante de cara a este final de Liga. Sarabia chimpa dende o 9º posto ata o 5º, cunha traxectoria formidable nas derradeiras xornadas. Compoñente Sur pasa do 17º ata o 13º, xa no grupo que compite polo Top-10 cunha marxe de puntos escasa. Grandes premios para unha excelente xornada!!

E con 53 puntos, atopamos a Rasta, líder da xornada durante gran parte do día e que sube un par de postos ata o Top-20. Botikas non puido recuperar demasiado fronte a lideresa, recortando un só punto pero invertindo o resultado das derradeiras xornada. Cachola ben alta para os dous!!

E ata 4 meteoludópatas comparten unha puntuación de 52 puntos. A lideresa Magor non da marxe de erro ós persecutores e mantén 16 puntos de vantaxe sobre o seu máis próximo enimigo. Verducido achégase o Top-10 perdido en O Courel, mentras Beocha sube unha posición ata a 6ª praza, preto do Top-5 dilapidado tamén no Courel. Mina sube ata a 4ª posición e ha de preparar o asalto ó podio. Hai que loitar ata o final!!

Estas foron as nove mellores puntuacións na 19ª etapa desputada en O Cebreiro. Coma destacados perdedores podemos nomear a Julio, que no puntuou nada na chuvia e pasa do 4º ó 8º posto e a Landrán, que perde condición de Top-10, pasando dende o o 6º posto ata o 14º. Deberán remontar para restaurar a súa autoestima. Nas posicións dianteiras o combate é pechado, con movimentos interesantes de nov@s aspirantes ós postos de honra. Isto non rematou, nin moito menos!! Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Neve no Cebreiro Ler máis »