Trocamos a localización

aviso de troco

Dende eltiempoentuojete damos conta do troco da etapa número 23 e a súa estación meteorolóxica, destinada inicialmente e Punta Candieira, Cedeira, debido o erro continuado do seu anemómetro, escarallado dende fai longo tempo pero que non foi ata hoxe que nos demos de conta (grazas a Botikas polo aviso). Semella que non volverá á normalidade pronto, polo que non a trocaremos pola seguinte no ciclo, senón que diretamente imos eliminala e sustituila por outra que xa gardamos na recámara por se acontecen estas cousas.

A escollida vai ser a 3ª ocasión que a utilicemos coma suplente. Xa xogamos na 7ª e na 10ª edición polos mesmos motivos. Non é outra que O Xistral, no concello lucense de Muras. Semella moita estación para un domingo que se agarda baixo a influencia do anticiclón (será verdade?) pero tamén aloumiña o Cantábrico e tende a fortes ventos, coma Punta Candieira.

Xa adecuamos tódolos enlaces para que apunten a esta cita supletoria, pero se atopades algunha falta de información, enlace fallido ou calqueira incidencia, rogamos nola comuniquedes a o noso enderezo electrónico de sempre, eltiempoentuojete@gmail.com

Rogamos desculpedes as molestias ocasionadas pero, coma no cocido, canto antes, mellor.

Desfrutade do Entroido e sorte o domingo.

Trocamos a localización Ler máis »

Espectáculo en Fornelos

Non fallou Fornelos á súa cita coa chuvia e coas apostas recibidas tivemos un gran show tanto na táboa da xornada coma na da clasificación xeral, con trocos continuos de trunfador@ de etapa e moito movimento de enriba a embaixo na xeral. O principal foi a vitoria da posible morrona desta edición e comprobar que o líder é humano, asinando un 0 no marcador de chuvia e a piques de perder máis da metade da ventaxe adquirida ó longo desta edición. Pedía pouca auga e o final quería a máxima posible para recobrar os puntos perdidos.

A temperatura mínima acadóuse no abrente da madrugada con 5º C. a rentes dos 6. A máxima subiría ata os 9º, con dificultade, xa entrada a derradeira hora. A presenza da chuvia era moi probable e paseniñamente o principio e bategando despóis e acadou un resultado de 32 litros. O vento marcou un refacho máximo de 58 km/h., por baixo do que apostaba a elite da xeral.

Aviso: A xeral ten trocada de posición a etapa de Lardeira con esta derradeira de Fornelos por un faio que non dimos arranxado. Polo resto, está todo en orde, incluidas as puntuacións xerais.

E volvemos abrir as portas do Olimpo meteorolóxico amateur para recibir a primeira vitoria de Cris, que como boa aprendiz avantaxada, acadouna en soidade nun dos templos da meteoroloxía de eltiempoentuojete. Somentes deixou atrás 1 punto nas temperaturas, 2 na chuvia e outros 2 no refacho para redondear o marcador con 55 puntos. Figura no posto 17 con opcións de mellora ó ter ameazad@s a predecesores vari@s. Veremos se remata con forza e cando menos obtén un Top-15.

Con 53 puntos, a ainda vixente campioa da competición, Magor, que volveu demostrar as súas capacidades baixo a chuvia de Fornelos. Ainda que este foi o seu pior parámetro, marcando 19 de 20 nas temperaturas e pleno no refacho. Por un par de litros non levou a vitoria, pero reivindicóuse nunha praza compricada nun día case indescifrable. Tamén ten opcións de mellora, un punto por diante da vencedora Cris. no 16º lugar.

Terceiro posto para Mina, completando un éxtase feminino en Fornelos, con 52 puntos. Arriscou na predición e levou o seu premio. De ter o 7º posto inalcanzable a estar a 5 puntos da mesma, que agora ostenta Landrán, que non levanta cachola despóis dunha 1ª metade de Liga espectacular. Mesmos puntos para Rasta, moi preto de dar a badalada coa súa arriscada aposta en chuvia. Traxectoria errática, entrando e saindo do Top-10. Hoxe tócalle estar dentro.

Con 51 puntos Lume acada o que semellaba imposible fai un mes, coller praza no Top-10. Somentes lle falta acadar unha vitoria para mellorar uns resultados esperanzadores semana a semana. 10ª praza e con aspiracións. Igual marcador colleitou Marius, tamén con grandes resultados nos derradeiros tempos e tamén na busca dunha vitoria. Pasou a zoar por Landrán e xa está no rebufo de Julio, Top-5. Gran aposta en auga e o 5º posto no horizonte.

Non nomeamos a ninguén máis pois estes foron @s únic@s por riba dos 50 puntos. Como resumo, Beocha recupera 7 puntos con Kaltxon, que chegaron a ser 12. Verducido apaña a 4ª praza de Julio. Rasdgar alónxase do Top-10 tras unha xornada para esquecer, lugar que colle Popolo para tentalo pola súa conta. Sarabia insiste e achégase en puntos ó Top-10. Breogán77 desplómase dese grupo de acceso.

Para acadar tódolos datos recollidos na 21ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Espectáculo en Fornelos Ler máis »

Regreso ó occidente

Comeza en Fornelos a xeira de etapas a altitudes por baixo dos 900 m. que nos levará ata o final desta edición da Liga da Inverneira en Galicia. Adoita ser das estacións máis chuviosas do calendario e está entre o Top-5 das que acumula máis precipitación anual. Semella que se perdeu unha oportunidade de tela entre as diversas borrascas intensas das derradeiras semanas, pero vai coller unha máis, ainda que non das piores, esta vez traballando man a man co anticiclón. Veremos que nos pode deparar este domingo de inestabilidade, en consonancia cunha clasificación que non da topado estabilidade, afortunadamente, por certo.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 7 ata os 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 4 e os 6º C., estas de novo con oscilacións menudas, ainda que cunha aposta á baixa de 2º C.. A precipitación é un moi parámetro especialmente discutido, con valores dende ata os 36 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 25 ata os 75 km/h., sendo un parámetro moi aberto tamén.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Saúde e sorte!!

Regreso ó occidente Ler máis »

O derradeiro cumio xeado

A 21ª etapa da Liga da Inverneira foi o cumio final da xeira celebrada nas montañas galegas do oriente do país, situadas nas provincias de Ourense e Lugo. Despóis deste percorrido polas cotas superiores a 900 metros, vai sendo hora de voltar as xornadas de chan. Pero Lardeira deixa moito que contar, con chuvia, vento e temperaturas baixas que deixan pegada na xeral, algunhas que semellan definitivas e outras que se fan ainda máis impredecibeis. Unha é o dominio absoluto de Kaltxon no liderato e a outra a incertidume por ver cómo remata esa loita sen cuartel polo Top-10, onde semella que ainda quedan 2 prazas en desputa. Carballeda de Valdeorras vivíu unha xornada de emoción ata o derradeiro minuto.

A temperatura mínima acadóuse no abrente da madrugada con -3º C. que xa subiría ata os 2º, con dificultade, xa entrada a derradeira hora. A presenza da chuvia era moi probable e paseniñamente o principio e bategando despóis e acadou un resultado de 4 litros. O vento marcou un refacho máximo de 83 km/h., preto do que apostaba a elite da xeral.

O refacho e unha inesperada subida da temperatura deulle a razón, a vitoria e practicamente a Liga a Kaltxon. 58 puntos cunhas marcas incontestables que lle serve en bandexa a vitoria final a falta de 6 xornadas. 6 vitorias nesta edición fala ás claras da calidade do animal. Semella que ata o final vai ser un paseo cara o Olimpo meteorolóxico amateur. 23 puntos de vantaxe sobre Beocha resulta unha diferenza inalcanzable, tendo en conta a traxectoria e o que resta para o final. Pero, poderá concretalo?

56 puntos para Verducido que o colocan a pé de podio despóis de recortasr distancias con Botikas e Julio, os tres agora nunha diferenza de 3 puntos, o que vaticina unha dura loita polo 3º chanzo da xeral. Outros tantos puntos para Lume, que se mete de cheo nesa loita polo Top-10, no 11º posto compartido con Rasta e Rasdgar, ainda que sen vitorias para o desempate. Moito que falar ainda nestas 2 zonas da clasificación.

55 puntos para Marius, que atosiga a un Landrán que semella recuperou folgos, ainda que sen alento por defender unha 6ª praza que vai ter batalla ata o derradeiro instante, vendo quén son os dous participantes en liza.

Landrán está no grupo dos 54 puntos, defendendo cos dentes unha praza que agora lle parece pequena para o lugar que ocupou peroque é o cravo candente ó que se ten que aferrar. Beocha ve como Kaltxon está intratable e, ainda que non deixará de loitar, observa co rabiño do ollo como por tras váise abrido oco e respira de alivio. Mina semella mordeu o Top-10 e non o quere soltar, trepando ata o 8º posto e poñendo terra de por medio cos seus persecutores.

Julio aférrase á loita polo podio sumando 53 puntos, atopándose entre dúas bestas da predicción amateur coma Botikas e Verducido. Son tres lobos famentos e Julio vai ter que suplir a desvantaxe da experiencia con coraxe para dar unha puñada na mesa.

Nonsendo o liderato, os marcadores dos involucrados nas loitas polo Top-10, o podio e diversas zonas medias como o 6º posto, están cada vez máis parellos, o que augura emoción ata o final no monte Xesteiras. As augas termais non van apaciguar a quentura dos que “andan na llama“.

Estes foron os 8 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de grande emoción na loita, na cima de Lardeira. Para acadar tódolos datos recollidos na 21ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

O derradeiro cumio xeado Ler máis »