Derradeiras oportunidades

Oportunidade de trocar as cousas a mellor en Ponteareas. A estación meteorolóxica de A Granxa ofrece unha xornada onde o vento, a chuvia e as temperaturas poden facer que a túa situación na táboa xeral sexa máis satisfactoria. A borrasca Mónica agasállanos cun cúmulo de posibilidades que fan desta 25ª etapa un inferno que se pode convertir en ceo se as apostas son acertadas. O centro de atención, sen desdeñar o Top-3, está nas loitas pola zona interna do Top-10, con moit@s candidatos a entrar na mesma, intencións de manterse ou incluso mellorar se as diferenzas son as suficientes. Ou preparar a cama para unha derradeira xornada intensa…

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 10 e os 14º C. as mínimas van dende os 3 ata os 8º C. Cantidades de chuvia variadas, entre os 4 e os 19 litros. E refachos de vento con valores entre os 21 e os 52 km/h.

Con estes datos temos ante nós unha das derradeiras oportunidades de mellora nesta X edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Recomendamos encarecidamente o seu seguimento ao vivo dende este enlace, a partires das 01:40 desta mesma madrugada e o domingo dende a mañanciña ata o final da etapa. Moito en xogo en A Granxa!!

Derradeiras oportunidades Ler máis »

Botikas.org. Paremos Altri

Altri é unha empresa con grande acumulación de multas medioambientais que pensa construir unha fábrica textil e de celulosa en Palas de Rei (Lugo). As cifras que se manexan son arrepiantes. Entérate neste artigo de change.org e decide se queres firmar unha petición para protexer o noso medio ambiente. Pica eiquí para saber máis.

Botikas.org. Paremos Altri Ler máis »

A lagoa desecada

Desta maneira non se vai recuperar a lagoa de Antela. Quizais non hai un proxecto para volver a encherla, pero tampouco as patacas se benefician do escaso litro de auga que mollou a estación meteorolóxica de Xinzo. Iso si, acadamos grandes puntuacións os meteoludópatas participantes na X Liga da Inverneira. Pero a clasificación xeral apenas se modificou cos bos resultados xerais que se obtiveron. Ainda que a posibilidade de troco nas derradeiras dúas etapas é alta coa proximidade da entrada da primaveira.

A xornada en Xinzo deixou resultados próximos ós pronosticados polos xogadores. A temperatura mínima marcóuse na madrugada con 1º C. e xa non se moveu. A máxima acadóuse no mediodía, co pequeno tempo de sol que houbo en todo o día e acadou o valor de 8º C. Caeu medio litro de chuvia na madrugada que se completou ata 1 litro redondeado na sobremesa. Foi o tempo onde se acadou o refacho máximo da etapa con 40 km/h.

Así, foi un gran día para Julio que, cunha traxectoria irregular e algunha penalización non podía estar orgulloso da súa participación nesta x edición. Non tiña vitorias polo que supoñemos un suspiro de desafogo ó levar o trunfo en soidade en Xinzo. 59 puntos, a un só litro do pleno coa que suma a súa 15ª vitoria histórica e que o achega un pouco máis a entrar no Top-20 da xeral. Parabéns ó trunfador!!

Plétora de segundóns con ata 6 participantes con 58 puntos. Mina é a única entre o Top-10 onde colle folgos ante o persecutor Xowi e presiona forte sobre o 6º posto de Landrán. Víbora xa está a 1 só punto de Balboa e Breogán77 na porta do Top-10 e agardamos unha loita a morte neste espazo da xeral nas derradeiras xornadas. Punteiro tamén se une a esta loita cunha remontada espectacular. Rasdgar é outro dos que presiona para subir do 15º posto actual, neste caso a Popolo. Á súa vez Lume tamén ansía un posto mellor e presiona a estes dous loitadores que non se poden despistar. Por último Lukas aguantou a embestida de Julio e mantén o posto 20 da xeral.

E ata 5 competidores con 57 puntos. Botikas aumenta a distancia cos persecutores e navega cara a vitoria final en Cuntis, ainda que semella que xa está no balneario. Marius, no 5º lugar, semella en terra de ninguén pero mantén a distancia agardando o erro de Beocha para atacar a 4ª praza. Balboa defendéuse ben dos lobos que o ameazan na 10ª praza pero ten traballo por diante. Popolo ten a tiro a Compoñente Sur pero Rasdgar, por tras, teno enfiado. Michi semella descolgado destas loitas pero ainda ten que defender posición ante vari@s participantes con aspiracións a mellora.

Estas foron as mellores puntuacións acadadas na 24ª etapa da X Liga da Inverneira. Para coñecer tódolos detalles do acontecido na lagoa de Antela, en Xinzo de Limia, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

A lagoa desecada Ler máis »

Cheirando o remate

Antepenúltima xornada da X Liga da Inverneira a desputar no altiplano da Limia, en Xinzo. A estación meteorolóxica situada na desecada lagoa de Antela será xuiz para a xornada 24 este domingo. E non semella que vaian mudar moito as cousas a tenor das prediccións das axencias. Ainda que se agarda chuvia, ésta será pouca, o vento moderado e as temperaturas nesta zona son bastante sinxelas de pronosticar. Pero cada punto é unha esperanza, sobre todo na zona que vai dende o 5º ó 15º posto, onde as distancias son curtas e ainda hai posibilidade de mellora.

As apostas en temperatura máxima van dende os 6 ata os 9º C. cunha máxima de 11º C. No que atinxe ás mínimas, rexistramos valores dende os -1 ata os 5º C. Polo que respecta á chuvia as cantidades oscilan entre 1 e 5 litros, mentras os refachos de vento acadan valores entre os 16 e os 53 km/h.

Ainda que con estas mínimas diferenzas entre apostas agardamos unha gran xornada competitiva, sobre todo de cara a atopar un gañador/a en soidade ou compartida. Podes seguir esta etapa ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 horas desta mesma madrugada e, en modo continuado, dende a mañanciña do domingo ata o remate do día. Queda pouco e ainda hai loitas abertas!!

Cheirando o remate Ler máis »