Último asalto

Derradeira xornada da IX Liga de Primaveira en Ontario e ainda hai posibilidades de mellora á conta dunha etapa presumiblemente sobre chuvia, que pode revirar a clasificación xeral no súa derradeira cita. O podio podería trocar, ainda que as maiores oportunidades atopámolas entre os 15 primeiros. Opcións de podio, de mellora no Top-10 e vari@s aspirantes a entrar nese Top…

As apostas entemperatura máxima oscilan pouquiño, entre 21 e 23º C., cunha punta cara enriba con 35º C. As temperaturas mínimas amosan valores entre os 12 e os 17º C., cun desmarque de 22º C. As prediccións en pluviosidade van dende os 0 ata os 8 litros, asegurando o movemento. Os refachos de vento van dende os 17 ata os 50 km/h., cun valor crecido ata os 64 km/h.

Con estes agoiros podemos agardar unha emocionante derradeira etapa en Welland. Non deberías perdela, polo que deixamos este enlace á xornada ao vivo, que comezará cara as 06:00 horas desta madrugada. Quén quere gañar na derradeira cita en Ontario?

Na OjeteQuake 2022 chegamos ata a 10ª etapa de competición. Aparte das apostas crónicas no sureste asiático, obsevamos posturas en Rusia, China, India, Turquía, Estados Unidos, México e no sur de Nova Zelanda e o Océano Atlántico. O valor máximo en magnitude medra ata o 6,9 Mg. Para os sismoescépticos, entre sábado e domingo producirase unha aliñación planetaria que promete sismos por riba dos 6,5 Mg. Igual ata collemos tsunami destructor…

Se queres seguir a xornada en tempo real, deixamos un enlace ao vivo para esta etapa, que comezará cara as 02:00 horas desta noitiña. Agarrádevos forte, por se acaso…

As apostas:

Apostas meteo en Welland
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Último asalto Ler máis »

Pendentes da derradeira

Penúltima etapa da IX Liga de Primaveira na capital canadiana, Ottawa. As temperaturas estiveron dentro do agardado pola maioría, acadando unha mínima na madrugada que chegou ata os 8º C. A máxima marcóuse na sobremesa con 22º C. A chuvia non fixo aparición e os refachos de vento quedaron un pouco por baixo do apostado, sinalando 32 km/h. no retoque do histórico.

Tres meteoludópatas conseguen a vitoria compartillada con 58 puntos. Beocha, Aki e Nanuq acadaron 19 puntos na temperatura, 20 na chuvia e 19 no refacho de vento. Beocha ascende ata a 5ª praza e loitará por acadar podio na derradeira xornada. Aki está na praza 13 e vai buscar o Top-10 na etapa final. Nanuq chega ata a 20ª posición e traballará por mellorar o seu posto dentro do posible.

Ata 11 competidores sumaron 57 puntos no marcador. Botikas xa ten medio trofeo gañado, con 4 puntos sobre o segundo e agarda unha xornada final o máis plana posible. Marius, Punteiro e Lukas tentan atacar o Top-5 dende as posicións do 6º ó 8º e semellan rematar forte. Modesto e Compoñente Sur loitarán por acadar o Top-10 da xeral. Iago e Michi entran no Top-20 e ainda agardan superar esa cota. Budainca, no posto 22 ten coma obxetivo entrar no Top-20. Balboa está no 25º lugar, con futuro incerto. Belenchis, cunha xornada menos, segue tentando ascender na táboa xeral.

Se queres entrar nos detalles do acontecido na etapa de Ottawa, pica no enlace que expoñemos embaixo este texto.

Polo que respecta á OjeteQuake 2022, temos 2 vencedores ó unísono. Marius e Iru acadan 466 puntos a partires do sismo rexistrado no Golfo de Bengala, cara o Mar de Burma. Marius obtivo a aposta máis achegada, mentras que a de Iru, máis lonxe, tiña mellor coeficiente de Magnitude. Os dous comparten unha traxectoria irregular e podemos atopalos máis aló do posto 20. Agardamos que sexa esta vitoria un acicate cara o que queda de competición. Sarabia, dende o centro de China, quedou a somentes 1 puntiño dos vencedores, ainda que circula na mesma zona baixa da clasificación xeral.

Para acadar tódolos detalles do acontecido na 9ª etapa da V OjeteQuake 2022, preme o enlace que deixamos baixo este párrafo,

Saúde e sorte!!!

Pendentes da derradeira Ler máis »

Penúltima oportunidade

Chegamos ata a 9ª etapa da IX Liga da Inverneira, penúltima ocasión de mellorar, obter unha vitoria ou adiantar a un contrincante incómodo. A cita é na capital do Canadá, Ottawa, cun clima sosegado a tenor das apostas dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. Moito que decidir e moito que preparar para chegar á xornada final con opcións de algún progreso.

As temperaturas máximas oscilan entre os 19 e os 24º C. Pola banda das mínimas, as apostas amosan valores entre 5 e 12º C. Somentes atopamos unha única aposta sobre mollado cun soitario litro. As apostas en refacho de vento van dende 17 ata 47 km/h.

Con estas apostas agardamos unha xornada moi emocionante, con valores moi similares e unha xeral moi apertada. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace, a partires das 06:00 horas desta mesma madrugada.

9ª xornada tamén na OjeteQuake 2022, cunha clasificación xeral axustada ata o límite. As apostas seguen no camiño trazado en anteriores citas, con maioría de prediccións na zona do sureste asiático. Outros destinos son o extremo oriental de Rusia, no Golfo de Alaska, sur de Perú e norte de Chile, centro de China, Kazajistán, Irán, oeste de Grecia ou no centro do Océano Atlántico. As magnitudes máximas apostadas chegan ata os 6,2 Mg., con varias apostas que superan os 6 Mg.

Con este rango de apostas, agardamos unha xornada con moitas opcións para tódolos participantes. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada. Non a perdas!!

As apostas:

Apostas meteo en Ottawa
Apostas sísmicas 9ª etapa

Saúde e sorte!!!

Penúltima oportunidade Ler máis »