Retorno a Xapón

A 11ª etapa da OjeteQuake 2022 volveu resolverse no desempate e, de novo, Xapón asume o sismo maior do domingo. Un sismo preto de Naha, Xapón, de 5,5 Mg. atopou resistencia por parte dun sismo da misma magnitude rexistrado preto de Pangai, na illa de Tonga. Tomando coma referencia os puntos acadados na localización, o sismo nipón estaba bastante máis preto dun competidor do que o facía o tremor de Tonga.

Con este resultado obtivemos un vencedor en soidade. Unha brutal puntuación de 497 puntos acadou Breogán77, perdendo os 3 puntos na localización e mallando a magnitude. Chega ata a 4ª praza da xeral e presenta candidatura á vitoria final, colocándose a menos de 100 puntos da cachola da clasificación. Primeira vitoria nesta edición e na sua traxectoria sísmica. Boa puntuación para a súa estrea na clasificación histórica de vitorias na OjeteQuake.

Beocha, con 483 puntos, fai a segunda mellor marca da xornada. Localizada no sur do Xapón continental, repite case a mesma puntuación da derradeira xornada e ascende ata o posto 18 da xeral.

Un punto menos acadou Xowi, 482 finais. Situado ao sur de Taiwán, deixou algún punto na magnitude cos seus contrincantes. Chega ata o segundo lugar da xeral, despois de superar a Kaltxon.

Con 481 entrou Verducido, tamén ao sur de Taiwán e tamén, coma Xowi, deixando puntos na magnitude. Ascende ata a 6ª praza da xeral.

479 puntos para Popolo, que ainda que estaba máis preto do epicentro que Beocha, Xowi e Verducido, víuse relegado polas mínimas diferenzas na magnitude. Sube ata a posición 15 na clasificación xeral.

Víbora segue coma líder despois de acadar 475 puntos con aposta ao leste de Filipinas e mantén case 60 puntos de adianto sobre Xowi, co recén estreado segundo posto. Kaltxon aparece terceiro a menos de 10 puntos de Xowi. A vitoria de Breogán77 elévao ata a cuarta praza por diante de Budainca, que pecha o Top-5 da xeral sísmica.

Para acadar máis información sobre o acontecido na 11ª etapa da OjeteQuake 2022, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Saúde e sorte!!!

Retorno a Xapón Ler máis »

Centrad@s nos sismos

Xornada de descanso na competición meteorolóxica, na espera do IX Torneo de Vran, da que daremos conta ó longo desta vindeira semana, mantemos en curso a competición sísmica, coa liga na súa 11ª xornada. A zona crítica de concentración de apostas segue a ser a do este asiático. Prediccións dende o Mar de Bering ata Papúa Nova Guinea, onde se acumulan preto de 20 das apostas. Outras demarcacións no Golfo de Bengala, preto de Macquarie Island, norte de México, o Caribe ou o Golfo de México. Tamén atopamos apostas en Chipre e no Golfo Pérsico. A Magnitude máxima apostada chega ata os 7 Mg.

As apostas:

Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!

Centrad@s nos sismos Ler máis »

Pechando Ontario

Coma peche á competición da Liga de Primaveira na súa 9ª edición publicamos as estadísticas correspondentes ó mes de xuño. O Almirante neste mes foi, por primeira vez, Bar Pequeno. Primeiro trofeo de xogador de mes, que ven acompañado de participantes que non adoitamos ver entre os 5 mellores nos parámetros de temperatura, chuvia, vento e acerto xeral. Podes atopalos no enlace que amosamos embaixo este texto.

Do mesmo xeito presentamos os datos estadísticos finais da IX Liga de Primaveira en Ontario 2022. Gráficas onde poderás coñecer o teu desempeño ó longo desta edición canadiana. Estudia onde debes mellorar para acadar o éxito predictivo. Pica no enlace para acceder.

En breve publicaremos as estadísticas xerais de tódalas competicións de primaveira, para ver quén historicamente traballa mellor neste periodo concreto de tempo.

E non esquezas que a competición sísmica non para e este venres mantense a convocatoria de apostas na Liga dos Terremotos.

Saúde e sorte!!!

Pechando Ontario Ler máis »

O fin da Primaveira

Fin de ciclo estacional en Ontario, cos resultados definitivos da IX Liga de Primaveira de eltiempoentuojete. Cociñóuse durante 9 xornadas e na 10ª, en Welland Pelham fixemos o emplatado e eiquí presentamos os mellores platos treboentos.

En Welland – Pelham as temperaturas estiveron dentro do agardado, marcando 15º C. de mínima na actualización do histórico e 22º C. de máxima. O histórico engadíu 3 litros na cazoleta da estación e o refacho máximo tivemos que recollelo dende a xornada ao vivo, cuns pírricos 14 km/h.

Parella de vencedores en Welland, con Bar Pequeno e Mjölnir moi por riba d@s outr@s competidores. 57 puntos con grande eficiencia en tódolos parámetros. Mjölnir participou intermitentemente e remata no cabo da xeral e cunha vitoria en 3 xornadas desputadas. Bar Pequeno está a esquecer as demoras de outras edicións e mellora cara o vran, onde pode dar algunha sorpresa. Remata no posto 20.

4 participantes acadan a segunda mellor puntuación da xornada. Denodeno, Kaltxon, Rasta76 e Breogán77 con 54 puntos. Breogán77 case acada Top-10, pero tívose que conformar co 11º lugar da xeral. O resto rematou máis aló do posto 20.

Con 53 puntos temos a Botikas, Mina, Sarabia e Víbora no Top-10 e a Iago, que remontou ata un posto 15 final.

A Liga vai para Botikas, que remata con 9 puntos de diferencia cos persecutores, acadando o que é a sua segunda vitoria na Liga de Primaveira. Verducido remata segundo, apurado por Mina nesta derradeira etapa. Este é o podio da competición, con tres dos meirandes clásicos da predicción amateur. Sarabia fai 4ª e Beocha 5ª no desempate con Marius, 6º. Punteiro fai valer a súa vitoria para desempatar con Víbora, que queda 8º. Tamén Xowi supera por vitorias a Lukas, que remata 10º.

Se queres investigar no acontecido na derradeira xornada da IX Liga de Primaveira, pica no botón que atoparás baixo este párrafo.

A OjeteQuake 2022 chega ata a 10ª etapa, unha xornada que se pronosticaba con posibilidade de grandes sismos debido ós aliñamentos planetarios para o sábado e o domingo. Pero, polo contrario, foi un domingo con moito movimento pero de intensidade baixa. E tendo así un enxame de sismos de gama media, tivemos que desempatar entre os da mesma intensidade. Non dous, senón ata tres sismos máximos coincidían na magnitude de 5,1 Mg.

A primeira hora da madrugada tremía a terra (e a auga) en Georgetown, na Illa de Santa Helena. Situada no medio do Océano Atlántico, ao sur de Sierra Leona é o oeste da costa de Angola, concedía a vitoria a Marius. Éste acadaba 299 puntos en situación.

Pasado o mediodía rexistrábase un sismo de idéntica intensidade en Namie, na costa este de Xapón. O xogador máis preto era Sarabia, que situaba o sismo con 353 puntos, deixando fora o sismo de Marius.

Pero ainda levaríamos outro susto cara a noitinha, cando outro sismo de 5,1 Mg. facíase sentir no leste de Turquía, preto das fronteiras con Armenia e Irán. O xogador máis proximo era Modesto, que sumaba 347 puntos en localización. Grande puntería pero insuficiente na comparativa con Sarabia e seu quake nipón.

Desta maneira Sarabia vence na etapa cuns impresionantes 491 puntos. Segunda vitoria nesta edición, na que transita pola parte media da xeral, superando esta semana a barreira dos 20 primeiros, situándose no 18º lugar. Un pouco máis ao sur atopamos a Xowi, con 486 puntos, colocándose 3º na xeral. Preto da Illa Norte localizamos a Jose Lopez, con 483 puntos, o gañador da derradeira edición, agora en horas baixas, pero con marxe de tempo para a mellora. Tamén nesta illa estaba Beocha, que con 482 puntos entra no Top-20 no último banzo.

A Clasificación xeral segue liderada por Víbora, seguido de Kaltxon. A terceira praza é para Xowi despois do descalabro tardío de Balboa. A seguir ven Budainca, que tamén perde praza con Xowi. Se queres indagar no acontecido na 10ª etapa da Liga dos Terremotos, pica no enlace que deixamos baixo estas letras.

  • En breves teredes noticias sobre a competición de Vran, situada no nordeste da India. E ainda que a competición meteorolóxica descansa esta semana, a OjeteQuake segue o seu camiño, polo que non esquezas apostar este próximo fin de semana.

Saúde e sorte!!!

O fin da Primaveira Ler máis »