Inicio sen decepción

Xa temos o resultado final da 1ª etapa en augas do Brahmaputra e semella que o monzón está activo nesta parte do planeta. As temperaturas foron altas, a chuvia superou ós 20 litros e o refacho de vento quedou por baixo dos 20 km/h. Moitos acertos parciais, pero ninguén entre os participantes chegou ata a marca dos 50 puntos na etapa inaugural en Chandel.

A temperatura acadou o seu mínimo ben cedo, cara as 0:30 horas, marcando 21º C. A máxima tamén madrugou e ás 8 da mañán lograba o seu máximo con 31º C. A chuvia sumou dende primeira hora e cara as 02:00 horas xa marcaba 21 litros. Tivemos que restar os 3 litros que marcaba ás 00:00 horas e que pertencen ó día anterior (IMD conta a auga de 03:00 a 03:00). Xa pola tarde sumaba 3 litros máis, deixando o total do día en 21 litros. O refacho máximo coincidiu coa hora da temperatura máxima e acadou os 10 nós, que convertido a km/h. resulta en 18 km/h.

Deste xeito atopamos a Sarabia no máis alto da clasificación xeral, con 49 puntos. Sen acertar nengún parámetro, foi quen de acadar as mellores medias de puntuación para inaugurar o Torneo de Vran cunha vitoria. Semella ir na busca da súa segunda vitoria en competicións fora de Galicia.

Con 47 puntos entran Kaltxon e Verducido, que tamén obtiveron medias decentes en Chandel e presentan candidatura ó título asiático.

Landrán e Beocha acadan 46 puntos, con apostas similares e conforman, xunto ós anteriores, o Top-5 da clasificación.

45 puntos achegan Modesto e Mutombo no seu regreso ás competicións de eltiempoentuojete. Os dous fallaron no refacho e melloraron na pluviosidade.

Con 43 puntos e pechando o Top-10 atopamos a Iru, Michi e Popolo, que tentam mellorar unha traxectoria errática nos derradeiros tempos e superar no exilio as pobres marcas acadadas en Galicia.

Se queres indagar no acontecido en Chandel, etapa inaugural do Torneo de Vran na India, pica no enlace que amosamos baixo este texto.

A OjeteQuake 2022 gozou dunha xornada sen grandes sismos. O maior, preto de Myaydo, en Myanmar, cunha magnitude de 5,3, rexistróuse ben cedo na madrugada e durante todo o día ningún sismo chegou a superar os 5 Mg.

Ó gañador atopámolo no sur do Golfo de Bengala cunha magnitude apostada de 5,4. Iru acada a sús segunda vitoria nesta edición, desta vez en soidade, con 474 puntos. Transita na xeral máis aló do posto 23.

460 puntos achegaron Mjölnir, na súa primeira experiencia sísmica, e Breogán77, que sube ata o terceiro chanzo da clasificación xeral, a menos de 100 puntos do líder. Os dous localizábanse nos arredores de Taiwan.

Rasta76 suma 458 puntos para situarse no posto 14. Michi, con 457 pts., circula un posto por tras, no 15º lugar. Verducido, con 456 pts., sube dous postos, ata o 7º lugar.

Para acadar toda a información recollida nesta 13ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón que amosamos baixo estas letras.

Saúde e clima!!!

Inicio sen decepción Ler máis »

Mergullad@s no Brahmaputra

Dende eltiempoentuojete inauguramos a nova edición do Torneo de Vran. Esta 9ª quenda está localizada no alto Brahmaputra, no noreste da India. O inicio da competición vai ser en Chandel, no estado de Manipur. Semella que imos ter un domingo húmido con calmuzo abafante e iso reflexan as apostas d@s 34 meteoludópatas presentados. Recorda que a final de torneo os 16 mellores obterán billete direto para a Ojete’s Cup 2022.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 26 e os 34º C. Polo que atingue ás temperaturas mínimas atopamos apostas entre os 19 e os 28º C., sendo o parámetro con máis amplitude dos apostados. As prediccións sobre auga recollida van dende a cubeta baleira ata os 15 litros, cunha aposta desmarcada ata os 40 litros. Os refachos de vento amosan marcas dende os 5 ata os 64 km/h., sendo outro dos parámetros con moita folgura.

Se queres seguir esta etapa endirecto, preme neste enlace meteo ao vivo. A xornada comeza cara as 03:00 desta mesma madrugada. Se tes problemas para acceder ós datos da Departamento Indio de Meteoroloxía, temos unha guía de acceso neste enlace.

A OjeteQuake 2022 chega á súa etapa número 13 coa clasificación xeral moi apertada. As apostas seguen a concentrarse no este de Asia, nunha zona que comprende dende o Mar de Bering ata Papúa Nueva Guinea. Outros destinos fora desa zona de influencia están no Mar de Siberia, na costa de Perú, ao sur da Illa de Tasmania, ao norte da India, en Pakistán, no oeste de Irán e en Chipre. A magnitude máxima apostada chega ata os 6,1 Mg., con vari@s competidores por riba de 6.

Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 02:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Apostas meteo en Chandel
Apostas quake

Saúde e sorte!!!

Mergullad@s no Brahmaputra Ler máis »

Estreitando a Clasificación

A 12ª etapa da OjeteQuake deixa unha morea de penalizaciones e unha xornada onde o terremoto máximo non tivo competencia dende ben cedo na madrugada.

Cara as 02:00 horas, no inicio da xornada, producíase o sismo que sería o escollido por magnitude no final do día. O tremor localizóuse a uns 100 kms. de Atico, na fronte da costa do estado de Arequipa, en Perú. A magnitude acadada foi de 5,7 Mg., moi por riba do resto de sismos do domingo, que non superaron os 5 Mg. Poucas apostas atopamos nesa zona do planeta.

Neste escenario xurde un gañador en soidade. Botikas situou a súa aposta sísmica ó sur da Illa de Pascua, con 5,7 de Magnitude e valéulle para levar a etapa con 440 puntos, acadando a súa 5ª vitoria histórica nesta competición e entrando no Top-5. Na clasificación actual colócase na 11ª posición, a tiro de pedra do Top-10.

Marius foi o outro participante que superou os 400 puntos cunha aposta nas Illas Sandwich, a certa distancia do epicentro, pero mallando a Magnitude do sismo peruano. Chega ata o posto 23 da xeral.

370 puntos achegou Kaltxon no seu marcador cunha predicción para sismos nas Illas Salomón e con 5,6 de magnitude augurada. Ainda tendo unha penalización, recupera o liderato da Clasificación xeral.

358 sumou Julio dende a mesma zona, nas Illas Salomón. Mallou a magnitude e sitúase na 6ª praza da xeral, tamén con penalización arrastrada.

Pero todo isto non valería se Aki non chegara tarde. Con predicción localizada entre a República Dominicana e Puerto Rico e magnitude de 5,6 Mg., sería o vencedor se non fora polo retraso. 356 puntos suma, penalización incluida, para completar o Top-5 da 12ª xornada. Na xeral podes atopalo no posto 22.

Para coñecer tódolos detalles da 12ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón con enlace que atoparás baixo este texto.

Recorda que este fin de semana comeza a IX edición do Torneo de Vran en Brahmaputra. Os menús deberían conter todo o necesario para poder apostar na primeira xornada (alomenos), pero axudaríanos moito que nos reportedes os errores ou carencias que atopedes. Primeira etapa en Manipur, co monzón coma ameaza de fondo. Agardamos por tí…

Saúde e sorte!!!

Estreitando a Clasificación Ler máis »

O ecuador da competición

Ante todo, ou antes que nada, pedir desculpas pola tardanza na publicación das apostas da 12ª etapa da OjeteQuake 2022. Problemas técnicos e persoais retrasaron este post, semellante o acontecido nas prediccións, con ata 9 penalizados e algúns non presentad@s.

A maioría das apostas seguen copando o este de asia, cun territorio que abrangue dende Xapón ata o este das Illas Salomón. Fora dese rango atopamos marcas na suroeste de Alaska, en Puerto Rico, Golfo de Bengala, Kazajistán, norte da India, no Golfo Pérsico, Irán, Chipre e no suroeste das Illas Sandwich e Georgis do Sur. A intensidade sísmica máxima acada os 6,8 Mg.

Se queres seguir paso a paso o que ocorre neste 12ª etapa da Liga dos Terremotos, pica neste enlace con destino á xornada ao vivo, a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

  • E recorda que esta semana que ven comeza o IX Torneo de Vran, edición Brahmaputra, na India. Xa tes toda a información precisa para o desenrolo da competición. Se ves que non atopas algo que debería estar, erros ou omisións, non deixes de facérnolo saber no noso enderezo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com

Saúde e sorte!!!

O ecuador da competición Ler máis »