Treboada seca sobre Waterloo

Batalla librada ata o derradeiro minuto (e máis aló) na campa de Kitchener – Waterloo, sobre un terreo que se agardaba enchoupado, pero que non foi máis que un chifirís para non levantar o po que arrastraba o vento norte que en ocasións sopraba con forza. As temperaturas acadaron a máxima ás 09:00 horas da mañán con 17º C. e despois comezou a baixar, chegando ata os 6º C. no axuste do luns. Eses axuste tamén nos informou da cantidade de chuvia, con 0.4 litros que deixa a 0 este parámetro. O que sí notou aumento no histórico foi o vento, que medraba ata os 48 km/h.

Con estes datos coronamos a un gañador en soidade, profeta na sua terra, ó noso canadiano favorito, Xowi. 56 puntos con grande efectividade en tódolos parámetros. Perde un punto na temperatura, dous na auga e outro no refacho para consolidarse coma aspirante ao título na sua provincia de Ontario, navegando agora no Top-5 a 8 puntos da cacheira da xeral.

Con 54 puntos, un grupo formado por Modesto, Landrán, Rasta76, Breogán77, Mina e Lume. Somentes Mina circula no Top-10, o resto tenta trepar por mellorar unha posición ruinosa.

E con 53 puntos outro grupo numeroso co líder Botikas, Lukas e Marius no Top-10, mentras Víbora, Compoñente Sur, Iago, Nanuq e Aki establécense entre o posto 10 e o 20.

Para coñecer tódolos detalles do acontecido na 7º etapa da IX Liga de Primaveira en Ontario, pica no enlace embaixo este párrafo.

A 7ª etapa da V Liga OjeteQuake tivo duas zonas claramente máis activas durante o domingo. Dos 5 maiores sismos, 3 corresponden á área de Xapón e os outros 2 á zona de Fiji. Dous destes 5 chegaron a superar os 6 Mg. de intensidade, ainda que o de Fiji chegou ata os 6,3 Mg., converténdose no maior fito acadado nesta edición da Liga dos Terremotos. E non moi lonxe, en Vanuatu agardaban agachados Nanuq e Beocha. Compartindo localización tivemos que fixarnos na Magnitude apostada para acadar un resultado favorable a Nanuq, con maior intensidade. Segunda vitoria nesta edición que o deixa ás portas do Top-10 sísmico. O retraso do líder Kaltxon non foi severa e mantén unha 4ª posición que lle permite seguir a soñar co título.

Se queres indagar un pouco máis nos resultados da 7ª etapa, preme no botón dispoñible baixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Treboada seca sobre Waterloo Ler máis »

Batalla en Waterloo (bis)

A 7ª etapa da IX Liga de Primaveira rememora o fin do Imperio francés de Napoleón Bonaparte en territorio belga. Na nosa batalla, a celebrar moi lonxe do lugar orixinal, non hai coalicións nen nada parecido. Vai ser unha batalla entre máis de 30 exércitos pequenos no norte do continente americano en campo compartillado polas cidades de Kitchener e Waterloo. Botikas e Sarabia son os nosos Napoleón e o Duque de Wellington, pero abondan os xenerais novici@s con fame e vontade de engadir o seu nome á historia bélicista de eltiempoentuojete.

A batalla promete emoción, pois os parámetros de temperatura e refacho de vento están moi parellos en canto as apostas, pero difiren e moito nas cantidades que se esperan recoller de chuvia. Oportunidade para recortar puntos ou de ensanchar diferenzas…

As apostas en temperatura máxima van dende os 15 ata os 20º C., cunha punta en 23º C. As mínimas abarcan dende os 3 e os 10º C., cunha punta alta en 13º C. As cantidades de auga apostada oscilan entre 0 e 15 litros, polo que se agardan diferenzas notables neste parámetro. Os refachos de vento están encadradas entre os 24 e os 60 km/ h.

Moi interesante estapa a de Kitchener – Wateloo da que ofertamos un seguimento da xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 06:00 horas desta madrugada.

Polo que afecta á 7ª xornada da OjeteQuake 2022, hai que destacar o despiste do líder, con penalización por retraso, ainda que semella non se vai ver moi afectado, á conta da traxectoria impecable que carrexa nesta edición. Veremos se continúa puntuando nos 400 puntos, para o que precisaría un pleno. Pero os lobos cheiran o sangue…

Máis amplitude de apostas no mapa da xornada, semella que alguén ten un “chivatazo”. Ainda así, o groso das prediccións sinalan ó sudeste asiático, con especial seguimento na parte oriental de Indonesia. Outro grupo ocupa o norte de Filipinas, Illas Marianas e os arredores de Taiwan. Marcas tamén en Xapón, no norte oriental de Rusia e no Nepal. Outro grupo decantóuse polo sur de Nova Zelanda, mentras outro ocupa a vertente do Pacífico en Sudamérica. Parella de apostas en Máxico e incluso atopamos apostas en Irán e na costa mediterránea de Marrocos, preto do Estreito de Xibraltar. A magnitude máxima apostada e de 6,5 Mw, ainda que atopamos varias apostas por riba dos 6 Mg.

Con todas estas opcións agardamos unha etapa con moito percorrido. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Apostas en Kitchener-Waterloo
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Batalla en Waterloo (bis) Ler máis »

Abrindo un corte

A 6ª etapa da IX Liga de Primaveira, desputada en Point Petre, dixa uns resultados que semellan abren un corte na parte alta da Clasificación xeral. É unha distancia salvable, pero que mellor sería pechar canto antes por parte dos interesados persecutores. Troco de liderato que asume Botikas, acompañado de Sarabia, con Julio e Verducido pechando o corte de 4 meteoludópatas que tentan alonxarse do resto.

A xornada comezou cunha temperatura moi alta, 17º C. Semellaba que podía acadar cotas altas de calor, pero quedou estancada en 19º C. despois da sobremesa. A mínima fíxose agardar ata as derradeiras horas, marcando 12º C., tamén alta para o apostado. A chuvia non fixo acto de aparición, o que amolou a varios competidores. O refacho de vento tivemos que buscalo de novo na emisión ao vivo, pois non se amosa no histórico. Quedou nuns febles 19 Km/h.

Con estes valores atopamos gañadora en soidade. Mina consegue 57 puntos que a meten de cheo no Top-10, preto do grupo cabeceiro. Somentes perdeu un punto en cada parámetro de temperatura e outro no refacho de vento. Chega á sua vitoria número 30. Noraboa por todo isto.

Iago e Julio chegaron ata os 56 puntos, con apostas tamén sobre seco. Julio pecha o corte na cachola da xeral mentras Iago sube ata o posto 20.

55 puntos sumaron Marius e Botikas, que prediciron 1 litro de chuvia, sendo a diferencia cos seus predecesores en Point Petre. Marius pecha o Top-10 da xeral e Botikas asume o liderato da Liga de Primaveira en Ontario.

Sarabia obtivo 54 puntos e compartilla con Botikas a cacheira da xeral, coa diferencia das vitorias que a deixa un pouco por baixo do cacique.

E ata 4 competidores comparten a puntuación de 53 puntos. Nanuq, Landrán, Xowi e Kaltxon. Somentes Xowi estiba no Top-10, o resto circula máis aló do posto 15 que marca Landrán.

Estes son as 10 mellores puntuacións en Point Petre. Se queres consultar tódolos datos sustraidos da 6ª etapa da Liga de Primaveira, pica no enlace baixo estas letras.

Na OjeteQuake 2022 o sismo máximo foi o rexistrado nas Illas Marianas xa pola tarde do domingo. Ainda que de primeiras foi valorado coma un 5,6 Mg., posteriormente rebaixou a sua intensidade ata os 5,5 Mg. definitivos.

Víbora (495) é o primeiro participante en acadar 2 vitorias sísmicas nesta edición, as dúas por riba dos 490 puntos. Ademáis, chega ata a segunda praza de vitorias sísmicas históricas, somentes por baixo de Budainca, que obtivo a segunda mellor marca da xornada (482). A seguir ven o líder Kaltxon (481) e Xowi (479), na sexta praza da xeral. Rasta76 (478) apóstase ás beiras do Top-10.

Para acadar toda a información sobre a 6ª xornada da OjeteQuake 2022, preme o botón que expoñemos embaixo este párrafo.

Saúde e sorte!!!

Abrindo un corte Ler máis »

Segunda parte de Liga

Coa sexta etapa a desputar en Point Petre comeza a segunda parte da IX Liga de Primaveira en Ontario. A Clasificación Xeral está moi apertada e semella que quedan citas suficientes para que calqueira teña acceso ó título. E na xornada desta semana temos gran variedade de apostas que poderían trocar a xeral xa nesta mesma etapa.

As apostas de temperatura máxima oscilan entre os 12 e os 21º C. As apostas na mínima van dende os 7 ata os 13º C. Moita amplitude nas apostas das temperaturas que sinalan marexada. As apostas de pluviosidade amosan gran cantidade de apostas en seco e as que marcan chuvia teñen valores ata os 7 litros. Os refachos de vento están representados por cifras que van dende os 19 ata os 51 km/h.

Se non queres perder nada do que aconteza o domingo en Point Petre, podes acceder á xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 06:00 horas desta madrugada.

A 6ª etapa da OjeteQuake 2022 segue na mesma liña de apostas concentradas dende o Mar de Bering ata o Pacífico Sur, pasando coma de costume por Xapón, Filipinas, Malasia, Indonesia, Papúa ou Vanuatu. Fora dese ámbito, somentes atopamos apostas en Turquía, no sur de Nepal, nas Illas Sandwich e nas Illas Virxes Americanas. A magnitude máxima apostada é de 6,2 Mg.

Tamén podes seguir esta etapa ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Apostas meteo
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Segunda parte de Liga Ler máis »