Dende eltiempoentuojete inauguramos a nova edición do Torneo de Vran. Esta 9ª quenda está localizada no alto Brahmaputra, no noreste da India. O inicio da competición vai ser en Chandel, no estado de Manipur. Semella que imos ter un domingo húmido con calmuzo abafante e iso reflexan as apostas d@s 34 meteoludópatas presentados. Recorda que a final de torneo os 16 mellores obterán billete direto para a Ojete’s Cup 2022.
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 26 e os 34º C. Polo que atingue ás temperaturas mínimas atopamos apostas entre os 19 e os 28º C., sendo o parámetro con máis amplitude dos apostados. As prediccións sobre auga recollida van dende a cubeta baleira ata os 15 litros, cunha aposta desmarcada ata os 40 litros. Os refachos de vento amosan marcas dende os 5 ata os 64 km/h., sendo outro dos parámetros con moita folgura.
Se queres seguir esta etapa endirecto, preme neste enlace meteo ao vivo. A xornada comeza cara as 03:00 desta mesma madrugada. Se tes problemas para acceder ós datos da Departamento Indio de Meteoroloxía, temos unha guía de acceso neste enlace.
A OjeteQuake 2022 chega á súa etapa número 13 coa clasificación xeral moi apertada. As apostas seguen a concentrarse no este de Asia, nunha zona que comprende dende o Mar de Bering ata Papúa Nueva Guinea. Outros destinos fora desa zona de influencia están no Mar de Siberia, na costa de Perú, ao sur da Illa de Tasmania, ao norte da India, en Pakistán, no oeste de Irán e en Chipre. A magnitude máxima apostada chega ata os 6,1 Mg., con vari@s competidores por riba de 6.
Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 02:00 horas desta madrugada.