Xa temos o resultado final da 1ª etapa en augas do Brahmaputra e semella que o monzón está activo nesta parte do planeta. As temperaturas foron altas, a chuvia superou ós 20 litros e o refacho de vento quedou por baixo dos 20 km/h. Moitos acertos parciais, pero ninguén entre os participantes chegou ata a marca dos 50 puntos na etapa inaugural en Chandel.
A temperatura acadou o seu mínimo ben cedo, cara as 0:30 horas, marcando 21º C. A máxima tamén madrugou e ás 8 da mañán lograba o seu máximo con 31º C. A chuvia sumou dende primeira hora e cara as 02:00 horas xa marcaba 21 litros. Tivemos que restar os 3 litros que marcaba ás 00:00 horas e que pertencen ó día anterior (IMD conta a auga de 03:00 a 03:00). Xa pola tarde sumaba 3 litros máis, deixando o total do día en 21 litros. O refacho máximo coincidiu coa hora da temperatura máxima e acadou os 10 nós, que convertido a km/h. resulta en 18 km/h.
Deste xeito atopamos a Sarabia no máis alto da clasificación xeral, con 49 puntos. Sen acertar nengún parámetro, foi quen de acadar as mellores medias de puntuación para inaugurar o Torneo de Vran cunha vitoria. Semella ir na busca da súa segunda vitoria en competicións fora de Galicia.
Con 47 puntos entran Kaltxon e Verducido, que tamén obtiveron medias decentes en Chandel e presentan candidatura ó título asiático.
Landrán e Beocha acadan 46 puntos, con apostas similares e conforman, xunto ós anteriores, o Top-5 da clasificación.
45 puntos achegan Modesto e Mutombo no seu regreso ás competicións de eltiempoentuojete. Os dous fallaron no refacho e melloraron na pluviosidade.
Con 43 puntos e pechando o Top-10 atopamos a Iru, Michi e Popolo, que tentam mellorar unha traxectoria errática nos derradeiros tempos e superar no exilio as pobres marcas acadadas en Galicia.
Se queres indagar no acontecido en Chandel, etapa inaugural do Torneo de Vran na India, pica no enlace que amosamos baixo este texto.
A OjeteQuake 2022 gozou dunha xornada sen grandes sismos. O maior, preto de Myaydo, en Myanmar, cunha magnitude de 5,3, rexistróuse ben cedo na madrugada e durante todo o día ningún sismo chegou a superar os 5 Mg.
Ó gañador atopámolo no sur do Golfo de Bengala cunha magnitude apostada de 5,4. Iru acada a sús segunda vitoria nesta edición, desta vez en soidade, con 474 puntos. Transita na xeral máis aló do posto 23.
460 puntos achegaron Mjölnir, na súa primeira experiencia sísmica, e Breogán77, que sube ata o terceiro chanzo da clasificación xeral, a menos de 100 puntos do líder. Os dous localizábanse nos arredores de Taiwan.
Rasta76 suma 458 puntos para situarse no posto 14. Michi, con 457 pts., circula un posto por tras, no 15º lugar. Verducido, con 456 pts., sube dous postos, ata o 7º lugar.
Para acadar toda a información recollida nesta 13ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón que amosamos baixo estas letras.