A 11ª etapa da OjeteQuake 2022 volveu resolverse no desempate e, de novo, Xapón asume o sismo maior do domingo. Un sismo preto de Naha, Xapón, de 5,5 Mg. atopou resistencia por parte dun sismo da misma magnitude rexistrado preto de Pangai, na illa de Tonga. Tomando coma referencia os puntos acadados na localización, o sismo nipón estaba bastante máis preto dun competidor do que o facía o tremor de Tonga.
Con este resultado obtivemos un vencedor en soidade. Unha brutal puntuación de 497 puntos acadou Breogán77, perdendo os 3 puntos na localización e mallando a magnitude. Chega ata a 4ª praza da xeral e presenta candidatura á vitoria final, colocándose a menos de 100 puntos da cachola da clasificación. Primeira vitoria nesta edición e na sua traxectoria sísmica. Boa puntuación para a súa estrea na clasificación histórica de vitorias na OjeteQuake.
Beocha, con 483 puntos, fai a segunda mellor marca da xornada. Localizada no sur do Xapón continental, repite case a mesma puntuación da derradeira xornada e ascende ata o posto 18 da xeral.
Un punto menos acadou Xowi, 482 finais. Situado ao sur de Taiwán, deixou algún punto na magnitude cos seus contrincantes. Chega ata o segundo lugar da xeral, despois de superar a Kaltxon.
Con 481 entrou Verducido, tamén ao sur de Taiwán e tamén, coma Xowi, deixando puntos na magnitude. Ascende ata a 6ª praza da xeral.
479 puntos para Popolo, que ainda que estaba máis preto do epicentro que Beocha, Xowi e Verducido, víuse relegado polas mínimas diferenzas na magnitude. Sube ata a posición 15 na clasificación xeral.
Víbora segue coma líder despois de acadar 475 puntos con aposta ao leste de Filipinas e mantén case 60 puntos de adianto sobre Xowi, co recén estreado segundo posto. Kaltxon aparece terceiro a menos de 10 puntos de Xowi. A vitoria de Breogán77 elévao ata a cuarta praza por diante de Budainca, que pecha o Top-5 da xeral sísmica.
Para acadar máis información sobre o acontecido na 11ª etapa da OjeteQuake 2022, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.