O reto do Brahmaputra

Dende eltiempoentuojete damos conta do novo desafío meteorolóxico para o mes de xullo de 2022. O IX Torneo de Vran, Brahmaputra lévanos nesta ocasión ó noreste da República de India. Unha das zonas do mundo con máis virulencia en pluviosidade. E seica imos chegar nun bo momento: en pleno auxe do monzón que chega dende o Golfo de Bengala remontando o Himalaya e deixando importantes chuvias en Bengala Occidental, Birmania, Bangladesh e o noreste da India, a zona escollida para a competición.

O menú principal xa contén a información necesaria para o desenrolo do certame de estío. O inicio da competición está programado en Chandel, Manipur, para o domingo 3 de xullo, con aposta antes das 24 horas do venres 1 de xullo. Ó longo de 5 xornadas, todas elas no mes de xullo, buscaremos un merecido gañador en terras asiáticas, que deberá contar cunhas grandes cualidades en predicción de chuvia, sen esquecer os outros parámetros.

Outro tema importante e que non debemos esquecer e que a clasificación xeral definirá quén acudirá a desputar o derradeiro torneo da 9ª tempada: A Ojete’s Cup 2022, ainda con paradeiro descoñecido. Somentes os 16 primeiros terán acceso á competición do K.O. Recordade que a Ojete’s Cup é un torneo por roldas con enfrentamentos un-contra-un e a tua clasificación determina a tua posición no cadro de torneo e, con elo, o teu primeiro rival. Podes pasar pola páxina de Regulamento onde podes atopar tódolos detalles destas dúas competicións vinculadas.

Podes comezar a fozar nos menús e preparante para a loita. Recorda que nos fas un gran favor reportando faios ou falta de información. E, ante calqueira dúbida, conecta con nós sen compromiso no noso enderezo electrónico: eltiempoentuojete@gmail.com

Non podes faltar á unhas das citas con maior posibilidade de chuvia da nosa traxectoria. A qué agardas para facer historia na meteoroloxía predictiva amateur??

Sorte e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *