Ás beiras do Hurón

Sarnia é a localización para a desputa da 3ª etapa da IX Liga de Primaveira en Ontario. Atópase na beira sur do Lago Hurón e semella ter unha grande contraste climática que non precisa moito tempo para trocar de súpeto as condicións meteorolóxicas. Despois dunha semana de chuvia e neve intermitente engadido ás baixas temperaturas e os refachos de vento moderados, seica o domingo chega a primaveira a Sarnia.

As apostas en temperatura máxima van dende os 20 ata os 28º C., significativamente maiores ós derradeiros días. Tamén as temperaturas mínimas ascenden e as apostas atópanse entre os 10 e os 15º C. Máis da metade d@s apostantes escolleron xornada en seco, mentres entre os que se decantaron pola chuvia podemos ver apostas de ata 3 litros. Os refachos de vento están representados por valores entre os 30 e os 70 km/h.

Podemos estar ante a primeira xornada de chuvia e, co tipo de apostas recollidas semella unha xornada con moitos trocos durante o desenrolo da mesma. Non deixes de seguila ao vivo dende este enlace, a partires das 05:00 horas desta madrugada.

As apostas da terceira xornada da OjeteQuaje 2022 segue o semicirculo que se forma dende o Mar de Bering ata o Pacífico Sur, tocando Alaska, as costas de Rusia e Xapón, China, Filipinas, Indonesia, Papúa, as Illas Salomón, Fiji e o norte de Nueva Zelanda. Fora desa zona temos marcas en Mongolia, o Océano Indico en Illas Cocos e preto das Illas Mauricio, no Atlántico preto das Illas Sandwich e ata unha apostas no Mar Adríatico, no sur de Bosnia.

Grande xornada a que temos por diante e que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires da 01:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Apostas meteo
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Ás beiras do Hurón Ler máis »

Vitoria coral

Segunda xornada da IX Liga de Primaveira en Ontario e o alto acerto predictivo d@s participantes. Somentes quen tiña penalización baixou dos 50 puntos. A temperatura mínima quedou en 0º C., moi estable durante a madrugada. O termómetro elevou a máxima ata os 8º C. acadados na sobremesa. Carencia de precipitacións e un refacho que a axencia canadiana retocou nos rexistros históricos ata os 55 km/h.

Poderían ser os 3 tenores, pero os 7 gañadores semella máis un orfeón. 58 puntos achegaron ó seu marcador Nanuq, Balboa, Breogán77, Julio, Botikas, Oscar e Verducido. Grande calidade de apostas nas temperaturas, un pouco menos en xeral para o vento.

Con 57 puntos atopamos a Aki, Sarabia e Xowi, que xogando na casa víuse superado por moit@s aspirantes ó título en Canadá.

Estes son as 10 mellores puntuacións da xornada. Para acceder a tódolos datos recabados nesta etapa en Toronto, pica no enlace que ofertamos embaixo.

A xeral segue comandada por Verducido, con duas vitorias nas etapas desputadas. Oscar ten un punto menos e unha vitoria. Botikas e Julio comparten o terceiro chanzo do podio a dous puntos do líder e unha vitoria por cachola. Sarabia e Beocha marchan a tres puntos da cacheira da xeral. Breogán77 perde un punto máis, na sétima praza. E ata 6 competidores batallan polo Top-10 empatados a 112 puntos. Víbora, Kaltxon, Compoñente Sur, Xowi, Rasta76 e Balboa estarán en loita nas próximas xornadas.

En poucas ocasións temos que felicitar por partida doble a un gañador nas dúas competicións en xogo. Esta semana, un dos vencedores na liga meteorolóxica copou tamén a mellor aposta na liga dos terremotos. Nanuq estivo preto do pleno acertando a localización do maior terremoto no domingo. Con 496 puntos, somentes 2 puntos na escala de Magnitude o apartaron de facer historia na sua primeira vitoria na competición sísmica. Entra no Top-10 da xeral coma un hipopótamo na bañeira da túa casa.

Na illa do lado estaba ubicado Botikas, preto tamén de facer doblete. 494 puntos, dous por baixo do vencedor. Ascende moderadamente na xeral. E nun arquipélago cercano a Vanuatu atopamos a Kaltxon, con 488 puntos. Colle o mando da clasificación xeral con altas puntuacións. Belenchis, Budainca e Julio seguen de preto ó líder provisional.

Se queres saber máis do acontecido na 2ª xornada da Liga dos Terremotos, pica no enlace embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Vitoria coral Ler máis »

Welcome to Big City

Acostumad@s a xogar en pequenas poboacións, Toronto pode ser unha das cidades máis desenroladas nas que realizamos unha etapa de eltiempoentuojete. E temos a Xowi, un dos xogadores máis estables e destacados, desprazado na sua cidade natal para a celebración da segunda xornada da IX Liga de Primaveira. A foto que ilustra este post e desta mesma semana, á sua chegada a Toronto. Tentará ser profeta na sua terra, pero conta cunha banda meteoludópata na procura dunha vitoria no continente norteamericano.

Semella outra etapa con tempo seco, ainda que a vitoria pode caer en calqueira participante. As apostas en temperatura máxima van dende os 7 ata os 10º C., cunha aposta soicida de 21º C. As apostas para as mínimas oscilan entre 1 e -3º C. Somentes atopamos 2 apostas con chuvia, unha coa mínima e outra con 7 litros (¿?). As apostas en refacho de vento atópanse entre os 32 e os 53 km/h., cunha aposta á baixa de 14 km/h.

Moita proximidade entre apostas asegura unha xornada vibrante dende o primeiro minuto ata o derradeiro. Se non queres perdela, podes acceder á xornada ao vivo dende este enlace, a partires das 06:00 horas desta mesma madrugada.

A OjeteQuake tamén compite na sua segunda etapa. Grande acumulación de envites na parte oriental de Asia, ainda que tamén en China, Myanmar e India. Outras apostas van cara o continente americano, en Chile, Perú e no Caribe, ademáis de duas apostas ao sureste de Arxentina, na zona das Illas Sandwich do Sul. A magnitude máxima apostada é de 6.0 Mg. para a costa de Tokio.

Esta xornada tamén é retransmitida ao vivo dende este enlace a partires das 01:00 horas desta mesma noite.

As apostas:

Apostas meteo
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Welcome to Big City Ler máis »