Pregón de Primaveira (Breogán77)
Benvidos de novo, meus queridos compañeiros iluminati da prestidixitación meteorolóxica, alégrame e éncheme de orgullo e satisfacción presentarvos esta nova singladura deste noso grupo de meteoludópatas que vai en procura dunhas máis altas latitudes, xa que esta vez imos tocar a Canadá, esa terra chamada “Terra dos mil lagos”, realmente ten máis de dous millóns, pensade que Ontario posúe un tercio de tódala auga doce do mundo, ahí é nada, os de Aquagest estarían dando palmas coas forellas, todo reminiscencia da época Glaciar que cubríu a zona por aqueles tempos. Lembrade que Canadá ten un inverno que dura uns 5 meses, xa sabedes, se vos gustan as cañas de terraceo, mal sitio para ir de vara. Inda que predomine o inverno, acádanse os -40 (unha rebequiña nunca ven mal), no verán chegaron ata 37,8 graos de máxima, polo tanto o do terraceo temos que exprimilo o máximo, e se estades a mediados de xullo por Alberta non deixedes de visitar a Feira da Estampida, que é coma a nosa Semana Verde de Silleda pero en canadiense e ao bestia.
Canadá ten fama de cosmopolita, e a súa xente que é amizosa, puntual e modesta, coa que estivemos seica 25 minutos técnicamente en guerra por mor do Hipoglossus hipoglossus, despectivamente chamado Fletán Negro que, por certo , non hai quen coma ese peixe (apreciación persoal).
Coma antigos enemigos pola rapiña peláxica , é un sitio para entrarlle con ganas e a fondo, así que agoreros da temperatura, infaustos da pluviosidade e casquiváns do refacho:
SORTE, SAUDE E CLIMA.
As cifras da Inverneira

Non sei se sabes que estamos a ter problemas coa web, pero se te atopas con dificultades para acceder ó sitio de eltiempoentuojete, rogamos nos avises cunha mensaxe e-mail ó noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com para tentar de solventalo á menor brevedade posible. Ata o de agora recollemos faios tales coma retraso na carga da web, rexeitamentos por parte do servidor ou carga eterna con final tristón. Estamos traballando na solución, pero axudaríanos a túa cooperación e estariamos perennemente agradecidos.
Publicamos as estadísticas relativas á VIII Liga da Inverneira de Galiza. Datos dos parámetros comparados co a edición anterior e cos certames anteriores e valores máximos e mínimos. Nos datos de competidores presentamos @s mellores porcentaxes de acerto por parámetro e en xeral, vitorias acadadas e puntuación media.
Por outra banda actualizamos a estadística histórica da Liga da Inverneira, onde os xoves valores van ascendendo e amosando as súas habilidades predictivas e ludópatas. Tes os enlaces correspondentes embaixo este texto.
Ao longo desta semana iremos desvelando os segredos da IX Liga de Primaveira en Ontario (Canadá). Calendario, localizacións e detalles das etapas, xunto cunha pequena introducción histórica que nos axudaráa coñecer tan lonxanas terras. O inicio está datado para o Domingo 10 de abril, con aposta o venres 8.
Segue atento ás novidades!!!
Pechando a Inverneira

Esta semana está adicada ó peche da VIII Liga da Inverneira. Este primeiro post presenta as estadísticas resultado da competición máis longa das ofrecidas por eltiempoentuojete. De momento as estadísticas expostas se refiren ó Caporal de Marzo, os mellores e os piores xogadores neste derradeiro mes de competición. E tamén exhibimos os datos espremidos da segunda parte da liga, a correspondente á estación de inverno. O título de Mariscal de Inverno xa ten dono. Xa podes consultar os dous informes picando nos enlaces correspondentes baixo estas letras.
No fin de semana temos prevista a publicación da estadística xeral da VIII Liga da Inverneira, completando o peche definitivo do certame.
Quizáis ainda non sabedes onde serán as próximas competicións meteorolóxicas de eltiempoentuojete. Podemos adiantar que a IX Liga de Primaveira váise desputar no Canadá, no territorio de Ontario, na contorna dos Grandes Lagos do Norte de América. Os detalles desta nova competición verán a luz entre o domingo e o luns. E case temos pechada a negociación para xogar o IX Torneo de Vran na zona noreste da India, un dos lugares máis húmidos do planeta, a desputar en pleno monzón.
E por suposto, seguro que hai xente agardando pola nova edición da Liga dos Terremotos, nesta ocasión coa presentación da V OjeteQuake World Globe, que coincidirá no tempo coas competicións meteorolóxicas de primaveira e vran do 2022. O luns será con probabilidade a data de descubrimento desta nova competición sísmica.
Non perdades fío nestas próximas datas, pois os acontecimentos han de ir sobrepoñéndose no remate dunha competición ás novas citas meteorolóxicas e sísmicas de eltiempoentuojete.
- Coma sempre, precisamos de tí para seguir a facer historia (da maneira que sexa).
Saudos e clima!!!
Poñendo o ramo

Xornada final da VIII Liga da Inverneira a desputada en Xesteiras, no concello de Cuntis. Ainda quedaban varias incónitas por despexar na Clasificación Xeral que foron alumbradas neste fin de semana. E Xesteiras non o fixo doado. A etapa comezaba marcando o primeiro máximo do día, o do refacho, que nada máis comezar o domingo xa chegaba ata os 51 km/h., por riba da maioría das apostas, que picaban por baixo dos 40. Nesa madrugada tamén se constatou unha temperatura mínima abraiantemente alta, con 12º C. No mediodía acadóuse a máxima de 18º C., preto da media de apostas. A falta de precipitación, agardábase unha rebaixa na temperatura mínima que non se producíu. Tamén se agardaba unha subida do vento no final do día, pero non fixo máis que igualar a marca xa establecida.
Deste xeito atopamos coma gran gañador en Xesteiras a Kaltxon, que remata moi forte a competición, con 2 vitorias nas derradeiras 3 etapas e 3 vitorias no cómputo xeral. Gran predicción das temperaturas e do refacho de vento engaden 57 puntos no seu marcador final.
Con 55 puntos entra Botikas, con grandes prediccións, ainda que por baixo do gañador, pero que lle chega para asestar duas “puñaladas trapeiras” e facerse co terceiro chanzo do podio. Gran final con recompensa para o gran “gurú” da meteoroloxía amateur.
54 puntos sumou Beocha para defender a segunda praza da xeral. Sensatas apostas para manter a medalla de prata nesta 8ª edición. Mesmos puntos para Michi, pero sen beneficio na xeral, na que ocupa un lugar máis aló do Top-20.
Catro apostantes suman 53 puntos. Juanito Caminante case lle papa a tostada a Xowi e Julio nunha xornada na que sen chuvia, semellaba inferior. Un punto faltóulle para chegar á cuarta praza nunha tempada na que exhibiu un gran talento na predicción en pluviosidade. Víbora tamén quedou a un só punto de chegar ata Punteiro. O final, 12º lugar para o ex-gañador desta competición. Lume tamén presionou pero quedou ás portas do Top-15 despois dun gran final de liga. Breogán77 establecéuse xusto por tras, remata decentemente a competición.
E ata 9 xogadores acadan 52 puntos en Cuntis. Aki, Nanuq e Modesto manteñen posicións dentro do Top-10 nunha edición na que lles faltou unha migalla para facer algo grande. Marius e Mina quedan dentro do Top-20. Ocandepavlov e Oscar, no Top-30, mentras Zalamera e M.B. Joaquín finalizan máis aló do posto 30.
A vitoria na xeral vai para Verducido, terceiro título e segundo consecutivo, semella o dominador actual na competición patria, desta vez con 16 puntos de vantaxe. Beocha acada unha das mellores clasificacións da sua historia, pero debe agardar pola presea dourada. En Xesteiras defendéuse sen problema do ataque de Botikas, no que sucumbiron Julio e Xowi e no que conqueriu a terceira praza. Cuarta praza para Julio e 5ª para Xowi, pero con mal sabor de boca. Tranquilos, que non foi calqueira, foi Botikas. Gran sexta praza para Juanito Caminante, que a punto estivo de dar máis degustos ainda ós seus predecesores. Nanuq sétimo e Aki oitavo, nunha edición na que sempre estiveron no Top-10. Modesto era un dos novicios favoritos pero que tivo que sufrir para invadir o Top-10. No final, 9ª praza. Sarabia pecha o Top-10 despois dunha gran competición, empañada somentes pola etapa de Fornelos, onde afundiu as posibilidades de mellora.
Para acadar tódala información referente á xornada de Xesteiras, derradeira da VIII Liga da Inverneira, pica no enlace embaixo exposto.
- Ó longo desta semana presentaremos un resumo xeral da competición e as estadísticas do mes de marzo, as do inverno e as definitivas de toda a competición.



