Asuntos pendentes

Ainda quedan asuntos por resolver nesta derradeira etapa da VIII Liga da Inverneira. O Monte Xesteiras, en Cuntis, será o xuiz final que deixará coma definitiva a Clasificación Xeral. Despois dunha semana con prediccións cambiantes, semella que a xornada será sobre tempo seco e morno. Pero a loita polo podio e a consecución dun posto no Top-10, ainda na espera de resolución, entre outros desenredos, non precisan de moita diferenza de puntos para solventarse.

As apostas en temperatura máxima van dende os 15 e os 21º C. No que atingue ás temperaturas mínimas, as prediccións abranguen dende os 6 ata os 11º C., con apostas á baixa de 4 e 1º C. Somentes un participante presenta aposta en auga, cun litro pronosticado. As profecías para o refacho de vento comezan en 19 e se alongan ata os 70 km/., un parámetro que promete diferenzas nas puntuacións.

Etapa definitiva cara a xeral final, que deberías seguir ao vivo dende este enlace, a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

  • O luns, xunto coa clasificación xeral final, desvelaremos a proposta do plan para as ligas meteorolóxicas de Primaveira e Vran, en territorio descoñecido. E por suposto, unha nova edición da Liga dos Terremotos, representada na V OjeteQuake World Globe. Vai preparando o macuto e un tapper con filloas…

Saudos e sorte!!!

Asuntos pendentes Ler máis »

Incógnitas sen resposta

Semella que o título da VIII Liga da Inverneira xa ten dono, ainda que resta unha das etapas raíñas a desputar en tempo revolto. Pero por tras están a pasar moitas cousas, e non todas cara o esclarecemento da competición.

A temperatura mínima rexistróuse na madrugada, acadando os 4º C., moi preto da maioría das apostas. A máxima chegaría ata os 13º C., coincidindo coa máxima actividade eólica, que deixa unha marca de 28 km/h., un pouco por baixo da media de apostas. A chuvia caeu paseninho durante a madrugada e non acadou o primeiro litro completo ata o mediodía do domingo. Choveu con máis regularidade entre lusco e fusco e o total final chegou ata os 5 litros.

Coas contas feitas atopamos a Lume no alto da cadea meteorolóxica. Pleno en temperatura e dous puntos de perda en cadanseu parámetro. Segunda vitoria nas derradeiras 3 etapas, que lle asegura o Top-20 ainda que está empatada con outr@s 3 meteoludópatas. Chega ata as 25 vitorias históricas.

Ata 5 competidores acadaron os 55 puntos. Atopamos a Bar Pequeno e Michi, ámbolos dous por baixo do Top-20. Sarabia regresa ó Top-10 que perdera na funesta etapa de Fornelos. Outro que volve é Juanito Caminante, que grazas ás etapas sobre mollado terá oportunidade de coller podio na derradeira xornada de Cuntis. Tamén aproveitou Verducido, que semella terá unha xornada tranquila á conta dos 19 puntos de diferencia cos persecutores.

Iago e Kalandrakas asomaron a cachola en Ponteareas con 55 puntos. Ambos navegan xuntos máis aló do posto 25. Mesmos puntos para Modesto que sobe ata o posto 9, ainda que moi hostigado polos persecutores.

Se o primeiro posto semella destinado a Verducido, non ocorre o mesmo polos postos de podio, con 5 aspirantes ós 2 chanzos que aseguran presea. A Beocha, Julio, Xowi e Botikas súmase Juanito Caminante, heróe das borrascas que volve meter presión a Botikas, na cola do grupo.

A primeira vista tamén quedan 2 lugares no Top-10 para 3 aspirantes. Modesto e Sarabia expulsaron a Punteiro dunha posición case segura e deberá mellorar as puntuacións dos contrincantes que lle quedan. Fora de distancia semellan os defenestrados en Ponteareas. Víbora, Marius, Kaltxon e Popolo agardarán pola inestabilidade atmosférica para poder acceder a uns postos de honra que soterraron en A Granxa.

  • A táboa da clasificación xeral non fai distinción na hora dos empates. As posicións empatadas deben ser recolocadas á conta da cantidade e calidade das vitorias. Recorda as leis de desempate no Regulamento meteo.

Para acceder a toda a información referente á xornada desputada en A Granxa, Ponteareas, preme no botón que presentamos embaixo estas letras.

Un esforzo máis, a derradeira cita en Cuntis, máis preto que nunca!!!

Incógnitas sen resposta Ler máis »

Redención

A penúltima xornada da VIII Liga da Inverneira, en A Granxa, leva consigo a oportunidade de redención para moit@s participantes. A inestabilidade da unha oportunidade a partires de unha dana/cicloxénese/nube pasaxeira que ten moitas posiilidades de coverterse nalguha cousa. Como vedes nen sequera as axencias se poñen de acordo na hora de concretar o clima para o domingo, polo que o descoñecemento abre as portas a trocar todo o camiño andado nesta edición. Se eres dos que arriscan ou precisan facelo, esta é a oportunidade. Se vas a por todas, este é o momento. A Liga da Inverneira, esta semana en Ponteareas, está no aire (e na chuvia).

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 11 e os 15º C. Os valores en temperatura mínima van dende 1 ata 7º C, máis amplitude que as suas irmáns maiores. As apostas en pluviosidade comezan en 0 e acadan os 20 litros, cun rosario de cifras intermedias. Os valores pronosticados para o campo do refacho de vento van dende os 20 ata os 69 km/h.

Con estes rexistros tes ante tí unha das mellores oportunidades de desfrutar dunha etapa que promete un xogo emocionante dende o descoñecemento e na que podes dar un macetazo nos dedos dalgún contrincante e ascender na clasificación no fin da campaña en Galicia. Sen esquecer que podes morrer polo cú, que tamén é unha posibilidade. Se queres seguir a xornada dende o primeiro minuto, pica neste enlace á etapa ao vivo, traballando dende a 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e clima!!!

Redención Ler máis »