Loitas ata o final

Seica moitas das loitas da clasificación xeral van quedar para as derradeiras datas de competición. Ainda que os pequenos movimentos nestas citas finais poden modificar significativamente o resultado definitivo en Cuntis. Todo conta a falta de duas xornadas para o gran final.

A madrugada de competición comezou en 0º C. e cara as 03:00 horas chegaba ata os -2º C. Ainda baixou máis cara o amencer, pero sen acadar os -3º C. A temperatura máxima certificóuse na hora do xantar, chegando ata os 11º C. Sen precipitacións na zona, quedaba agardar polo refacho de vento, que aumentou na sobremesa, marcando o seu máximo definitivo con 32 km/h., dentro dos valores apostados pola maioría.

Deste xeito presentáronse os dous vencedores de etapa, Compoñente Sur e Kaltxon. 58 puntos foron os que achegan ós seus marcadores e Xinzo, con grandes marcas en tódolos parámetros. Compoñente Sur mantén a probabilidade de entrar nun Top-20 que se lle queda pequeno. Kaltxon segue coa boa xeira de resultados neste final de Liga e entra de cheo na loita fraticida por acadar o Top-10.

Ata 6 competidores comparten 57 puntos en Xinzo. Belenchis e Oscar seguen afundidos na xeral, pero reciben con alegria o resultado. Iru vaga no posto 25, con poucas oprtunidades de mellorar, á espera dalgún despiste dos predecesores. Mina persegue o grupo que tenta loitar polo Top-10, ainda que lonxe e buscará un burato entre moitos competidores. Aki semella asegurar a posición e ten a posibilidade de mellora a somentes 3 puntos. Modesto brega no grupo “soicida” que busca o único posto libre do Top-10.

56 puntos tamén para Denodeno, Budainca, Iago e Rasta76, ubicados máis aló do posto 20. Punteiro, Nanuq e Verducido teñen bastante asegurada a posición entre os 10 mellores da xeral.

Verducido está en disposición de revalidar o título do ano anterior, se non a perde por sí mesmo. Detrás del, o primeiro grupo soicida busca lugar no podio xeral está composto por Beocha, Julio, Xowi e Botikas, con 5 puntos entre eles. Nanuq, Juanito Caminante e Aki conforman o grupo que persegue ós mellores e agardan un fallo para trepar na clasificación. Punteiro vaga en terra de ninguén, evitando as loitas do segundo grupo soicida, o que da acceso o derradeiro posto do Top-10. Eiquí atopamos a Marius, Modesto, Popolo, Sarabia, Balboa, Kaltxon e Víbora, cunha distancia entre eles de 5 puntos. Preciosa loita a que deben desputar por un único posto de honra nesta edición da Liga en Galiza.

Se queres concretar os detalle que deixou a 24ª etapa, en Xinzo. pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Loitas ata o final Ler máis »

E volta a vaca ao millo

Despois duhna semana de chuvia feble, as altas presións voltan a Galicia a pasar a fin de semana, facendo valer a tradición de xeada en Xinzo de Limia. Semella que o non ter precipitacións a etapa será de transición, pero sendo a antepenúltima xornada da Liga e mantendo as diferencias mínimas en moitos lugares da Clasificación Xeral, non será ese o caso para moit@s meteoludópatas. O máis interesante serán as temperaturas e a sua amplitude térmica, sen desdeñar o vento, que se presume frouxo.

As temperaturas máximas alóxanse nun rango que vai dende os 7 e os 11º C., cunha punta máxima en 14 e unha mínima de -2. As temperaturas mínimas van dende os 0 ata os -6 cunha punta máxima de 7º C. Sen chuvia atopamos o parámetro da pluviosidade, incluso botando en falta os perpétuos 0.1 de Mjölnir. No que respecta ós refachos de vento, amosan valores que van dende os 16 ata os 41 km/h.

Con estes datos agárdanos unha etapa de moita emoción e posibilidade de variacións en calqueira tramo do tempo de xogo. Non a perdas, podes atopar o destino á xornada ao vivo dende este enlace, a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

E volta a vaca ao millo Ler máis »

O Sátrapa de febreiro

Saúdos!!

Xa temos disposto o informe estadístico para este pasado mes de febreiro. Unha comparativa co ano pasado e co histórico, ademáis da presentación dos mellores en cada un dos parámetros e os vencedores de etapa. Se queres saber onde destacas ou onde precisas de mellora, pica no enlace seguinte, levarate ata o informe mensual onde pode ser que leves algunha sorpresa ou atopes algún detalle curioso.

Recorda que estamos a 3 etapas da fin da competición en chan galego. E o momento de dar o mellor de tí mesmo nun mes de marzo que semella caprichoso e inestable.

Saúde e sorte!!!

O Sátrapa de febreiro Ler máis »

Cheirando a fin

Tres únicas xornadas restan para o final da VIII Liga da Inverneira e os puntos valóranse máis que nunca cara un remate de competición con dignidade. Semella que se non entra algunha borrasca nas etapas vindeiras o título pode estar adxudicado. As posicións de honra no Top-10 ainda están por dilucidar, incluindo o podio da xeral, que mantén unha loita aberta entre 4 xogador@s, ainda que se poden sumar outros competidores.

A temperatura mínima tardou pouco en quedar ancorado no 6º C. no comezo da xornada en Fontecada. A partires dese momento a temperatura non fixo senón subir, acadando os 12º C. no mediodía, baixa para o apostado. Ainda que o marcador final de auga mantívose en 0 litros, as gráficas dezminutais amosaban 0.2 litros, o que tampouco trocaba nada. O vento soprou moderado entre o amencer e a soremesa, chegando a unha marca baixa de refacho de 25 km/h.

A vitoria estivo repartida entre 3 competidores que acadaron os 58 puntos en Fontecada. Primeira vitoria nesta 8ª edición para Balboa e Lume, mentras Punteiro fai a terceira, segunda consecutiva. Lume achégase ó Top-20 e Balboa segue na loita por entrar no Top-10. Punteiro afiaza a sua posició dentro dese mesmo Top e tentará mellorar o 9º lugar que ocupa actualmente. Gran xornada para os 3.

Aki e Jose Lopez aumentan o seu marcador xeral e 57 puntos. Jose Lopez entra no Top-20, con posibilidades de subir posicións. Aki, na 8ª posición, tentará reducir os 6 puntos que o alonxan dos 7 principais.

Un grupo de 6 xogador@s achegaron 56 puntos ó seu marcador. Oscar e Iru navegan máis aló do posto 25 e buscan un remate decoroso a unha traxectoria irregular. Mina e Kaltxon circulan en terra de niguén, entre o posto 15 e o 20. Terán 3 oportunidades de posicionarse no Top-10. Julio e Xowi non perderon a oportunidade de restar puntos a Beocha, que terá que defender a medalla de prata. Ademáis, collen folgos ante Botikas, o cuarto en discordia neste grupo “soicida”.

A falta de somentes 3 etapas, as incógnitas están na supervivencia de Verducido como líder, en saber se os persecutores recortan e cómo han de xestionar as suas propias posicións. Moita batalla tamén dentro do Top-10 para acadar unha mellor posición. Pero e que tamén nas fronteiras do Top-10 existe probabilidade de invasión externa. Ata 6 milicias amoréanse ás portas do extrarradio do Olimpo. Moito que desenredar ainda nas datas que restan.

Para examinar por tí mesmo o acontecido en Fontecada, 23ª etapa da Liga da Inverneira, pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e clima!!!

Cheirando a fin Ler máis »