Da pena xogar unha xornada das características de Fornelos sobre seco, pero o clima manda e deixou un día de claros e nubes con temperaturas mínimas pouco habituais nesta época do ano. O vento soprou de sur e iso mantivo a temperatura alta. O refacho estivo dentro dos marxes apostados, polo que todo se decidíu por unha amplitude mínima.
Cara as 02:30 da madrugada o termómetro acadou os 9.2º C., que xa sería a mínima definitiva do día. Ás 12:00 o refacho chegou ata preto dos 60 km/h. que tamén sería o resultado final. E pouco antes das 14:00 a temperatura máxima marcaba os 14.2º C. e a xornada quedaba definida a falta dalgún refacho illado que modificara a clasificación. Cousa que non sucedeu, pero a ansiedade estivo instalada nos refachos máis altos ata o remate da etapa.
As puntuacións máis altas estiveron copadas, en términos xerais, pola gama alta da clasificación xeral. A vitoria , con 58 pts., foi compartida por Modesto, que xa presiona o Top-5, con Julio e Punteiro a tiro de pedra. Foi da man de Michi, que volta a situarse ás portas do Top-10, ainda que ten un burato amplo con Xowi.
Botikas entrou con 57 pts. e empata na primeira praza, ainda que cunha vitoria menos que o líder virtual. Víbora e Marius mantiveron o tipo ante Modesto e superan a xornada con nota alta. Balboa chapodou a Xowi, asume a 9ª praza e tenta manter preto ós postos que o preceden. Iru, ainda que máis aló do posto 20, peta na mesa con forza e semella melloría nas derradeiras citas.
56 puntos foron os acadados por Verducido, que mantén o liderato por vitorias, acosado por Botikas. Kaltxon sube ó posto 14, esquecendo o fiasco en Lardeira. Sarabia, cos mesmos puntos, chega ata o posto 25 compartillado.
Estas son as 10 mellores puntuacións da xornada en Fornelos. No Top-10 defraudaron Julio con 53 pts., agora rodeado polos lobos e Xowi, cunha baixada de calidade nas apostas das derradeiras xornadas, ocupa o faroliño vermello do Top-10. Mina e Nanuq, con 49 puntos, alónxanse do seu obxetivo, pero teñen tempo para acadar ese soñado Top-10.
Se queres indagar no acontecido o domingo en Fornelos, pica no enlace ebaixo este texto.