Comezamos a derradeira xeira de etapas da Liga da Inverneira en eltiempoentuojete cunha xornada das que adoitan ser decisivas. Pero este ano a chuvia semella que non vai entrar na ecuación de Fornelos. O anticiclón tomará as rendas no sur de Europa e agardamos tempo solleiro e algunhas nubes que non deberían deixar precipitación. O vento será de gama media sen esquecer os 700 m. de altitude da estación meteorolóxica.
Pero tal como se atopa a clasificación xeral calqueira punto vai ser crítico para a mellora no ranking. As apostas en temperatura máxima van dende os 11 ata os 17º C. As mínimas oscilan entre os 5 e os 10º C., con duas apostas por baixo dos 4º C. As apostas en pluviosidade están baleiras agás unha aposta en soidade de 2 litros. Os refachos de vento están entre os 18 e os 87 km/h.
Con esta perspectiva agardamos unha xornada moi emocionante e con posibilidades de acadar un pleno. Podes seguir a xornada dende este enlace ao vivo a partires das 01:30 h. desta madrugada.