Apocalipse en altura

Grande xornada a que se nos ven enriba neste fin de semana de Nadal. O tren de borrascas segue a sua actividade e o domingo ainda se presenta un panorama moi compricado. O vento e a chuvia han de ser protagonistas na nosa estación de a Serra do Eixe, no concello de A Veiga. Primeira de montaña na provincia de Ourense, pode ser unha parada con movementos decisivos dentro da Clasificación Xeral.

As apostas sobre temperatura máxima establécense entre os 7 e os 12º C., con duas apostas que superan os 15º C. As temperaturas mínimas oscilan entre 1 e 7º C., cunha punta de 10º C. Nas apostas da chuvia atopamos varias apostas “negacionistas” con valor nulo. Apostas con valores baixos, entre 1 e 5 litros e outros máis abondosos, con cifras que acadan ata os 25 litros, ollo, pronosticado polo gurú da chuvia nesta edición, Juanito Caminante. Os refachos de vento teñen representación dende os 17 ata os 92 km/h.

Xornada polo tanto de moitas variables que poden modificar significativamente a Clasificación Xeral. E destas etapas que merecen un seguimento constante e que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas deta mesma madrugada.

As apostas:

E sentimos o retraso na publicación das estadísticas correspondentes ó periodo de Outono de 2021. Xa están dispoñibles e podes atopalas no enlace embaixo estas letras ou no menú de contido, en Estadísticas.

Saúde e sorte!!!

Apocalipse en altura Ler máis »

O ecuador da competición

A Liga da Inverneira de eltiempoentuojete chega á metade da competición, dando por rematado o outono en Ventosa, concello de Navia de Suarna. Para ser unha etapa sobre seco e acadar altas puntuacións, a clasificación xeral remexéuse a conciencia. A temperatura máxima chegou ata os 11º C. no mediodía, mentras a mínima mantívose en 4º C. ata o fin da etapa, cando a falta de 10 minutos para o remate picou cara abaixo, deixando o valor final en 3º C. A chuvia estivo ausente mentras o vento marcou o seu máximo na madrugada do domingo, 30 km/h.

Con estes valores voltamos ter unha gañadora en soidade. Sarabia fixo 59 puntazos, quedando a somentes 3 km/h. dun pleno. Cravou o resto de parámetros para acadar a sua primeira vitoria nesta edición da Liga de Galicia.

Xowi, Ocandepavlov e Rasta76 acumularon 58 puntos, cada un no seu estrato da xeral.

E ata 8 competidores sumaron 57 puntos. Beocha, Botikas e Popolo transitan entre os mellores, afianzándose no Top-10. Julio, Punteiro e Compoñente Sur andan ensilados entre o posto 10 e o 20. Iru e Belenchis navegan no cabo da táboa, semella que remontando.

Na derradeira xornada do outono aproveitou Xowi para roubarlle o título de Mariscal de Outono a Juanito Caminante, que segue a perder puntos cando o ceo está despexado. Semellaba poder conservar o liderato en Ventosa, pero unha etapa mediocre máis unha gran xornada de Xowi relegóuno á segunda praza. Beocha non defraudou e mantén a terceira praza a 4 puntos do líder e a 3 do segundo posto. Botikas supera a Verducido e Nanuq na 4ª praza, que os deixa en 5º e 6º lugar. Popolo continúa apertando e xa está na 7º praza. Aki está na 8ª escada, empatado con Sarabia, a vencedora en Ventosa. O Top-10 ven culminado por Modesto a 16 puntos do liderato.

Para acadar toda a información do acontecido na 13ª etapa, en Ventosa, pica no enlace embaixo exposto.

  • Cara mediados da semana publicaremos as estadísticas relativas á primeira metade da competición meteorolóxica.

O ecuador da competición Ler máis »

O remate do outono

Ventosa, en Navia de Suarna, marca o fin do outono en eltiempoentuojete. Despóis desta xornada comezaremos as datas xa no propio inverno meteorolóxico, polo que merece a pena rematar con dignidade esta primeira fase de competición. Asistiremos tamén á derradeira etapa anticiclónica, na espera da chegada das borrascas atlánticas na próxima semana. Pero esta etapa ainda se atopa dentro da posibilidade de inversión térmica. Veremos se Juanito Caminante remata a xornada coma campión de outono ou se a seca vai perxudicar a súa traxectoria.

As apostas en temperatura máxima van dende os 9 e os 14º C. Pola parte das mínimas, as apostas amosan valores entre 1 e 5º C. As apostas en pluviosidade están baleiras, mentras os refachos de vento oscilan entre os 10 e os 45 km/h.

Xornada moi igualada e cun desenlace incerto, que merece a pena ser seguida ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

O remate do outono Ler máis »