Informe xeadas

Esta semana remata a competición do mes de novembro. Polo tanto, temos pensado publicar unha crónica estadística do acontecido no citado mes. E para non chamuscar o cerebro con datos, esta semana publicamos un informe que da algunhas pistas sobre o que acontece na época de xeadas da Liga da Inverneira. Facemos un resumo do acontecido historicamente durante o mes de decembro e o de xaneiro. Máis adiante faremos público o do mes de febreiro. Polo momento deixamos esta primeira aproximación. Podes acceder ó informe picando no botón de embaixo.

Sorte e clima!!!

Informe xeadas Ler máis »

Declaración de intencións

Xornada libre de chuvia a desputada este domingo na Costa da Morte, no concello de Carnota. A estación de Lira deixa datos moi na liña do apostado pola maioría d@s meteoludópatas, polo que o resultado son grandes puntuacións, todas agás unha por riba dos 50 puntos.

A madrugada do domingo deixou a temperatura mínima en valores altos que non baixaron dos 10º C. As derradeiras horas estivo preto de descender a 9, pero non chegou a modificar a cifra anterior. A máxima tamén puido ser superior ós 16º C. finais, pero quedou a duas décimas de facelo. Sen chuvia en todo o día, o refacho fíxose decisivo. Na primeira metade do día acadóuse unha marca de 24 km/h. A partires do mediodía foi crecendo a forza do vento e pouco antes da caida do sol rexistróuse o refacho máximo do día, 47 Km7h. que foron definitivos para a resolución da táboa de resultados.

Exhibición de Botikas, xogador máis loureado da Liga da Inverneira, con 59 puntos. Un miserable kilómetro por hora afastóuno dun histórico pleno en Lira. Pouco máis que explicar da sua aposta, que semella vai meter o medo nos seus predecesores na Clasificación Xeral.

Seis xogador@s sumaron 58 puntos no seu marcador. Víbora, Popolo, Compoñente Sur, Budainca, Nanuq e Bar Pequeno. Curioso grupo con apostantes en tódalas zonas da táboa xeral. Semella que collen folgos cara o puro inverno galego.

E ata 10 xogadores marcaron 57 puntos, con Beocha, Verducido, Oscar, Xowi, Aki, Sarabia, Landrán, Kalandrakas, Breogán77 e Modesto. Mot@s del@s están imbuidos en loitas dentro do Top-10 xeral.

A xeral segue liderada por Juanito Caminante, que segue perdendo vantaxe cada vez que non chove. Catro puntos por tras chega Xowi. Máis lonxe, a 10 puntos váise achegando Verducido. Nanuq, 4º, Beocha 5ª e Sarabia 6ª tamen rouban puntos á cacheira. Alucarda baixa ata o 7º lugar achuchada por Botikas, Modesto e Aki que tamén rañaron vantaxe co liderato e pechan o Top-10.

Se queres acadar toda a información relevante da 9ª xornada da Liga da Inverneira no concello de Carnota, pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Declaración de intencións Ler máis »

Baixo o influxo do anticiclón

Lira é a sede da 9ª xornada da Liga da Inverneira. O motor desta etapa adoita ser o Atlántico e as suas borrascas. Pero semella que nesta ocasión vai ser o protagonista o Anticiclón das Azores e unha masa de aire frio que ven dende o norte. A falta de pluviosidade non vai ser óbice para un desenrolo emocionante e de posibles movimentos na Clasificación Xeral.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 14 e os 17º C. No que respecta ás mínimas, van dende os 6 ata os 12º C. A única marca sobre auga sinala 14 litros, o resto aposta pola seca. Os refachos de vento establécense entre os 19 e os 64 km/h.

Xornada moi axustada a que se presenta neste domingo, con pouca amplitude nas temperaturas e moita nos refachos, o que nos dirixe a unha etapa moi competida e con loita ata o derradeiro minuto. Para seguila ao vivo, pica neste enlace a partires das 01:30 h. desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Baixo o influxo do anticiclón Ler máis »

Inverneira extrema

Cando estamos a piques de comezar o ciclo de etapas de montaña, eltiempoentuojete preparou un resumo dos valores extremos rexistrados ó longo da historia da Liga da Inverneira de Galicia. Temperaturas máximas e mínimas rexistradas, maior cantidade de chuvia recollida e refachos de vento máis fortes rexistrados nas estacións meteorolóxicas de Meteogalicia. Pode ser que algunhas desas marcas podan ser superadas nesta edición da Liga da Inverneira…

Saudos!!!

Inverneira extrema Ler máis »