Inverneira extrema

Cando estamos a piques de comezar o ciclo de etapas de montaña, eltiempoentuojete preparou un resumo dos valores extremos rexistrados ó longo da historia da Liga da Inverneira de Galicia. Temperaturas máximas e mínimas rexistradas, maior cantidade de chuvia recollida e refachos de vento máis fortes rexistrados nas estacións meteorolóxicas de Meteogalicia. Pode ser que algunhas desas marcas podan ser superadas nesta edición da Liga da Inverneira…

Saudos!!!

Inverneira extrema Ler máis »

Muralla asaltada

Non era Muralla a mellor etapa para xogar sobre seco, pero a sua altitude e situación entre as rías de Arousa e Muros-Noia fixo que as diferenzas foran máis vastas do agardado.

A xornada comezaba cun protocolo revirado, onde a temperatura acadou o seu máximo con 15º C. cara as 05:00 h. da madrugada, un horario que coincide máis coa marca mínima. Pouco máis tarde a mínima quedaba estancada en 11º C. Houbo que agardar ata a noitiña para ver como baixaba ata os 6º C., xa preto do final da xornada, sendo xa definitiva. A pluviosidade foi un parámetro inútil, mentras o vento foi subindo paseniñamente ata que cara as 22:00 h. marcaba o seu máximo diario con 51 km/h., trocando as posicións adoptadas ata ese momento.

A baixada da temperatura mínima e o aumento do vento nas derradeiras horas destacou a 2 xogador@s que acumularon 59 puntazos. Somentes 4 kilómetros separaron a Modesto de completar o pleno e ainda menos no caso de Beocha, somentes a 2 kilómetros da perfección. Clavaron as temperaturas e perderon un único punto no vento, puntuación inaccesible para o resto.

Lume, Julio e Verducido quedan un punto por tras, despóis facer unha grande etapa e sumar 58 puntos.

Con 57 puntos remataron Balboa, Popolo, Mingos, Punteiro, Zalamera e Rasta76, pechando as 11 mellores puntuacións da xornada en Muralla.

A xeral segue comandada dor Juanito Caminante, que segue a perder nas xornadas en seco a vantaxe acadada nos días de chuvia. Xowi segue na segunda praza a 6 puntos de diferenza. Recortou un punto, igual que Alucarda no terceiro lugar. Verducido sitúase 4º con 12 puntos por baixo. Nanuq e Beocha comparten a 5ª praza a 14 puntos de distancia. Sarabia no 7º paso e Modesto na 8ª, achegándose á cacheira da clasificación. Botikas un punto por tras, xa a 18 puntos. Con un menos chega Balboa ata o Top-10, despóis de sacar do mesmo a Aki e Mjölnir, en decadencia en Muralla.

Se queres acadar tódala información do acontecido na 8ª etapa da Liga da Inverneira, en Muralla,pica no botón embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Muralla asaltada Ler máis »

Muralla desubicada

A xornada desta semana desenrólase en Lousame, no Monte Muralla. Estadísticamente é unha das etapas onde se recolle máis chuvia entre as estacións de Meteogalicia. Pero nesta ocasión vai pasar por unha etapa de transición. Pero moitos factores poden influir nas puntuacións da xornada. Teremos que analizar cal é a tendencia cara o inicio da tempada de alta montaña.

As apostas sobre temperatura máxima van dende os 11 e os 20º C. Moita amplitude tamén nas mínimas, con valores dende os 2 ata os 11º C. As casiñas de aposta en pluviosidade voltan estar baleiras, mentras as prediccións sobre refacho de vento oscilan entre os 19 e os 89 km/h.

Podemos comprobar moita amplitude en tódolos campos de aposta, polo que poderemos desfrutar dunha etapa con moitos movimentos posibles e que, ainda sen chuvia prevista, resultará moi emocionante e permitirá coñecer o nivel dos xogadores nunha etapa con fama de chuviosa pero que nesta edición pasará sobre seco. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 2:20 desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Muralla desubicada Ler máis »

Alto nivel predictivo

Xornada de grandes puntuacións en Cequeliños, tras a desputa da 7ª etapa da Liga da Inverneira. Non sendo os penalizados, tódol@s xogador@s superaron o umbral dos 50 puntos. Parabéns para tod@s!! As temperaturas máximas foron baixas para o apostado, quedando nos 14º C. A mínima establecéuse nos 4º C., dentro das prediccións asinadas. Como se agardaba non houbo precipitacións e os refachos de vento foron de grao medio, asentando nos 29 km/h.

Ocandepavlov non gañaba unha etapa en Galicia dende xaneiro do ano 2019, fai case 3 anos. Somentes medio grao de temperatura separóuno do pleno. Diferencióuse do resto de competidores con altas puntuacións á conta do acerto pleno no refacho. 59 puntos que conlevan unha grande subida na xeral e que merecen a sua terceira vitoria na Liga da Inverneira, a primeira en soidade. Noraboa!!

Por tras, ata 7 participantes con 58 puntos. Nanuq, Verducido, Beocha, Michi, Popolo, Iru e Lume acadaron a segunda mellor puntuación en Cequeliños. Con 57 puntos, Alucarda, Aki, Kaltxon e Oscar coronan unha xornada cunha efectividade de alto nivel.

Na clasificación xeral vemos como se aperta de novo o Top-10. Juanito Caminante segue coma líder, pero semella que perde puntos nas etapas en seco. Deixou varios dos puntos gañados na Serra da Faladoira na solleira etapa de Arbo. Xowi colócase a 7 puntos despóis de recortar 3 ó líder. Alucarda restou 4 dende a terceira praza. A un so punto sitúase Nanuq, 4º posto con 5 puntos sustraidos ó líder. Sarabia roubou dous puntos dende a 5ª praza, compartida con Verducido, que resta 5 puntos. Aki e Beocha no 7º e 8º posto despois de acadar altas puntuacións. Botikas, Mjolnir e M. B. Joaquín xusto por tras cunha diferenza de 20 puntos por baixo da cacheira da xeral.

Para acceder a tódolos datos derivados da 7ª etapa da Liga da Inverneira localizada en Cequeliños, preme no botón embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Alto nivel predictivo Ler máis »