As cifras de Outubro

Dende eltiempoentuojete presentamos algunhas estadísticas derivadas do acontecido no mes de Outubro. Os datos amosan ós mellores xogadores neste periodo, desglosados por parámetros. Pero tamén expoñen ós xogadores con o rendimento máis baixo. Por iso avisamos de que non vai ser plato de bo gusto para algún de vós. Pero a realidade das cifras está ahí e o que fixéchedes ven reflexado nas estadísticas presentadas. Pica no botón de enlace embaixo estas letras para acceder á crónica estadística de Outubro.
Saúde e sorte!!!
Meteoludópatas en escabeche
Nova etapa da Liga da Inverneira e volvemos falar dunha “escabechina“. E de novo á conta da chuvia recollida na Serra da Faladoira, en Ortigueira. Pouc@s se achegaron á marca do pluviómetro e apenas unha decena de xogador@s acadaron os 50 puntos. Moitos trocos na xeral, con “ascensores” subindo e baixando conforme ás puntuacións obtidas.
A noite de xogo comezaba con temperaturas altas, dando coma resultado un valor máximo acadado ás 06:00 horas da madrugada, á contra do acostumado, superando os 15º C. Nese momento xa se rexistraran 4 litros no pluviómetro, chegando a 12 antes do mediodía e progresando cara a medianoite ata os 19 litros definitivos. Pouco antes marcábase a mínima do día cando o mercurio descendeu por baixo dos 9º C., que xa quedou como permanente na ficha da etapa. Os refachos de vento estiveron máis presentes na primeira hora do día con rexistros varios por riba dos 60 km/h. Dende o amencer baixou a intensidade, deixando coma definitivos os 65 Km/h. que marcara no momento xusto da caída da temperatura.
Moitas variacións sufriron ámbalas táboas de clasificación. A dos resultados da xornada mudou en varias ocasións, pero a xeral tivo un comportamento cambiante extremo. Durante a primeira parte da xornada poidemos ver coma Juanito Caminante perdía a súa condición de líder para a continuación dar labazadas a esgalla, escorrentando á competencia e collendo o mando na Serra da Faladoira. Pero o exceso de auga e a baixada final da temperatura libróunos de ver outra fazaña do caudillo actual. Tiveron que ser os máis ousados baixo a chuvia os que recibiran o loureiro.
Balboa e Modesto gañan ó unísono con 56 puntos e reciben un grande pulo cara o seu ingreso no Top-10. Modesto acada a segunda vitoria nesta edición e revalida o trunfo do ano pasado. Ortigueira ten dono dende o comezo da sua participación.
Por tras, con 54 pts., entrou o líder, Juanito Caminante, que roubou puntos a todo o Top-10 e volve poñer terra de por medio. Kalandrakas tamén viu compensada a ousadía hídrica cunha posición moi preto do Top-10. Alucarda igresou 53 para espoliar a terceira escada do podio.
Nanuq chega á 5ª praza despois de achegar 52 pts. no seu marcador. Aki fixo o propio e ingresa no selecto clube do Top-10. Para Víbora o recorte foi importante e xa asoma a cacheira no posto 15.
Sarabia suma 51 puntos e xa está na cuarta praza, aprobando as expectativas xeradas na pasada tempada. O mesmo resultado para Beocha, que agora está aloxada no marco que define o Top-10 da Clasificación Xeral.
Estes son @s 10 destacad@s da xornada número 6 da VIII Liga da Inverneira, pero os resultados dan moito máis de sí. Podes consultar o acontecido no enlace que amosamos embaixo estas letras.
Saúde e sorte!!!
Ortigueira trae rebumbio
A estación de Serra da Faladoira quérese unir á lea de eltiempoentuojete. A verdade é que non nos podemos queixar do outono que levamos desputado, incluso pode ser o máis compricado de xogar nos anos de competición. Agardamos tren de borrascas co pior día no domingo, ainda que iso está por ver. Posibilidades de trocos na clasificación xeral á conta das prediccións.
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 13 e os 19º C. As prediccións para a temperatura mínima van dende os 7 e os 14ª C. Polo que atingue á cantidade de chuvia, as apostas fluctúan entre os 2 e os 23 litros, polo que a marxe e moi amplia neste parámetro. Tamén os refachos de vento sinalan diferenzas, con valores dende os 25 ata os 83 km/h.
Con este panorama temos ante nós unha emocionante etapa no litoral norte. Podes (e debes) seguir ao vivo a xornada neste enlace a partires das 02:30 (atent@s ó troco do horario de inverno). Promete emoción dende o primeiro minuto ata a derradeira hora e trocos significativos na clasificación.




