Lady Novembro

Xa están dispoñibles os datos e estadísticas de acerto no recén rematado mes de novembro. Podes atopar @s participantes máis louread@s nas derradeiras 4 etapas da Liga da Inverneira. Os mellores en cada parámetro, as vitorias e as medias de puntuación neste tramo de Liga. Pica no enlace para acceder á información.
Saúde e clima!!!
Presión na vangarda
O regreso da chuvia non colleu desprevidos @s meteoludópatas de eltiempoentuojete na súa parada e fonda en A Gándara, no concello de Vimianzo. Ata 8 participantes mallaron a cantidade de auga recollida: 9 litros. Denantes, na madrugada, a temperatura mínima non baixou dos 7º C., A máxima chegou ata os 11º C. no mediodía, un valor dentro da maioría das apostas. Pouco despóis de marcar a temperatura máxima rexistróuse o refacho máximo do día, con 57 km/h., cifras dentro do agardado polas prediccións.
De todas estas circunstancias asoma a cacheira un antigo vencedor da Liga da Inverneira. Víbora acadou 59 puntazos para unha etapa sobre mollado. Afitou a temperatura e a chuvia, somentes deixou un punto no refacho de vento. Entra no Top-10 compartindo posición para o asalto ao grupo principal.
Julio achegou 58 puntos, perdendo un deles na temperatura mínima e outro no refacho, parámetro que segue a dominar con destreza. Sitúase ás portas do Top-10 cando estamos a piques de comezar as xornadas de montaña, moi ventosas noutras ocasións.
57 puntos engaden Alucarda e Juanito Caminante. O líder volve demostrar que a chuvia é o seu mellor escenario, onde se desenvolve coma troita na poza. Rouba 5 puntos á segunda praza e somentes o gañador de etapa restóulle algún punto no Top-10. Semella que vai pasar o que resta de Liga no santuario da Virxe da Cova. Alucarda tamén desprende confianza no tempo húmido. Volta á 4ª praza compartida e a tiro de pedra dos adiantados.
Con 56 puntos atopamos a Nanuq, Beocha, Botikas, Modesto e Aki, tod@s inmersos en loitas no Top-10. Semella que calqueira pode optar ó título se continúan nesta xeira de resultados. Kaltxon, Landrán e Budainca acadan a mesma cifra pero, máis aló do posto 30, teñen moito por mellorar.
Juanito Caminante segue no liderato, con 9 puntos sobre Xowi, que ten 3 máis que Nanuq e 4 máis que Alucarda, Beocha e Verducido. A seguir e moi de preto, Botikas e Modesto. Pelexando polo Top-10, compartindo puntuación, Sarabia, Víbora e Aki pechan os 11 mellores da Clasificación xeral.
Se queres coñecer todo o acontecido na 10ª etapa da Liga da Inverneira, en A Gándara, pica no enlace embaixo exposto.
- Nos próximos días publicaremos as estadísticas relativas ó mes de novembro
Saúde e sorte!!!
O retorno da chuvia
Após 3 semanas do mes de novembro, todas elas de seca, semella que a chuvia volta a eltiempoentuojete para a desputa da 10ª etapa. A Gándara, en Vimianzo, agarda polas nosas prediccións, nunha semana con confluencias varias, onde o protagonismo ven da man de Arwen, unha borrasca que ven do norte tentando amedrentar o anticiclón, estomballado no medio da océano Atlántico.
Polo que respecta ás temperaturas máximas, oscilan entre os 9 ata os 14º C. Moi apertadas ás mínimas, dende os 4 a os 8º C., cun pico alto en 10º e outro baixo en 2º C. As prediccións para a recollida de chuvia establécense entre 1 e 13 litros, con apostas en tódolos valores. Os refachos de vento van dende os 19 ata os 77 km/h., moita marxe de puntuacións.
Se eu fora tí non perdería o desenrolo da etapa de A Gándara por nada do mundo. Xornada apertada pero con marxe de mellora para tódol@s competidores. Xa dende as 01:30 hras desta madrugada, podes seguila ao vivo dende este enlace.





