Clima bélico

Modesto achéganos un artigo que recoñece a labor en silencio da que foi unha das armas que axudou ó derrocamento do réxime fascista de Hitler e á sua maquinaria de guerra. Un apunte sobre como o clima pode influir ata nos conflictos bélicos. Pica na foto de embaixo para acceder á monografía da Rasputitsa.

Rasputitsa, por Modesto

Saudos e sorte!!!

Clima bélico Ler máis »

Pescando no deserto

Na derradeira xornada da VII Liga da Inverneira, na Serra do Eixo, o novato Modesto entrou no Top-10 da Clasificación Xeral. Foi dos que aproveitou a chuvia caida para achegarse ós postos de honor da Liga. Pódese dicir que “pescou no deserto”. Quizáis por iso fainos chegar un mini-documental que da voz a tres mulleres saharauis que tentan montar unha piscifactoría en Tinduf, nos campos de refuxiados de Arxelia. Se ainda non o viches, deixamos un enlace á páxina mesma do documental. Ademáis ten a opción de subtítulos en galego. 17 minutos onde se amosa que os soños poden voltarse realidade se pos as ganas suficientes. Pica na imaxe de embaixo para ver o documental. Tamén poderás atopalo en Botikas.org, no menú principal.

Saúde e boas festas!!!

Pescando no deserto Ler máis »

Apurando o desconto

Bella durante o domingo. Aemet

Xornada antolóxica a desputada no concello de A Veiga. O primeiro paso no puro inverno da Serra do Eixo foi un espectáculo tanto no meteorolóxico coma no senso ludópata. En moito foi debido á visita da borrasca Bella.

Comezaba a madrugada con frío pero sen chegar a valores negativos. E tampouco positivos, pois a mínima quedou neutral en 0º C. A máxima estancábase no 3º C. dende a madrugada, pero a partires das 18:00 h. e coincidindo coas primeiras pingas de chuvia, colleu folgos e a iso das 21:00 h. deixaba a marca en 5º C. O refacho de vento foi incrementando o seu valor ó longo do día e caras as 20:00 h. sinalou os definitivos 95 km/h. A chuvia, pola sua banda, fixo aparición antes do agardado. Para o peche da emisión ao vivo da estación, ás 24:00 h. (Meteogalicia leva unha hora de retraso na publicación dos datos) o pluviómetro acumulaba 6.3 litros. Pero nesa derradeira hora enchéuse o pipote ata definir os 10 litros finais.

Moit@s foron @s que estiveron á fronte da clasificación da etapa durante o desenrolo desta. O punto de inflexión foi cando o refacho acadou os 93 km/h., que deixaba a Julio en cabeza e con ventaxa suficiente. Pero o marcador da chuvia estaba a medrar a lume de carozo e Botikas empataba no primeiro posto da etapa ó peche da estación. A auga continuaba a cair, pero a conexión con Meteogalicia estaba pechada. Un consello: podes seguir esa derradeira hora no enlace “Gráficos dez minutais” na páxina da estación en curso. Alí comprobamos como, primeiro Lume e despois Punteiro chegaban forte dende atrás. O reconto final deixa a Punteiro coma gañador en soidade.

Esta vitoria elévao ata a cuarta praza en vitorias históricas. Na xeral empata con Julio na procura da cacheira da clasificación. Lume fai segunda e váise achegando ó Top-10. Con 51 puntos Julio, mantendo a 4ª praza e Botikas que colle as rendas da xeral con dous puntos de vantaxe. A sorpresa veu da man de Modesto, cos mesmos puntos, pero que sube dende o posto 16 directamente ó Top-10. A aposta en auga deixóuno aboiado na 8ª posición. Estes son os únicos xogadores que superaron a cincuentena de puntos.

Con 49 puntos Verducido, que perde 2 puntos sobre o líder. Balboa, que escada 2 lugares na távoa ata o 7, o mesmo que Breogán77, ata o 26. Con 46, Beocha, no 3º lugar da xeral, Landrán no 10º e Kaltxon na praza 22.

Destacar dentro do notable a Modesto e Landrán, collendo sitio entre os mellores atacando de lonxe. Gran xornada tamén para o líder e gurú climático Botikas, que semella que vai sair por tabaco. Julio achegándose de novo ó podio, tentando estabilizar o seu traxecto. A Balboa que volta dos infernos e, por suposto a Punteiro, que entra na loita de novo.

Negativos foron os resultados para a xeral de Michi, expulsado do Top-10 xunto con Víbora e Mina. Aki, Nanuq e Jose Lopez alonxándose dos tratores e no Top-10 Xowi pasa ó terceiro grupo de persecutores mentras Beocha perde comba co duo de cacheira.

Se queres destripar a xornada 14 desputada na Serra do Eixo, pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Apurando o desconto Ler máis »

Pechando o ano en altura

O anticiclón ainda domina este sábado

eltiempoentuojete remata o 2020 cunha xornada na Serra do Eixo das que prometen loita ata o final da xornada. O anticiclón ocupará a primeira metade do día, deixando tempo seco e frio. Pola tarde agardamos a chegada dun frente húmido que podería aportar unha cantidade indefinida de litros de auga e o vento collerá intensidade co paso das horas.

Con este panorama, as apostas de temperatura máxima oscilan entre os 2 e os 10º C. As mínimas van dende os 4 ata os -3º C, No parámetro da chuvia, as apostas están entre o litro en soidade ata o 8, con duas apostas de diluvio con 16 e 28 litros. No refacho de vento, con moita oscilación, temos apostas dende os 25 ata os 95 km/h.

Non perdas esta etapa, podes ser o heroe na Serra do Eixo ao paso da borrasca “Bella“, ainda que tamén podería ser “Besta“. Podes seguir a xornada minuto a minuto, dende as 01:30 desta mesma madrugada, dende este enlace ao vivo.

As apostas:

Dende eltiempoentuojete queremos dexexarte unhas festas sen “novidades”, mellor que non pase nada a que pase algo malo. Grazas pola tua lealtade á meteoroloxía afecionada e a seguir competindo e aprendendo no 2021, sen esquecer a derradeira xornada de 2020. Por isto, repetimos…

Saúde, sorte e festas sen novidades!!!

Pechando o ano en altura Ler máis »