Conciénciate

Nova alerta medioambiental achegada polo recente gañador, cacique da porra e conservacionista, doutor Botikas. Nesta ocasión na defensa do felino máis misterioso do planeta e dos bosques que ainda resisten o acoso das economías que destruen o noso mundo. Bótalle unha ollada clicando no enlace de embaixo. A decisión está nas tuas mans.

Clica nas imaxes para acceder á información.

Saúde e sorte!!!

Conciénciate Ler máis »

Pasión polo clima

A xornada de Ponte Caldelas foi das que fan afición, ou incluso adicción. Desenrolóuse dentro do que predicía a maioría das axencias meteorolóxicas, misturando unha fronte húmida dende o atlántico e outra dende o norte que trouxo a friaxe.

Somentes 7 meteoludópatas acadaron os 50 puntos. Duas horas despóis do inicio da xornada a estación de Ponte Caldelas xa recollera 24 litros e rexistrara 47 km/h de refacho. Isto rematou coas esperanzas de Denodeno, M. B. Juaquín e Kaltxon. Cara as tres da tarde a chuvia acadou os 40 litros e o refacho chegara ata os 52 km/h. Mutombo, con boa marca en auga, perdía 7 puntos no refacho. Bar Pequeno quedaba sen puntos en auga. A partires dese punto, unha morea de líderes temporais e innumerables trocos nas posicións da clasificación xeral.

Mentras a auga recollida continuaba crecendo máis paseniño, o refacho estancábase facendo perder puntos ós refachos máis altos. A temperatura mínima desplomóuse ata os 7º C. O líder, Balboa perdía 3 puntos neste parámetro, mentras agardaba unha chuvia que lle aportara algún punto. Na mesma situación nerviosa estaban Iago, Ocandepvlov, Lume, Popolo e Xowi. Apenas puntuaron un par deles…

No final de xornada semellaba que Michi podería recuperar o liderato e gañar a etapa. Beocha roubaba o premio na derradeira media hora pero un litro final deu a vitoria o cacique oficial de eltiempoentuojete, Botikas. A Verducido faltóulle un litro para o doblete, pero quedou na 2ª praza da xornada e asume o liderato na xeral. Beocha na mesma praza e segunda na xeral a un só punto. Botikas trepa ata o terceiro posto compartido con Nanuq, que mantivo o nivel anterior. Michi resiste no 5º lugar e pecha un Top-5 que abre un burato de 8 puntos co grupo persecutor que comanda Julio acosado por Sarabia, Juanito Caminante, Aki, Víbora e Punteiro pechando o Top-10. Por tras poucas diferenzas entre xogador@s. Destaca Budainca con 50 puntos.

Ainda con moitos contrastes nas puntuacións, a clasificación xeral segue moi apertada, non sendo o espazo entre 5º e 6º posto. Nótase a chegada a postos de cabeza de aspirantes a título. Entre os vellos, Botikas deu un golpe de man. A Juanito Caminante vémolo maduro para dar un paso adiante. Víbora e Mina asoman a cachola tentando recuperar a senda da vitoria, mentras Beocha e Verducido xa están agardando. Entre os novos, Nanuq poderia dar sorpresas, Julio semella fiable e constante e Landrán seica atopou a cadencia necesaria. Entre lusco e fusco aparecen ilustres da mediocridade que denotan melloras. Entre eles Michi, Sarabia, Jose Lopez

E como non podemos botar todo o día así, mellor que repases individualmente o acontecido en Ponte Caldelas, quinta cita da VII Liga da Inverneira en Galicia. Preme no botón de embaixo para acadar toda a información.

Saúde e sorte!!!

Pasión polo clima Ler máis »

A chamada do Olimpo

“Búscase meteoludópata amateur para praza no Olimpo Meteorolóxico de eltiempoentuojete. Requisitos: gañar unha etapa épica.”

Pensas que podes ocupar un posto de referencia no Olimpo?. Seguro que cando comezaches a xogar en eltiempoentuojete soñabas con gañar unha xornada coma a de Ponte Caldelas esta semana. Un lugar cunha grande relación coa chuvia pero que nas 6 edicións desputadas non rexistrou nada de chuvia. Pois semella que nesta edición imos ter unha borrasca profunda con frío, vento e chuvia. Pero… cánto de cada?. Iso é o que trataremos de averiguar a tropa de meteoludópatas, dentro dunha competición que pode trocar moito a partires desta xornada.

As apostas en temperatura máxima son moi parellas e oscilan entre os 12 e os 16º C. As mínimas, tamén semellantes, están entre os 6 e os 10º C. Polo que atingue á cantidade de chuvia, atopamos apostas dende os 2 litros ata os 80 que aporta o líder da Liga. No refacho de vento, apostas dispares que van dende os 17 ata os 85 km/h.

  • As apostas recibidas despóis das 24:00 horas non levan penalización dado que chegaron antes da 01:00 e non teñen retrasos anteriores. Recorda que a próxima xornada será a derradeira con extensión de unha hora. A partires da 7ª xornada, tod@ aquel que aposte despóis das 24:00 horas será penalizado.

Xornada polo tanto das que fan afición, con grandes marxes nos parámetros, sobre todo na pluviosidade e no refacho de vento. Non podes deixar de seguila e eiquí tes un enlace á xornada ao vivo, que dará comezo cara as 02:00 horas desta madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

A chamada do Olimpo Ler máis »