“Nacho” no Courel

Ainda metidos de cheo no tren de borrascas, este sábado imos recibir a visita de Ignacio. Despois de Gaetan e Hortense, Ignacio promete vento forte e chuvia intensa. Imos ver o panorama que agarda en chan ourensán, na Serra do Courel e se vai desbordar a Lagoa da Lucenza.

As temperaturas máximas oscilan entre os 5 e os 11º C. Máis apertadas están as mínimas, entre 2 e 6º C. A pluviosidade abarca apostas dende os 4 ata os 14 litros na sua maioría, ainda que atopamos 2 xogadores con máis de 20 litros. Os refachos de vento van dende os 40 ata os 90 km/h., ainda con algunha aposta por baixo de 30 km/h.

Con estes valores agárdanos unha xornada coa emoción ata o derradeiro minuto, coma sempre. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

“Nacho” no Courel Ler máis »

Xeada para os “Calvos”

Espectacular estrea da estación de Calvos, en Calvos de Randín, Ourense. A suplente de Cabeza de Manzaneda viña de dar as temperaturas mínimas no nosos país e non defraudou. Voltou repetir a mínima en Galicia con -8,2º C. e ademáis batíu o record da Liga da Inverneira e igualando o rexistro de Perisher Valley, en Australia. E non se fixo agardar, pois a primeira medición do domingo foi precisamente -8º C. Semella que as nubes non fixeron aparición na noite de Calvos. Por certo, Meteogalicia sinala este parámetro coma código 2, isto é, “sospeitoso“. E tampouco houbo nubes no mediodía, cando a máxima temperatura acadou os 13º C. Da chuvia, sen noticias. O vento foi frouxo na noite para permitir a xeada e medio-baixo no mediodía, cando o anemómetro sen calefactor chegou ata os 20 km/h.

Con isto, a vitoria levouna en soidade Verducido, por mor da mellor puntuación nas temperaturas, con 18 pts. Superou por tres puntos a Botikas, acadando a primeira praza da xeral e unha vitoria importante cara a xeral. Non gañaba unha xornada dende xullo do ano pasado.

Un punto por tras chegaron Marius con 56, que sube do 9º posto ata o 6º e ameazando ó 5º. E Vívora, agora colocado a un só punto do Top-10.

Con 55 pts entrou Kaltxón, coa mínima temperatura apostada, e ascende dende o lugar 21 ata o 16.

Catro ocupantes do top-10 engaden 54 puntos á sua conta. O ex-líder Botikas e Beocha, medallas de prata e bronce provisionais mantiveron o tipo e amplían nun punto a diferenza cos aspirantes a podio. Punteiro, 5º e Mina, 10ª, manteñen a posición da xornada pasada.

Tamén entre a élite, Julio suma 53 puntos na 4ª praza e Modesto 52, na 6º, tentando dar unha sorpresa que non sería tanta sorpresa.

Estos son os 10 contendentes principais na xornada de Calvos, 17ª da Liga da Inverneira. Na cara oposta atopamos a Landrán, retrasado e con mala aposta retrocede dende unha posición da que deron rápida conta os seus compañeir@s de grupete. Tamén retrasado, pero ben apostado, M. B. Juaquín. Os 14 meses que tardou en parir deixóuno con secuelas que tenta redimir. Balboa perdeu tódolos puntos na temperatura mínima e perde forza na sua traxectoria irregular. Popolo e Iru faiaron tanto na máxima coma na mínima, sen acadar 10 puntos en xeral.

Se queres máis información, saca as tuas conclusións directamente dos datos recollidos en Calvos. Accede picando no botón embaixo estras letras.

Xeada para os “Calvos” Ler máis »

Facendo un “calvos”

Inédita a xornada desta semana na Liga da Inverneira. Calvos é a estación meteorolóxica de Calvos de Randín, onde as temperaturas mínimas mexan “cubitos” por riba de lugares coma Manzaneda ou Lardeira. Semella que o episodio de friaxe rematou, pero iso xa se falou para este xoves, ainda que onte mesmo acadou os -11º C. Todo vai depender de se o ceo estará anubrado ou non. De estar nubrado, as mínimas poderían quedar en valores “normais”, pero se queda despexado e sen vento, a xiada será terrible.

Nas apostas atopamos por igual partidarios do nubrado e da xeada. As temperaturas máximas van dende os 6 ata os 15º C. Tamén as mínimas teñen moita amplitude, con valores que van dende os 3 ata os -7º C. As apostas en pluviosidade están baleiras, non sendo por unha aposta “cun par…” de litros. As predicións de refacho de vento son baixas con valores concentrados entre os 12 e os 30 km/h. agás unha aposta de 36 e incluso un 68, case triplicando a media xeral.

Daquela temos por diante unha xornada a explorar, sen referencias pasadas, con apostas moi variadas e incluso a ameaza de pleno ronda o domingo. Supostamente o refacho acadará o seu máximo cando a temperatura máxima desconxele o anemómetro. As mínimas podense dar tanto de madrugada coma na tardiña do domingo. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Facendo un “calvos” Ler máis »