Grande xornada a desputada no Penedo do Galo este domingo baixo a influencia de Alex, a borrasca que fixo das suas en Centroeuropa. Eiquí na Galiza non foi tanto, pero deixou unha competición espetacular para os meteoludópatas de eltiempoentuojete.
A temperatura tivo pouca amplitude térmica e deixou rexistros de 12 e 8º C. A auga recollida chegou ata os 13 litros e o refacho acadou unha velocidade de 84 Km/h.
Balboa foi o vencedor en soidade cunha aposta que somentes perdeu un punto por parámetro. O resultado deixóuno na segunda praza da xeral, a somentes un punto do líder.
O líder, Michi, acadou a segunda praza da xornada e mantén a posición de privilexio na távoa xeral.
Verducido e Beocha están no terceiro peldaño da etapa e entran no Top-10, a 4 e 5 puntos respetivamente do liderato.
Por tras, Nanuq, Landrán e Modesto acadan 54 puntos. Nanuq sube ata o terceiro posto, Landrán achégase ó Top-10 e Modesto, novato con aspiracións que esquece o varapau da xornada inaugural e comeza a trepar pola clasificación xeral.
Sarabia, Lume e Botikas pechan o Top-10 en Penedo do Galo e tod@s entran no Top-10 da xeral, posicionad@s coma aspirantes ó título.
Por baixo, unha mala selección en tódolos parámetros soterran a Breogán77 e a Bar Pequeno, vapuleados por un penedo duro de roer.
Pero se queres acadar tódolos datos resultado da etapa en Penedo do Galo, pica no enlace de embaixo.
A segunda xornada da VII Liga da Inverneira xógase na costa lucense. Pero o Penedo do Galo non é unha praia, senón un monte o que lle gusta o outono. Recolleu nesta semana cantidades de auga superiores ós 20 litros diarios e o refacho acadou os 132 km/h.
Semella que non será o domingo un día coma os anteriores, pero a borrasca Alex ainda está preto e deixará unha xornada de incógnitas a resolver polos meteoludópatas de eltiempoentuojete.
As temperaturas máximas encádranse entre os 11 e os 18º C. As mínimas van dende os 5 ata os 13º C. Nas apostas de pluviosidade, moita amplitude con valores que chegan ata os 23 litros e con mínimos arredor dos 2 litros. Moita variedade neste parámetro. No refacho de vento podemos atopar marcas dende os 21 ata os 95 km/h.
Primeira xornada da VII Liga da Inverneira, marcada pola inestabilidade na atmósfera e a estabilidade nos resultados d@s meteoludópatas de eltiempoentuojete.
Grandes felicitacións para a gran maioría de participantes pola calidade das apostas. Somentes 3 apostas non superaron os 50 puntos e ata 30 apostantes acadaron ou superaron os 53 puntos. Noraboa polo tino exhibido.
A vitoria levouna Michi, que suma a segunda neste enclave. Roubou a posición a Popolo tras baixar a temperatura mínima cara a noitiña, desfacendo a marca habitual da madrugada. A vitoria en soidade ten o agasallo do liderato da Liga sen mirar para as beiras.
Na segunda praza, a un soitario punto, un trio de aspirantes con Xowi, Lukas e Popolo. Dous por tras do líder, Balboa, Sarabia, Nanuq e Mingos. Con 55 puntos, e ampliando o Top-10 ata o 17, Julio, Jose Lopez, Juanito Caminante, M. B, Juaquín, Bar Pequeno, Ocandepavlov, Verducido, Punteiro e Lume. Moit@s grandes aspirantes neste primeiro grupo que non perden comba neste inicio de competición.
Por tras, un grupo que sobrepasa os 50 puntos e que, dende un pouco máis lonxe, vixía sen ser visto. Algúns ilustres atopamos que de seguro van mellorar esa posición.
No vagón de cola atopamos a Breogán77, vencedor na Ojete’s Cup de Belize. O vento foi quen de doblalo, pero non rompeu e verémolo nas prazas superiores. Modesto, o novato do ano perdeu puntos en tódolos parámetros e debe axustar os regraxes da sua predicción. Caso distinto o de Kaltxon, que abriu o rego no domingo e enchoupou as leiras. Cunha boa aposta sobre temperatura, era moi cedo para os grelos. Deberán remar a contracorrente, pero sen tolear, que ainda quedan 25 no peto.
Se queres coñecer todo o que deu de sí a xornada inaugural da VII Liga da Inverneira, en Corrubedo, preme no botón de embaixo estas liñas.
Corrubedo é a etapa encargada de dar o trabucazo de saída para a nova tempada de eltiempoentuojete. Coma cada ano, o concello de Ribeira recolle as prediccións meteorolóxicas da tropa de climatólogos amateurs. Este ano ven acompañada de tempo inestable, pero a incertidumbre é a nosa felicidade.
36 competidores apresentáronse antes das 24:00 horas (máis ou menos), pero a normativa permite eses pequenos retrasos nas primeiras xornadas. Con apostas moi semellantes, calqueira pode levar a vitoria e, de agasallo, o liderato da Liga.
As temperaturas máximas oscilan entre os 18 e os 23º C, con pico alto en 25 e baixo en 16º C.
As mínimas van dende os 11 ata os 16º C, cun pico mínimo en 6º C. Bastante amplitude neste parámetro.
Nas apostas de pluviosidade manda a seca absoluta, con algún litro solto e duas apostas moi húmidas, con 6 e 17 litros.
As prediccións para o refacho máximo de vento están moi apertadas, coa maioría de apostantes entre os 20 e os 50 km/h., cun pico máximo de 61 e un mínimo de 12 km/h.
Polo tanto agardamos moita emoción no desenrolo da etapa iniciática da VII Liga da Inverneira de Galicia. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 desta madrugada.
Destacamos neste primeiro embate a grande afluencia de meteoludópatas e agradecemos a tod@s a vosa presenza neste experimento “científico” de caracter único. Saudos a Modesto, novo integrante e a M. B. Juaquin, vello compoñente, troca de apodo e quizáis de sorte. A ver como vos portades…