Detalles de Belice
Este venres 7 comeza unha nova edición da Ojete’s Cup, o torneo de un-contra-un de eltiempoentuojete. Éstes son algúns detalles a ter en conta para entender a xornada.
No enlace da Xornada ao vivo (no Menú de Acceso rápido) podes atopar o que pasa diariamente na estación meteorolóxica da etapa. Está en Belice ao vivo.
Na parte superior desa páxina existe unha aproximación ós datos da xornada. Marca os mínimos e máximos en temperatura, auga acumulada e refacho. É somentes unha aproximación (bastante atinada). Os datos ímolos coller da gráfica na parte inferior da web, en Daily Data Overview. Está separada por parámetros e semella un “histórico” onde se almacenan os datos diarios do último ano.
Os datos de refacho están tomados en nudos náuticos. Faremos a conversión a kilómetros por hora.
Tendo en conta que existen moitas posibilidades de empate a puntos, sería bó que lle botaras un ollo ó Regulamento, onde se explican os mètodos de desempate
E recorda que podes coñecer o teu contrincante no Cadro de Competición inicial.
Saúde, sorte e clima!!!
Preto do epicentro
Esta semana a Liga Meteorolóxica de eltiempoentuojete facía a xornada de reflexión de cara ó inicio da Ojete’s Cup 2020 en Belice. Pero a OjeteQuake, a nosa Liga dos Terremotos continuaba á sua andaina na 6ª xornada. E desta vez foi benévola coa maioría da tropa, centrada no sureste asiático. Pouc@s apostantes puntuaron por baixo dos 400 puntos, cun sismo de 5,8 Mg. no Mar de Bismark, na costa norte de Papua Nueva Guinea. Gañador en soidade cunha grande eficacia tanto na localización coma na magnitude. Julio quedou a pouco máis de 200 km. do epicentro e a 0.1 de diferencia coa magnitude oficial. 495 puntos dos 500 posibles. Noraboa. O outro gran expoñente deste torneo, Balboa, descartóuse ´cunha xornada perdida, pero onte marcou a segunda mellor aposta da xornada e segue a ser perigoso. O líder e o Top-10 estiveron á altura e, salvo pequenos trocos na xeral, tod@s continúan en posicións de privilexio. Comeza tamén a observarse certas diferenzas na cabeza da xeral, pero nesta liga os trocos dunha xornada á seguinte poden ser masivos en movimento de puntos.
Se queres acceder á información acadada na 6ª xornada da OjeteQuake World Globe 2020, pica no botón de embaixo.
Recorda que se acadaches unha praza na Ojete’S Cup, a primeira rolda comeza este domingo, con aposta no venres, coma sempre. Busca o teu contrincante no Cadro de Competición e a información da xornada na Xornada en Curso.
Saúde e sorte!!!
O tremor continúa
Xornada de descanso na Liga Meteorolóxica, á espera da 1ª rolda da Ojete’s Cup en Belice. Pero non así na Liga dos terremotos, a OjeteQuake, que chega ata a sua 6ª xornada con varias baixas nas apostas, quizais por esquecemento, ou quizáis por contaxio en festas ilegais. Que sabemos o que estades a facer e imos pregar a Santa Bárbara para que vos mande unha treboada.
Dos participantes que acudiron á cita cos terremotos atopamos un gran grupo no sudeste asiático. Fora de alí, somentes algunha aposta en Mongolia, Xapón, o Mar de Bering e o Mar Caribe. As magnitudes máximas atopadas superan os 6 na escala.
Podes seguir o discurrir da xornada dende este enlace ao vivo.





