Na busca dun burato

Penúltima oportunidade para ingresar no grupo de élite que desputará a Ojete’s Cup (seica imos ó Caribe). Caballococha fai a cuarta xornada do Torneo de Vran en Perú Selva e toda a tropa de eltiempoentuojete busca o seu lugar.

As apostas en temperatura máxima establécense entre os 29 e os 34º C. As mínimas quedan entre os 21 e os 23º C., cun pico mínimo de 18. As apostas de pluviosidade van dende os 0 ata os 8 litros, mentras que os refachos de vento están entre os 9 e os 30 km/h.

Polo tanto, xornada a seguir con detalle. Podes seguila ao vivo dende as 07:00 horas da madrugada do domingo dende eiquí.

Na OjeteQuake o máis destacable é a non aparición (ainda) do terceiro clasificado e lenda das apostas sísmicas. As prediccións, coma de costume, na sua maioría no sudeste asiático. Variada presenza en Oriente Medio e no Golfo de Bengala. Apostas no norte de Xapón, California, México e Chile.

Case tódolos paus tocados nesta xornada que podes seguir ao vivo dende as 02:00 horas do domingo dende este enlace.

As apostas:

Apostas meteorolóxicas

Saudos e sorte!!!

Na busca dun burato Ler máis »

Contas axustadas

A falta de somentes duas xornadas para o remate do VII Torneo de Vran en Perú Selva, a loita por entrar entre os 16 mellores está no punto de fervura. A xornada de Pebas estivo capitalizada por unha temperatura máxima que chegou ata os 36º C. A mínima e o refacho de vento estiveron entre o apostado maioritariamente e a cantidade de auga acadou os 2 litros, un pouco por baixo do agardado.

Desta maneira temos un gañador en soidade, que engrosa a lista histórica de vitorias e entra con forza no Top-16. O líder continúa no seu mandato na xeral, ameazando con facer un Feijoo, ou sexa, botar no posto de por vida. Varios movimentos na távoa xeral, que mellor examines por tí mesmo no enlace embaixo estas letras.

A 3ª xornada da III OjeteQuake World Globe tamén deixa vitoria en soidade. A magnitude dos sismos foi subindo a modiño ata acadar un máximo de 5,3 Mg., localizado en Villa El Carmen, en Nicaragua. Moito movimento na xeral, con especial atención á aparición no Top-3 dos dous máximos expoñentes da competición sísmica, Lukas e Balboa. Seica van loitar de novo polo trono mundial da predicción sísmica. Toda a información da xornada no botón abaixo exposto.

Saúde e clima!!!

Contas axustadas Ler máis »

O ecuador en Perú

Chegamos á 3ª xornada das duas competicións en activo en eltiempoentuojete. Éste é un paso importante para o VII Torneo de Vran en Perú Selva, que con 5 xornadas, será decisivo para poder entrar no clube dos 16 mellores. As apostas voltan a conter precipitación, o que fai da xornada unha montaña rusa ó longo do día.

As temperaturas máximas oscilan entre os 28 e os 34º C. As mínimas establécense entre os 20 e os 24º C. As apostas en pluviosidade van dende 0 litros ata os 13. Os refachos de vento van dende os 6 ata os 25 km/h.

Esta xornada podes seguila ao vivo, a partires das 07:00 horas do domingo, neste enlace.

No tocante á OjeteQuake World Globe temos un mapa con apostas espalladas ainda que con concentración alta de persoal na zona do Mar de Filipinas, como adoita ser habitual. Tamén apostas en Europa e Oriente Medio, no Mar de Bering, México e na costa chilena. A magnitude máxima chega ata 6,2.

Podes seguir o devenir da xornada, dende as 02:00 horas do domingo, dende este enlace.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

O ecuador en Perú Ler máis »