O ecuador en Perú

Chegamos á 3ª xornada das duas competicións en activo en eltiempoentuojete. Éste é un paso importante para o VII Torneo de Vran en Perú Selva, que con 5 xornadas, será decisivo para poder entrar no clube dos 16 mellores. As apostas voltan a conter precipitación, o que fai da xornada unha montaña rusa ó longo do día.

As temperaturas máximas oscilan entre os 28 e os 34º C. As mínimas establécense entre os 20 e os 24º C. As apostas en pluviosidade van dende 0 litros ata os 13. Os refachos de vento van dende os 6 ata os 25 km/h.

Esta xornada podes seguila ao vivo, a partires das 07:00 horas do domingo, neste enlace.

No tocante á OjeteQuake World Globe temos un mapa con apostas espalladas ainda que con concentración alta de persoal na zona do Mar de Filipinas, como adoita ser habitual. Tamén apostas en Europa e Oriente Medio, no Mar de Bering, México e na costa chilena. A magnitude máxima chega ata 6,2.

Podes seguir o devenir da xornada, dende as 02:00 horas do domingo, dende este enlace.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

O ecuador en Perú Ler máis »

O fin da seca

Damos por rematada a carencia de auga que acompañaba @s compoñentes da Liga meteorolóxica de eltiempoentuojete. 4 litros foron os recollidos na estación de Requena. A temperatura máxima superou todas as expectativas, a mínima estivo dentro do agardado e o refacho de vento voltou ser pouco máis que unha brisa.

Isto déixanos un gañador en soidade, cunha perda de somentes 3 puntos, que o coloca no Top-5, presentando candidatura á vitoria final. O cacique de Arzúa colle o mando da xeral e será compricado sacalo do cumio. Fora dos 16 mellores atopamos varios candidatos á xogar a fase final que terán que remar contracorrente se queren unha entrada na Ojete´s Cup.

Podes acceder ós datos recollidos en Requena no enlace embaixo exposto.

No tocante á OjeteQuake 2020, gañadora recurrente que vence por cercanía, cunha vitoria que a eleva ó cumio dos vencedores de etapa históricos. Alaska mantivo un quake máximo ata que Vanuatu decidiu ser protagonista do domingo. A xeral, moi apertada, nunha competición que permite grandes trocos xornada a xornada. O importante semella ser non quedar descolgad@.

Revisa o acaecido na 2ª xornada da III Liga OjeteQuake no botón embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

O fin da seca Ler máis »

Na busca da verdade

eltiempoentuojete segue na busca da excelencia predictiva, desta vez na segunda quenda nas duas competicións en activo, o Torneo de Vran e a OjeteQuake 2020.

A 2ª xornada do Torneo de Vran en Perú Selva ten lugar en Requena, tamén no departamento de Loreto, no noreste do país. As apostas en temperatura máxima van dende os 27 ata os 34º C. As mínimas van dende os 21 ata os 23º C., cun pico mínimo de 19º C. As apostas en pluviosidade son máis moderadas que na pasada xornada e van dende 0 litros ata os 12. As prediccións de refacho de vento son baixas e oscilan entre os 9 e os 31 km/h. A xornada comeza cara ás 07:00 horas e podes seguila ao vivo dende eiquí.

A Liga OjeteQuake celebra a sua segunda xornada con acumulación de apostas no sureste asiático, sobre todo Indonesia e Filipinas, pero con grupos tamén en Xapón e na Fosa das Marianas. Podes atopar apostas dispersas no Mar do Caribe, no Golfo de Bengala, en Oriente Medio e na costa de Chile. A xornada comeza cara as 02:00 horas e podes vivila en directo dende este enlace.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Na busca da verdade Ler máis »