Soñando con canguros

gaiteiro soñando con canguros bajo la lluvia

Dende eltiempoentuojete desexamos que estés o mellor que se poida nunha emerxencia pandémica coma esta. Agardamos que te manteñas o máis protexido posible. Ou, no pior dos casos, que teñas ou tiveras o COVID-19 e non te afectara de maneira grave. E enviamos unha grande aperta envasada ó vacío a tódol@s profesionais da sanidade, en especial @s participantes nas competicións de eltiempoentuojete. E tamén a aqueles que facedes que as cousas traballen coma deben. Moit@s non poden quedar na casa. Mil grazas.

Pola nosa banda pouco podemos facer máis que aconsellar o confinamento como mal menor (avituallad@s, por suposto). Ainda que non tiveramos data sinalada, vémonos na obriga de retrasar o banquete de entrega dos premios correspondentes á VI Liga da Inverneira ata se resolva o tema Coronavirus.

O que sí continúa cara adiante é a celebración da VII Liga de Primaveira en Nova Gales do Sur, a comezar o vindeiro domingo, con aposta o venres. Supoñemos unha grande competencia, xa que temos máis tempo do normal para pensar nas apostas. Nos Menús xa podes atopar toda a información referente ó novo desafío. Coma sempre, agardamos por tí para seguir sendo un referente mundial da meteoroloxía amateur.

Namentras chega o día, continuamos apresentando Monografías. Desta vez, unha nova entrega da saga de Tipos de Nubes, os Altostratos. Da mesma maneira publicamos unha petición para mellorar o mundo. En Botikas.org podes atopar un artigo pola defensa d@s indíxenas brasileiros na loita contra o xenocidio promovido polo goberno de Bolsonaro.

Saúde e coidadiño!!!

Soñando con canguros Ler máis »

Presentación da VII Liga de Primaveira

Dende eltiempoentuojete presentamos o novo desafío para a primaveira de 2020. A VII edición da Liga de Primaveira vaise celebrar en territorio australiano. Vai ser a terceira visita que facemos ó xigantesco país de Oceanía. Despóis de facer parada e fonda en Tasmania (2016) e no Western Territory (2018), desta vez o destino será a costa de New South Wales, no extremo oriental de Australia. 9 xornadas acariñando o Mar de Tasmania e unha etapa final na estación de esquí máis grande de Australia, a pouco máis de 200 kms. de Camberra.

Coma sempre, terá moito gañado quen consiga unha boa ubicación da estación meteorolóxica en xogo. Por iso sempre recomendamos pasar pola páxina da xornada, onde se informa con precisión do lugar de xogo. O ser un territorio da Commonwealth, o nome do lugar pode ter outros similares noutros territorios con nomenclatura inglesa. Por iso a xeografía será unha parte importante das apostas.

Hai programadas 10 xornadas, todas a xogar no domingo. As penalizacións por chegar fora do tempo regulamentado aplicaranse dende a primeira xornada. A diferencia horaria é favorable, polo que as apostas terán menos de 24 horas de diferenza co inicio da xornada. A costa de New South Wales ten 10 horas máis que a correspondente a de Galicia, polo que a xornada ao vivo comezará cara o mediodía do sábado. Os resultados serán presentados o luns o mediodía, dado que non coñecemos o tempo de verificación dos datos.

A axencia distribuidora de datos, coma nas anteriores ocasións será o BOM, o Bureau of Meteorology do Australian Goverment. En principio somentes actualizan os datos duas veces ó día, pero agardamos atopar unha opción máis polo miúdo. (Atopado un sistema por horas).

  • Os parámetros de temperatura máxima e mínima e o refacho de vento tómanse nas 24 horas correspondentes ao día en curso, e son verificadas cando pasan ós datos históricos do mes polo BOM.
  • O parámetro da auga tómase dende as 09:00 horas da xornada ata as 09:00 horas do día seguinte por parte do BOM. Nós colleremos os datos recollidos dentro das 24 horas que nos corresponden e faremos a suma. Polo tanto, ese rexistro será distinto o dato que o BOM almacena nos históricos do mes. Por mor disto, o dato da pluviosidade non necesitará verificación na távoa mensual.

A competición dará comezo o domingo día 5 de abril, con aposta o día venres 3 e finalizará o 7 de xuño de 2020. As xornadas serán os domingos, con apostas o venres antes da 24:00 horas. Para máis información, pasa pola páxina de Regulamento. Tamén podes poñerte en contacto no correo electrónico da páxina: eltiempoentuojete@gmail.com

Presentación da VII Liga de Primaveira Ler máis »

Crítica final de Cuntis

Xa está a disposición de tod@s a crítica crónica da derradeira xornada da VI Liga da Inverneira, en Xesteiras, Cuntis. Perpetrada por Popolo, aborda temas de actualidade, con xermes históricos. Podes atopala no botón de embaixo.

Recorda que a partires de mañán Venres 20 de Marzo comezaremos a desgranar a VII Liga de Primaveira. E para deixar unha pequena perla, podemos dicir que o continente seleccionado é Oceanía.

Saude e sorte!!!

Crítica final de Cuntis Ler máis »

Facendo historia

A derradeira xornada da VI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo á altura dunha etapa final e a estación respondeu coma non fixera o ano pasado. eltiempoentuojete corona por terceiro ano consecutivo a Botikas, o lóstrego atetillado de Arzúa. Cando gañas duas veces consecutivas entras na suite do Olimpo da meteoroloxía amateur, pero con esta terceira vitoria hai que darlle as chaves e o código da alarma. eltiempoentuojete, coma no “1,2,3, responda otra vez“, tamén regalamos apartamentos en zonas exclusivas. Noraboa o merecido campión!!!

Polo que corresponde á xornada, os tres primeiros clasificados foron os mellores en Xesteiras, signo do competida que estivo a etapa. Non se moveu nada no Top-10 agás a perda do mesmo de Alucarda, por unha penalización por retraso. Tamén penado Juanito Caminante, mantivo o posto cunha moi decente puntuación. Destacar o 3º posto do novato do ano, Julio, diamante en bruto que agardamos continúe a traxectoria amosada nesta competición.

Antes de presentar os datos de Xesteiras, eltiempoentuojete quere agradecer a tódol@s que xogades con nós esta tempada, ós que manexan as távoas e a páxina para facer posible unha competición ÚNICA a nivel mundial. A calqueira que fixera, dunha maneira ou doutra, con pequenos ou grandes apoios, calqueira cousa que axudara o mantemento e apoio a eltiempoentuojete, mil grazas por estar eiquí, con nós.

Ademáis, estades tod@s convidad@s á proxima competición, a celebrar en primaveira en New South Wales e da cal daremos conta a partir desta fin de semana. As autoridades permiten viaxes on-line e non agardamos problemas en Australia.

Se queres investigar nos datos acadados na xornada final da VI Liga da Inverneira, en Xesteiras, Cuntis, pica no botón abaixo estas liñas.

Sorte e clima!!!

Facendo historia Ler máis »