Friaxe en Murrurundi

Notouse a altitude da 2ª xornada da Liga de Primaveira e fixo descender as temperaturas significativamente con respecto á derradeira xornada.

Na sobremesa da domingo quedaron fixos os resultados diarios, ainda que suxeitos á verificación final do BOM. E de novo a axencia meteorolóxica australiana trocaba un parámetro que deixaba o novato de primaveira sen unha vitoria espectacular. Quedaba nese momento a un único kilómetro do pleno, na que sería a estrea máis grandiosa dun novato. Pero o BOM non é un anxo. En Kempsey trocou o vento, e, en Murrurundi elevou un grado a temperatura máxima, que fixo que un vello xogador, instalado por norma xeral na zona media, gañara en soidade e ademáis colle as rendas da Clasificación Xeral. Por tras, somentes un participante por baixo dos 50 puntos e todo ainda moi apertado.

Se queres coñecer todos os datos recabados na xornada de Murrurundi, pica no enlace embaixo exposto. Tamén publicamos a Crítica crónica da xornada inaugural en Kempsey, a cargo de Iago.

Agardamos que tod@s manteñan a saude nos tempos do COVID-19. Cóidate moito

Friaxe en Murrurundi Ler máis »

Un nome especial

A segunda xornada da Liga de Primaveira en New South Wales lévanos ata un lugar cun nome ben estrano. Murrurundi Gap, un lugar de altura, presentará batalla a cada meteoludópata personado na liña de saida.

Agardamos unha nova xornada en seco, despois de dous días de chuvia. As temperaturas máximas van dende os 16 ata os 23º C. As mínimas, entre 5 e 10º C. Pola banda da pluviosidade somentes un litro por parte dun dos apostantes. No refacho de vento, as apostas enmárcanse entre os 16 e os 49 kms./hora.

Polo tanto temos por diante unha xornada moi apertada, que podes seguir ao vivo dende este enlace, a partires das 15:30 de hoxe.

As apostas:

  • Recordamos a tod@s @s meteoludópatas que a hora límite para a recollida de apostas con penalización son as 04:00 horas do sábado. Isto ven dado polo adianto que ten Australia sobre Galicia e fai que non aceptemos apostas mañaneiras.

Saude e sorte!!!

Un nome especial Ler máis »

Aprobad@s con nota

Rematada a primeira xornada da VII Liga de Primaveira en New South Wales, temos que felicitar a case canto apostante se presentou a esta nova aventura de eltiempoentuojete. 2 apostantes perdidiñ@s no mapa e un retrasado foron os únicos participantes por baixo dos 50 puntos.

De novo temos que falar de dous gañadores nos datos previos que foron desprazados da vitoria por un troco de vento na actualización final. Lembrade que os datos son as medias durante o periodo de media hora. Debemos agardar á publicación nos datos históricos definitivos para poder conformar a távoa de resultados. Coma en Meteogalicia, vamos. Pois iso fixo posible a vitoria en soidade do actual rey dos terremotos, que destaca máis no exilio que na casa. Quedou a un so grado de temperatura de acadar o pleno. Por tras, poucas diferenzas nunha xornada onde 22 xogador@s superaron os 55 puntos. Noraboa a tod@s!!

Se queres ampliar a informacion da xornada en Kempsey e comprobar o teu rendimento, fai clic no botón abaixo exposto.

Sorte e moita saude!!!

Aprobad@s con nota Ler máis »

A liña de saida

Xornada inaugural da VII Liga de Primaveira baixo o estado de emerxencia polo coronavirus. Afortunadamente somos das poucas competicións ó aire libre que temos permiso específico para desenrolar o noso vicio meteorolóxico. Todo grazas a que as estacións de o BOM, o servizo australiano de meteoroloxía, están automatizadas. Agardamos non ter problemas na recepción dos datos.

Nesta primeira xornada semella vaise desputar sobre seco. As apostas recordan o inicio da Liga da Inverneira, con amplitude nas temperaturas e vento baixo.

As máximas van dende 22 ata 25º C., cun pico mínimo de 15º C. As mínimas están entre os 7 e os 14º C., grande amplitude nas apostas. A única referencia á chuvia é de 18 litros, sendo o resto de 0. No refacho de vento, oscilan entre os 12 e os 40 km/h., cun pico en 60.

Con estas estimacións agardamos unha xornada moi desputada, con marcadores moi semellantes entre eles. Recorda que podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace. Cara as 15:30 de hoxe, en menos dun par de horas conectaremos a xornada ao vivo. Por esa mesma razón, a do inicio da etapa, non recolleremos apostas máis alá das 04:00 horas da madrugada do sábado. Ou sexa, se puntual, por favor. O avance de apostas pasa a publicarse ás 01:00 do sábado.

  • Os resultados do BOM actualizan cada 30 minutos.

E damos á benvida a un novo meteoludópata no xogo, Marius, que agardamos forme parte da canteira milagrosa de eltiempoentuojete. Tamén saudar a Cesar, inactivo durante máis de un ano, que volta a unha competición que xa gañou no pasado, de igual maneira voltando do retiro.

As apostas:

Saude e sorte!!!

A liña de saida Ler máis »