Agardando baixo as nubes

Nimbostrato praecipitatio en Pontevedra

Mentras agardamos pola edición das Críticas crónicas de O Cebreiro e Fornelos de Montes (a cargo de Punteiro), Verducido retoma unha serie de monografías case esquecida dende fai algún tempo. Publicamos o capítulo dedicado ás nubes de tipo Nimbostrato, moi popular na inverneira de Galicia. Un repaso pola sua formación e características e algún consello para diferencialas do resto de nubes. Podes atopala na sección de Monografías, pica eiquí enriba para acceder.

Agardando baixo as nubes Ler máis »

Fornelos e a chuvia

Impresionante a relación que existe entre Fornelos de Montes e a chuvia. As prediccións das axencias pronosticaban chuvia feble para a zona interior da provincia de Pontevedra. Pero “chuvia feble” en Fornelos significou 17 litros de auga. A partires de un pronóstico diario estable tivemos unha fin de xornada moi movida. O derradeiro litro de auga trocou o vencedor, o vento acadou a sua máxima na derradeira hora de competición e a temperatura máxima estivo a piques de acadar o seu tope na hora final.

A partires de isto, temos un vencedor en soidade, que acadou a sua vitoria nos derradeiros minutos da xornada, a primeira nesta liga. Por tras, o novato do ano presentou un órdago que o coloca na segunda posición e ainda ameaza ó líder, que cunha gran xornada evitou en parte o ataque dende lonxe. Mención especial tamén @s amig@s de Corrubedo, terceiros na xornada e preto da vitoria á conta das espectaculares apostas en chuvia. Desta vez, case o logran.

Con esta xornada temos trocos apreciables na clasificación xeral, que podes apreciar por tí mesmo estudiando os datos rebadados na xornada. Pica no botón abaixo exposto e accede a tódolos datos en Fornelos.

Saudos e sorte!!!

Fornelos e a chuvia Ler máis »

O tramo final

En Fornelos de Montes comeza a derradeira quenda de xornadas da VI Liga da Inverneira. 6 etapas onde atopamos xornadas de costa e de interior, de media altitude e achanzadas, e entre elas, algunha das denominadas etapas trampa.

Na primeira visitamos Fornelos de Montes, unha das máis chuviosas do país galego. As prediccións falan de chuvia en cantidade media, pero Fornelos nunca ensina as suas cartas ata o día de autos.

As apostas de temperatura máxima son moi estables, entre os 9 e os 13º C., cun pico de 15. As mínimas, tamén moi apertadas, establécense entre os 3 e os 7º C. A maioría das apostas de auga van dende os 2 ata os 10 litros, con picos máximos en 14, 17 e 18, e mínima de 0. Polo que respecta as apostas de refacho de vento abranguen dende os 30 ata os 60 km/h., con picos de 65 por riba e de 20 por baixo.

Desta maneira temos unha xornada moi igualada e que promete emoción ata os derradeiros instantes, e promete un final de infarto. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, a partires da madrugada do domingo.

As apostas:

Saude e clima!!!

O tramo final Ler máis »

Alto nivel en O Cebreiro

Xornada de grandes puntuacións a celebrada no concello de Pedrafita do Cebreiro, na 19ª xornada da Liga da Inverneira. Somentes 3 participantes baixaron da liña dos 50 puntos, dous deles penalizados. Noraboa a tod@s polo acerto acadado.

No cumio atopamos a 2 vencedores ó unísono, con 59 puntos. Un deles estivo separado do pleno por unha décima na temperatura e o outro por menos de 2 km/hora. Os 2 enleados no Top-10, meten medo no resto de compoñentes da parte alta da távoa clasificatoria.

Por tras, pequenos movimentos na xeral, que podes investigar por tí mesmo nos datos recollidos na xornada de O Cebreiro. Podes atopar un enlace baixo estas liñas.

Saudos e sorte!!!

Alto nivel en O Cebreiro Ler máis »