Tempo de secano

Esta terceira xornada da Liga da Inverneira ven, a priori, con escaseza de chuvia. O cumio de Castro Vicaludo, ó carón do mar váise decidir nos parámetros de chuvia e vento. Imos ver se o líder da xeral segue a impoñer a súa man de ferro ou, pola contra, empezan a asomar outros candidatos coa forza necesaria para opoñer a resistencia que dé á cmpetición a emoción que precisa.

As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 16 ata os 22º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 10 e os 16º C., tamén con bastante oscilación A precipitación é un parámetro pechado, con somentes unha aposta con chuvia, con 1 litro. Mentras. os refachos de vento van dende os 17 ata os 51 km/h., sendo un parámetro tamén bastante aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas grandes diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.

As apostas:

Tempo de secano Ler máis »

Claras intencións

Esta segunda xornada da XIII Liga da Inverneira tivo un desenvolvemento similar á primeira. Ameazaba chuvia no Penedo do Galo pero ninguen agardaba unha cantidade de auga tan abundante. O vento foi de carácter medio e as temperaturas, apenas tiveron oscilación térmica, desembocando en puntuacións baixas en tódalas zonas da táboa e, sobre todo por causa da chuvia.

As temperaturas apenas se mover nunha marxe de 3º C., acadando unha cunha máxima de 16º C., baixa para os derradeiros días e unha mínima típica para o tempo no que estamos, con 14º C. A presenza da chuvia era de probabilidade cáseque segura e o confirmóuse cun total de 21 litros, por riba da media do agardado. O vento marcou un refacho máximo de 53 km/h., na media do que apostaba a maioría dos xogadores punteiros.

Botikas repite vitoria, desta vez sendo o único que acadou os 50 puntos en Penedo do Galo. Dúas de dúas vitorias en soidade en sendas xornadas desputadas prometen intensidade máxima pola súa parte para recuperar unha coroa que nos dous derradeiros anos cambiou de cachola. Pleno en temperatura, moi preto del no refacho e perdendo os 9 restantes puntos na pluviosidade. Liderato absoluto sen cargas despóis destas 2 xornadas e unha distancia de 5 puntos co mellor dos persecutores. Semella enfocado dende o principio.

Julio e Modesto entraron no segundo posto sumando 49 puntos. O mellor coeficiente de aposta en chuvia era para Modesto, pero un rendimento medio no resto de parámetros achegou a Julio, que empatou a puntuación e colócase no 2º da clasificación tras Botikas. Modesto saltou dende o pozo da xeral ata o derradeiro posto compartido do Top-10.

Mina amosou medias mediocres en tódolos parámetros pero a chuvia aportóulle o que o resto non tiña para un total de 48 puntos e a saída do inferno da xeral onde se atopaba. Agora circula máis cómoda xusto por tras do cabo do Top-10.

Tamén Kaltxon saíu do soto no que quedara tras unha primeira xornada pouco afortunada para situarse no 8º posto. Fixo 46 puntos, do mesmo xeito que Enrico Ferni, que ainda perdendo unha praza con Julio, mantén o podio no seu derradeiro chanzo, non moi lonxe da cachola da xeral.

E con 45 puntos atopamos a Compoñente Sur, cunhas marcas discretas pero superiores ás puntuacións penosas do resto, con máis dignidade. Empatado con Kaltxon, mantén intactas as esperanzas de elevar o seunivel nesta edición da Inverneira.

Estas son as 8 posicións principais na clasificación desta semana en Penedo do Galo. Semella que os grandes aspirantes van topando o seu lugar na táboa, ainda que botamos a unha gran loitadora en auga, Magor e tamén a Landrán, ainda que agardamos velos no Top-10 en vindeiras datas. E por suposto, a tí, aspirante agochado. Temos necesidade de nov@s heróes que sorprendan e apuñalen polas costas a esta recua de sabelotod@s. Estás presente para deixarnos coa boca aberta?

Para acadar tódolos datos recollidos na 2ª e chuviosa etapa da XIII Liga da Inverneira, Penedo do Galo, pica na ligazón baixo este texto.

Claras intencións Ler máis »

Un galo preto do mar

Esta 2ª xornada da Liga da Inverneira fondea na provincia de Lugo, pero na banda da costa. Alí atopamos un penedo sobre Viveiro, de altitude considerable onde Meteogalicia instalou unha estación meteorolóxica. É das máis activas en vento a nivel do país e das máis chuviosas na provincia. Ademáis semella que esta fin de semana trae chuvia polo que poderemos comprobalo de primeira man no Penedo do Galo.

As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 15 ata os 21º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 10 e os 18º C., tamén con bastante oscilación A precipitación é un parámetro aberto, con apostas dende 0 ata 17 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 19 ata os 67 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas grandes diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.

As apostas:

Un galo preto do mar Ler máis »