Atención!! Troco!!

aviso de troco

Debido ó non funcionamento da estración datada para esta semana en Pundibari, no distrito de Cooch Behar, vémonos na obriga de trocar a estación. Para elo utilizaremos o destino da 3ª etapa, Kalimpong, no distrito do mesmo nome. Gardaremos a estación de Pundibari para a próxima semana, agardando que traballe como é debido e, de non ser o caso, faremos un troco definitivo a outra estación da contorna. Pedimos humildemente desculpas polas molestias ocasionadas, pero máis vale cedo que tarde. Os trocos nos enlaces xa están actualizados.

Atención!! Troco!! Ler máis »

Deja vu

Estou confundido ou semella o inicio da Liga de Primaveira no Adriático? Erro dos mellores na pluviosidade e o mesmo gañador. Seica non foi o comezo agardado por moit@s dos meteoludópatas, certo é que a maioría supoñía unha maior cantidade de auga nesta etapa inaugural do Torneo de Vran. Pero o monzón é antolladizo e non respeta opinións de deuses meteoludópatas amateurs. Non é doado ver a Bar Pequeno e Denodeno comandando a clasificación xeral, como tampouco ver a Botikas coa 3ª pior puntuación da xornada. Tomade nota, probablemente non volvades a ver tal situación (a de Botikas, Bar Pequeno e Denodeno repiten coma no Adriático).

As temperatura máxima quedou en 31º C., mentras que a mínima, por chamala dalgunha forma situóuse nos 28º C. A chuvia sumou 5 litros, xa que o litro de primeira hora pertencía o día anterior. O vento chegou ata os 15 nós, 28 km/h. para a nosa táboa.

Somentes o gañador, Bar Pequeno, con 54 puntos superou a barreira dos 50 puntos. Perdeu 2 puntos nas temperaturas, somentes 1 na pluviosidade e 3 no refacho de vento para converterse no líder provisional da clasificación xeral. Pero coidado, calqueira día deixará de chegar tarde e dará un disgusto ós competidores máis avezados. De momento, comanda a xeral e engade unha vitoria en soidade no seu casilleiro.

Mingos e Denodeno obtivero 49 puntos a partires de situacións diferentes. Mingos perde 8 puntos na chuvia, 2 nas temperaturas e somentes 1 no vento. Denodeno apostou por 1 só litro, perdendo 4 puntos. Pero deixou 4 na temperatura mínima e 3 no vento. Ocupan o 2º posto da xeral e semellan preparados para manter o tipo.

Beocha fixo 47 puntos, perdendo 3 nas temperaturas, 9 na chuvia e só 1 no refacho de vento. 3ª mellor puntuación e 4º posto na xeral, no que se sente coma na casa ainda que non perderá oportunidade de mellorar e incluso alzarse coa vitoria.

45 puntos para Marius e Compoñente Sur, dous dos eternos aspirantes a subir o seu nivel predictivo. Con pluviosidade e refacho diferentes chegan ó mesmo término e co premio do Top-10 aspirando a todo.

E semellantes foron as apostas de Mina e Punteiro, que acadan os 44 puntos en Gangasagar. entrando tamén no Top-10 e presentando candidatura para unha boa competición. Dous grandes da predicción que non pasan polos seus mellores momentos e quizais sexa a oportunidade de petar na mesa.

Estos foron as 8 mellores puntuacións en Gangasagar, etapa inaugural do Torneo de Vran en West Bengal, na India. Para acadar máis información sobre o acontecido, pica no enlace que atoparás baixo estas letras.

Deja vu Ler máis »

O sur de Bengala

Benvid@s meteoludópatas participantes nesta X edición do Torneo de Vran, a desputar en West Bengal, o estado máis oriental da India. Ante todo desculparnos polo retraso na publicación das apostas pero, como xa sabedes, os inicios nas competicións no extranxeiro non son doadas e cústanos un pouco adaptarnos a costumes e horarios estranos. ais xa estamos situados en Gangasagar e o inicio da competición está a somentes minutos.

As apostas para as temperaturas máximas oscilan entre os 30 e os 33º C. Polo que respecta ás mínimas, van dende os 24 ata os 29º. Proba de que é unha zona chuviosa son as apostas en pluviosidade, enmarcadas entre un único litro e 46 como máximo. No que atinxe ós refachos de vento, as apostas están entre os 6 e os 56 km/h.

Dadas estos valores agárdanos unha xornada inaugural moi atractiva, emocionante e de inesperado resultado. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 desta mesma madrugada e, en horario continuado, dende a mañanciña do domingo ata o remate da xornada. Para acceder os datos da IMD india, podes consultar este pequeno tutorial onde explicamos cómo ler correctamente os datos da axencia meteorolóxica india.

O sur de Bengala Ler máis »

Desafío Bengala

Benvid@s meteoludópatas a un novo desafío de predicción meteorolóxica de eltiempoentuojete. Nesta ocasión a convocatoria é para o Torneo de Vran, que para a súa décima edición desprázase ata o continente asiático para desputar en terras indias o X Torneo de Vran en West Bengal. E antes de nada confirmar que este torneo de só 5 xornadas é a antesala da celebración da Ojete’s Cup, o certamen por eliminatorias que pecha oficialmente o ano climático de eltiempoentuojete.

Polo tanto, non só estamos a falar dunha vitoria final nunha competición senón da necesidade de entrar entre as 16 mellores puntuacións, as que darán acceso á Ojete’s Cup, con probable destino tamén nesta zona do planeta.

E como hai que clasificar, as oportunidades de chegada tarde quedan excluidas nesta competición. Penalizarase a quen chegue máis aló das 00:00 horas (ainda que os segundos van ata 0:59, un minuto de agasallo) dende a primeira xornada. E se chegas tarde, non abandones. Nesta zona da India, xullo é a época do monzón, polo que recuperar non é disparatado nin irracional. Fai unha semana rexistráronse máis de 500 litros nun só día!!

Deste xeito emprazámoste a xogar con nós dende o primeiro día, que é hoxe, venres 28 de xuño apostando sobre o domingo 30 en Gangasagar, no sur do estado de West Bengal. Recorda non chegar tarde!!

A India está na espera e non agarda por ninguén.

Desafío Bengala Ler máis »