A seca de Ljubljana
Cada vez son máis decisivas as etapas a desputar, ainda que a de Nove Jarse o que trouxo foi máis incertidume ós postos cabeceiros. Cando tod@s apostabamos por chuvia, en Ljubljana esta non dou sinais de vida e os puntos tivemos que dirimilos pola diferenza desta seca.
A temperatura mínima fixóuse nas primeiras horas da noitiña con 13º C. que xa foron definitivos. No mediodía acadáronse os 23º C. de máxima e a chuvia que se agardaba pola tardiña non chegaba. E finalmente non mollou o pluviómetro en Nova Jarse. Os refachos de vento, coma sempre, foron frouxos e quedaron nuns miserentos 15 km/h.
E con estes resultados obtivemos un gañador en soidade con 58 puntos. Verducido mallóuno todo agás a cantidade de chuvia, na que perdeu eses dous puntos. Dende a 3ª praza superou a Landrán na 2ª despois de roubarlle 6 puntos e queda a somentes 2 puntos do liderato. A loita pola Liga de Primaveira está máis viva ca nunca, con un mínimo de 3 posibles vencedores, se non ascenden máis meteoludópatas do Top-10.
56 puntos para Beocha, que perdeu 3 na pluviosidade e 1 máis no refacho. Supera a Julio pola 4ª prazae sitúase a 5 puntos do podio e semella que ainda ten moito que dicir nas 2 xornadas que restan.
O líder Botikas obtivo 55 puntos para manterse no máis alto da clasificación, desta vez con Verducido nas súas costas. Colleu aire con Landrán pero non pode descoidarse del. Bo resultado se o comparamos con outr@s competidores do Top-10.
Non se poden queixar Kaltxon e Denodeno con 54 puntos. O fallo de Kaltxon estivo na auga e o de Denodeno nas temperaturas, pero poden dar cun canto nos dentes. Os dous manteñen a posición pero achéganse a só 3 e 7 puntos respectivamente da 5ª praza de Julio.
E con 52 puntos atopamos a Landrán e Pájaro. Para Landrán non foi un bó día, perdendo a 2ª praza, pero as diferenzas son mínimas. Dous puntos con Verducido e catro co líder Botikas. Só ten que agardar un mellor día. Pájaro volve ás portas dun Top-10 que perdeu por penalización e que semella querer recuperar a toda costa. Sería un gran resultado na súa primeira participación nas competicións meteorolóxicas de eltiempoentuojete.
Estes foron os 8 mellores clasificados na etapa de Nove Jarse. Para acadar tódolos datos resultantes da 8ª etapa, en Nove Jarse, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.
Saudos e sorte!!
Asalto á capital
Nesta 8ª etapa da X Liga de Primaveira facemos parada e fonda na capital eslovena, nun barrio periférico con estación propia, Nove Jarse. Semella que a chuvia vai facer acto de presenza polo que a clasificación xeral pode presentar modificacións importantes de cara ás duas etapas que restan de competición.
As apostas entemperatura mínima oscilan entre os 18 e os 24º C. e unha máis fresca de 14º C. Polo que atinxe ás mínimas, contamos con valores entre os 7 e os 15º C. Por fin temos acumulacións de auga nas taquillas de pluviosidade que marcan dende os 2 ata os 9 litros, máis unha quimera de 27 litros. Os refachos de vento predicen entre os 11 e os 39 km/h.
Grande e emocionante etapa a que nos agarda para o domingo e que deberías seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada e en horario ininterrumpido a partires da mañanciña do domingo ata o final da xornada. Oportunidade para quen necesite darlle á volta o seu percorrido.
As apostas:


Saúde e sorte!!
A tiranía dos cabeceiros
7ª xornada da Liga de Primaveira, primeira da xeira eslovena que nos levarán ata o final da competición. O Top-5 segue intratable nestas derradeiras xornadas, levando as mellores puntuacións e sen deixar que ninguén se achegue ou alonxe demasiado dando o seu máximo para a consecución do título. Vremenska foi outra xornada sen chuvia e desta forma os marcadores estiveron moi igualados, sobre todo no Top-10 da xeral.
A temperatura mínima marcóuse de madrugada, amosando 13º C. preto do abrente do día. Xa na hora do café o termómetro sinalou a máxima con 27º C. Unha vez máis o pluviómetro quedou baleiro e cara a hora do vermú rexistróuse o refacho máximo do día con 14 km/h.
Atopamos ós vencedores con 58 puntos no Top-5. Botikas acada a sua terceira vitoria consecutiva para non ter que compartir o liderato da competición. Semella tan forte coma sempre e vai camiño de anotar outro trunfo no seu palmarés. Un dos que intentarán arruinarlle o sorriso é Verducido, dende a terceira posición non se rende e, ainda que 5 puntos por tras, séguelle a pista nesta xornada. Un chanzo por tras saborea a súa primeira vitoria no Adriático Julio, que dende a 4ª praza tampouco tira a toalla e mantén unha gran traxectoria.
Ata 6 participantes chegaron ata os 57 puntos. Landrán dende a segunda praza segue axexando ó agora líder tentando levar a súa primeira vitoria nunha competición. É o inimigo número un do líder, somentes un punto por tras e de seguro atacará o posto de privilexio. Beocha e Kaltxon, 5ª e 6º respectivamente buscarán un faio dos de enriba para escalar posicións e tentar dar o salto. Modesto e Compoñente Sur arrebatáronlle a posición a Víbora e circulan 8º e 9º respectivamente, tamén na busca dun erro que lles permita mellorar. Remontando está Okonor, que dende a pior puntuación da 1ª xornada ven adiantando xente para colocarse o 23 de 28. Pena de inicio, pero vai buscar unha vitoria con tódalas forzas posibles.
Estes foron os 9 mellores clasificados en Vremenska. Para acceder á totalidade dos datos recollidos nesta 7ª etapa, pica no enlace que deixamos baixo estas letras.



