Entrando en Eslovenia

Vremenska é a primeira e inaugural etapa en territorio esloveno. Neste país rematará a X edición da Liga de Primaveira, polo que serán catro as xornadas en Eslovenia e mellor ir aclimatándose á zona. Choveu toda a semana pero semella que o domingo vai ser unha xornada sobre seco, ainda que con dúbidas razonables que apenas se avistan na táboa de apostas. Comeza a recta final no Adriático.

As apostas sobre a temperatura máxima oscilan entre os 23 e os 27º C. e unha aposta peregrina de 17º C. No que atinxe ás mínimas, témolas dende os 9 ata os 16º C., con outra aposta diverxente de 4º C. Polo que respecta á chuvia acumulada case tódalas casiñas están baleiras, con excepcións en 6 apostantes con 1 e 4 litros. Os refachos de vento están acotados entre os 7 e os 37 km/h.

É o momento de dar o mellor de tí mesmo cara o final da competición. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario ininterrumpido ata o final do día. Búscate entre os mellores!!

Entrando en Eslovenia Ler máis »

O de sempre

Non é que Botikas meta medo. Máis ben é que os que xogamos con/contra el vivimos amedrentados. Enésima exhibición do mellor xogador de tódolos tempos de eltiempoentuojete. Pero antes de lamerlle o cuzinho, a historia.

A temperatura non baixou de 14º C. en Romans d’Isonzo na madrugada do domingo. Tempo caloroso que se convertiu en abafante no mediodía, cando se acadaron os 28º C. Puidera haber tormenta pero non foi así e o parámetro de chuvia recollida quedou a cero. O refacho, frouxo coma sempre, estableceuse nuns miserentos 9 km/h.

Leira vizosa para o multicampión Botikas, que acada a sua segunda vitoria consecutiva, 20ª na sua historia e 38ª na sumatoria histórica. 58 puntos cos que empata no liderato, ainda que 2º pola cantidade de vitorias. Perdeu un punto no vento e outro na temperatura máxima para ser o mellor do día.

57 puntos fixo o cacheira da clasificación, Landrán, con números espectaculares nas derradeiras xornadas ainda que xa nota o bafo de de Botikas na súa caluga. Mantén o liderato ainda que xa coñece o seu inimigo pois o resto semella un chanzo por tras deles.

Julio e Beocha sumaron 56 puntos e viaxan xuntos no 4º e 5º posto, con unha desvantaxe de 8 e 9 puntos co liderato respectivamente. Pero tamén teñen un pequeno burato cos persecutores e poden respirar sen abafes.

Con 55 puntos, Verducido, Denodeno e Compoñente Sur, tamén dentro do Top-10. Verducido perde folgos ante os líderes ainda que semella ainda en posición de recuperarse. Denodeno, na 8ª praza está irrecoñecible despois de 6 xornadas e tentando rematar unha competición entre os dez mellores. Compoñente Sur comparte o derradeiro posto do Top-10 e seica pode ter marxe de mellora.

Rasdgar, Kaltxon e Víbora anotan 54 puntos na táboa, con Rasdgar achegándose ó Top-10 e Kaltxon e Víbora 6º e 7º respectivamente ainda que cun pequeno abismo cos seus predecesores.

Dos 10 mellores en Romans d’Isonzo, nove ocupan praza no Top-10 e non perderon ocasión de demostrar a súa valía. O resto debería facer o mesmo nas 4 xornadas que quedan de competición nesta nova xeira de etapas, agora en Eslovenia onde a localización dos obxectivos vai ser primordial para acadar boas puntuacións. Apunta ben e acertarás.

Para acadar tódolos datos producidos en Romans d’Isonzo nesta 6ª xornada, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

O de sempre Ler máis »

Adeus a Italia

Romans d’Isonzo é a etapa despedida de terras italianas nesta X Liga de Primaveira antes de cruzar a fronteira ata Eslovenia. Repetimos na rexión de Friul Venecia Julia, polo que agardamos un clima similar á da etapa anterior, salvando as distancias. Outra xornada de altas temperaturas, vento feble e con baixa probabilidade de chuvia. Unha tónica das estapas desta liga, pero que non perde a emoción pola vitoria nin pola clasificación xeral, marcada esta semana polo retraso de dous dos compoñentes do Top-10.

As apostas sobre temperatura máxima oscilan entre os 23 e os 27º C. Polo que respecta ás mínimas, están encadradas entre os 11 e os 16º C. Somentes un apostante engadíu chuvia na predicción, con 3 litros. No que atinxe ós refachos de vento, estes van dende os 9 ata os 35 km/h.

Con estas prediccións agárdanos unha etapa moi emocionante, con apostas moi similares que farán dela un domingo emocionante. Podes seguilo ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta madrugada e dende a mañanciña de mañán en horario ininterrumpido ata o final do día. Se necesitas axuda coa interpretación dos datos, pica neste enlace.

Adeus a Italia Ler máis »