A primeira do ano

A etapa do Alto do Rodicio apostóuse no 2021 e váise desputar xa no ano 2022. De seguro que as apostas están cheas de boas intencións, pero xa sabemos que os resultados non poden favorecer a tódol@s participantes. Agárdase para este domingo a entrada dunha pequena fronte que podería deixar ou non precipitacións no concello de Maceda, con leve ou moderado vento do sur e temperaturas tan altas coma estes días. Coma exemplo, onte en Pontevedra tiñamos 20º C. ás 02:00 horas da madrugada. E ceamos coas fiestras de par en par…

Nas apostas de temperatura máxima atopamos valores dende os 12 ata os 16º C., cunha punta en 19. No canto das mínimas, os valores van dende os 4 ata os 12º C. Reseñamos ata 10 apostas en seco e o resto ata 4 litros en humidade. Os refachos de vento sinalan ventadas entre os 16 e os 65 km/h.

Con valores tan distintos agardamos unha xornada chea de emoción e trocos varios. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde, sorte e boas festas!!

A primeira do ano Ler máis »

Maese Decembro

As estadísticas falaron. E sinalan a un xogador coma Gran Maese Decembro. Coronan ó xogador con o mellor desempeño nas catro xornadas desputadas este mes. Pero tamén amosan as melloras de moitos xogadores cara seu obxetivo final. Os destacados no acerto en cada un dos parámetros do xogo, vitorias e medias de puntuación. E ademáis, os resultados dos xogadores con peor calificación. Todo isto no enlace que segue a estas liñas.

Sorte e clima!!

Maese Decembro Ler máis »

Ferve o eixe en A Veiga

Xornada memorable a desputada neste derradeiro fin de semana do ano 2021. A estación meteorolóxica da Serra do Eixe foi o campo de batalla ideal, con moitas modificacións en tódolos parámetros ó longo do día. Para estar a máis de 1200 metros de altitude e a finais de decembro as temperaturas foron moi altas, cunha mínima de 5º C. acadada a primeiras horas da madrugada. Dende ahí foi subindo ata chegar ós 10º C. que marcou a máxima xa na tardiña, con máis fusco que lusco. A chuvia non comezou a cair ata pouco antes de amencer, pero con constancia formigueira. Case medio litro cada 10 minutos, con picos de case un litro. Xa cara as 18 horas semellaba que Juanito Caminante podería recuperar o liderato, pero a chuvia voltóuse preguiceira e ata o final do día somentes rexistrou menos de medio litro, deixando o total da xornada en 19 litros. Os refachos de vento foron de menos a máis durante a etapa ata acadar o seu máximo preto das 11 da noite, cunha marca de 71 km/h.

A etapa da Serra do Eixe tivo moit@s líderes ó longo do día, que foron deixando paso a outros ó modificarse os parámetros con asiduidade. Marius foi de tapadiño durante o desenrolo da etapa e asomou a cacheira no derradeiro momento para levar o trunfo nunha xornada memorable. Acadar 57 puntos nesta edición non semella sinxelo, polo que a vitoria ten moito valor. Ademáis, achégase ás portas do Top-10 da clasificación xeral.

O que acadou ese Top-10 nesta xornada foi Ocandepavlov, grazas ós 56 puntos sumados. Moi estricto en tódolos parámetros semella estar ante unha das mellores tempadas da sua historia. Veremos o que pode facer de aquí en diante.

Mina tamén rexurdiu en A Veiga con 55 puntos, que lle permite ascender dentro dos 20 primeiros. Sempre se agarda máis dela.

Tentando mellorar, aplicóuse ben Sarabia, que chegou a ocupar a 4ª praza durante a etapa. Punteiro e Julio son dous grandes competidores que este ano non demostraron ainda a sua valía. Pero xa navegan entre os 15 primeiro e ameazan o Top-10 cos 54 puntos logrados.

Verducido suma 53 puntos e mantén a cuarta praza da xeral. Breogán77, coa mesma puntuación está ás portas do Top-20. Kaltxon xa ingresou nese top e tenta mellorar. Rasta76 segue afundido, ainda que supera o posto 30.

Estes son os 10 mellores clasificados na 14ª etapa da VIII Liga da Inverneira. Para consultar tódolos datos recollidos na Serra do Eixe, pica no enlace embaixo exposto.

  • En breves publicaremos as estadísticas correspondentes ó mes de decembro, coas porcentaxes de acerto entre outros detalles.

Saúde e sorte!!!

Ferve o eixe en A Veiga Ler máis »

Apocalipse en altura

Grande xornada a que se nos ven enriba neste fin de semana de Nadal. O tren de borrascas segue a sua actividade e o domingo ainda se presenta un panorama moi compricado. O vento e a chuvia han de ser protagonistas na nosa estación de a Serra do Eixe, no concello de A Veiga. Primeira de montaña na provincia de Ourense, pode ser unha parada con movementos decisivos dentro da Clasificación Xeral.

As apostas sobre temperatura máxima establécense entre os 7 e os 12º C., con duas apostas que superan os 15º C. As temperaturas mínimas oscilan entre 1 e 7º C., cunha punta de 10º C. Nas apostas da chuvia atopamos varias apostas “negacionistas” con valor nulo. Apostas con valores baixos, entre 1 e 5 litros e outros máis abondosos, con cifras que acadan ata os 25 litros, ollo, pronosticado polo gurú da chuvia nesta edición, Juanito Caminante. Os refachos de vento teñen representación dende os 17 ata os 92 km/h.

Xornada polo tanto de moitas variables que poden modificar significativamente a Clasificación Xeral. E destas etapas que merecen un seguimento constante e que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas deta mesma madrugada.

As apostas:

E sentimos o retraso na publicación das estadísticas correspondentes ó periodo de Outono de 2021. Xa están dispoñibles e podes atopalas no enlace embaixo estas letras ou no menú de contido, en Estadísticas.

Saúde e sorte!!!

Apocalipse en altura Ler máis »