Apoteose en Valdeorras
Lardeira foi unha das etapas máis intensas das desputadas en eltiempoentuojete. A pesares que a derradeira fronte húmida do día eludíu a comarca de Valdeorras, todas as apostas sinalaban chuvia. Ademáis, o resto dos parámetros estiveron á altura dunha estación meteorolóxica a máis de 1600 m. de altitude.
O día comezaba fresco e afundindo a varios dos apostantes, cunha primeira marca en temperatura en -5º C. Pouco despois da 01:00 h. da madrugada chegou ata os -6º C., valor definitivo para a mínima. A máxima tivo máis emoción e fíxose agardar ata máis aló das 21:00 h. con 1.4º C. A chuvia apareceu puntual para o previsto polas axencias e no mediodía deixaba preto de 1 litro, quedando á espera da chegada da fronte cara a noitiña. Pero foi unha ilusión. Mentras, o vento subía paseniño dende o principio da etapa e superaba as apostas máis altas antes das 21:00 horas, chegando ata os 92 km/h. Ese vento foi todo o que se supo da nova fronte en Lardeira, namentras o resto do país rexistraba fortes bategadas de chuvia.
A clasificación xeral sufriu incontables trocos ó longo do día en toda a sua extensión. Os primeiros líderes estables, Lume e Punteiro, foron varridos polo vento en aumento. Tomaban a dianteira os xogadores que máis arriscaron no refacho, case tod@s inmersos en loitas no Top-10. Botikas e Verducido mallaron as temperaturas e, con chuvia baixa tomaban vantaxe con Beocha e Víbora por tras. O refacho final, xunto a carencia de precipitacións foron o pulo que necesitaba Verducido para gañar en soidade en Lardeira con 54 pts., segunda vitoria en tres visitas.
A vitoria de Verducido elévao de novo ó liderato da VII Liga da Inverneira, asinando un trunfo que lle da vantaxe ante un posible empate con Botikas. Toda unha declaración de intencións cara o tramo final.
Botikas con 51 acada a segunda praza na xornada e queda a un punto do líder, a tiro de pedra. Comparte con Landrán, que con boas etapas volta achegarse ó Top-10, despois de comerlle as papas a Michi e Mina.
Con 50 puntos, Beocha segue a máis de 10 puntos da cacheira, pero mete un autobús de puntos entre os seus persecutores. Víbora aproveita a puntuación para chimpar por riba de Marius e Xowi e coller a sétima praza, a un só punto de Modesto. A máis, os dous recortan varios dos puntos que os separan da 4ª e 5ª praza.
Somentes este 5 apostantes chegaron á marca dos 50 puntos. Con 49, Nanuq sube ata a 15ª praza na xeral. Con 48, Modesto achica o espazo co Top-5. 47 para Oscar, xa metidos no pozo. Con 46 Marius e Balboa seguen a loitar no grupo kamikaze que abarca dende o 4º posto ata o 10º. Con isto compretamos o Top-10 en Lardeira.
Defraudaron Punteiro e Xowi, con apostas en refacho feble coma auganeve marrón. A ousada predición sobre auga de Julio meteuno nun grupo de perigosos novatos e experimentados dos que xa case se esquecera. Mina, baixo vento e moita auga, receita para a desfeita. Pior ainda Michi, lonxe do Top-10, encadena ridículos na parte final das etapas de montaña. Coma apunte, agardamos que a aposta de vento de Denodeno derive do alcohol, sustancias estranas ou falta de sono. Perder 17 puntos en refacho non está no alcance de case ninguén. Recomendamos proba do virus das “vacas locas”.
Para máis afundimento na materia, podes consultar os datos recollidos en Lardeira, etapa final de alta montaña nesta edición, pica no enlace embaixo exposto. Recorda que restan 6 etapas entre as estacións máis húmidas para febreiro e primeiros de Marzo. A primeira na boca, Fornelos de Montes.
Saúde e sorte!!!
Adeus á montaña
Lardeira pon o ramo ás etapas desputadas na alta montaña de Lugo e Ourense. E seica vai se despedir con duas borrascas no mesmo día. De madrugada agardamos a entrada dunha fronte quente dende o sur e xa pola tardiña entrará o vento frio e a neve da man dunha fronte fria dende o norte. Doble dificultade nas prediccións do grupo de meteoludópatas de eltiempoentuojete.
Nas apostas de temperatura máxima atopamos valores entre 1 e 7º C. As mínimas van dende os 0 ata os -6º C. e unha aposta en 4º C. positivos. As cantidades de auga apostadas oscilan entre os 2 e os 16 litros. Os refachos de vento van dende os 19 ata os 84 km/h., a máis dunha aposta de 7 km/h.
Con toda a amplitude de prediccións temos ante nós unha xornada que mudará o aspecto de Lardeira, dende gris ata blanco e que tamén pode mudar no eido da Clasificación Xeral. Podes compartir a emoción desta xornada a máis de 1600 m. de altitude neste enlace á xornada ao vivo, que dará comezo cara as 01:30 horas desta madrugada.
As apostas:
Saúde e sorte!!!
Puro Cebreiro
Espectacular xornada a desputada en O Cebreiro, a derradeira na provincia de Lugo e penúltima da xeira de etapas de montaña.
O día comezaba marcando unha mínima de 2º C., que baixaría a 1º C. pouco tempo despois. Viña acompañada da chuvia, que a partires das 02:00 horas comezou a engadir litros na cazoliña de O Cebreiro. A estación marcaba 11 litros cara as 10:00 h. da mañán, cando o sol fixo a sua aparición. Entre nubes e claros a temperatura máxima acadou os 8º C. no mediodía, mentras o refacho, en 56 km/h. comezaba o seu ascenso. Despois do mediodía chegaba a chuvia de novo e deixaba a marca final en 12 litros. Namentras, o refacho seguía a subir. Punteiro collía o liderato da etapa, pero un refacho de 87 km. obrigaba a compartir a vitoria con Breogán77. Pero unha derradeira subida do refacho, de somentes 1 km/h., encaixou perfectamente na aposta de 88 de Breogán77 e dixóuno coma gañador en soidade. Segunda vitoria nesta edición da Liga da Inverneira, ainda que afundido na clasificación xeral.
Breogán77 fixo unha aposta moi precisa, con 2 litros e un grado de diferencia na máxima coma únicos erros. Mallou a temperatura mínima e o refacho, que lle dou a primeira vitoria en soidade nun dos portos máis míticos de eltiempoentuojete. 57 puntos. Noraboa.
Na segunda praza atopamos o dagnificado do refacho, Punteiro. 56 puntos cunha boa aposta, non sendo no refacho, onde deixa 3 puntos e a vitoria compartida. Sérvelle para alonxar a Modesto do seu cú e achegarse a Julio a 6 puntos. Grande xornada para él, pero sen vitoria.
Con 54 outro residente do Top-10, Víbora, que semella pasou de alquilado a propietario e xa loita pola 6ª praza con Xowi, Marius e Modesto. Gran remontada do gañador da 3ª edición da Inverneira.
53 puntos acada Botikas, que colle o mando da xeral, con dous puntos de marxe con Verducido. Rasta76 concebiu unha das poucas boas xornadas desta edición e continúa afundido na lameira da xeral. Kaltxon sube dende o posto 20 ata o 14, nun grupo soicida que agora lidera e persigue o Top-10.
Con 52 puntos, Popolo ocupa o grupo de Kaltxon e aspira á entrar entre os 10 mellores. Marius, xa nese grupo, busca o Top-5 nun grupiño con vacas sagradas e novatos demandantes de atención. Seguro que bota de menos os 10 puntos da penalización de Castro Vicaludo…
51 puntos acadaron un grupo de xogadores con Verducido coma mellor clasificado. Segue na segunda praza, perdendo 2 pts. co líder. Compoñente Sur e Lume comparten puntos e zona da távoa, pero tamén unha traxectoria irregular, nunha tempada na que agardamos máis do que están a demostrar. Iago e Iru están na mesma situación, pero máis afundidos. Este ano a mediocridade non ten beneficio…
Con 50 puntos, Balboa, Modesto e Beocha manteñen posicións no Top-10 e agardarán outra oportunidade para coller altura. Esta é a lista dos que acadaron os 50 puntos, menos da metade do total de apostantes.
No negativo, Julio e Xowi non acadaron os 50 puntos e ven a sua posición no Top-10 ameazada polos persecutores máis avezados. Os 45 pts. de Michi alónxano da loita polo Top-10. Finalmente, M. B. Juaquín e Denodeno xogaron en El Cebrario, no sur de Marrocos, a tenor das temperaturas pronosticadas.
Se queres indagar por tí mesmo o acaecido o domingo na estación de O Cebreiro, pica no botón embaixo este párrafo.





