Calma chicha

A 4ª xornada da Liga da Inverneira, en A Armenteira, deixa poucos trocos na clasificación xeral á conta dunha xornada na liña do agardado e con carencia de auga e vento. O día foi solleiro e as temperaturas foron altas, tanto na mínima coma na máxima.

Con este panorama era compricado listar a un único gañador. Pero iso foi o que pasou. Breogán77 acadou a vitoria en soidade, deixando somentes 2 puntos na máxima e o refacho. Semella que xa deixou de celebrar a vitoria na Ojete’s Cup, pero segue afundido tras un mal comezo de competición. Noraboa polo marcador.

Con un punto menos tamén atopamos xente da retaguarda da xeral. Bar Pequeno e M. B. Juaquín estiveron preto da vitoria e comparten puntuación con xente da élite coma Juanito Caminante, Punteiro, Verducido e Nanuq, que ocupan praza no Top-10.

Boa xornada tamén para quen acadou 56 puntos. Beocha, Lume, Sarabia, Aki, Ocandepavlov, Landrán, Modesto, Marius e Kaltxon botaron o curriculum tentando trepar na xeral, cada cal no seu estrato.

Con 55 puntos atopamos a un grupo de aspirantes a máis, entre eles Michi, Botikas, Julio, Rasta76, Kalandrakas e Iru. Dalles para manterse, pouco máis…

Na cara oculta da xornada atopamos a Popolo e Mutombo, con uns míseros 51 puntos, baixando posicións. Ainda máis soterrados na xornada, os dous retrasados, Oscar e Denodeno, que farían boa xornada se non fora polo modorra amosada en Armenteira.

Na clasificación xeral poucos trocos podes atopar. Balboa continúa coma líder , seguido por Nanuq e Verducido a dous puntos. Puntuacións emparelladas conforman o Top-10. Michi e Beocha con 222, Punteiro e Lume 219, Botikas e Sarabia con 218 e Jose Lopez e Juanito Caminante con 217.

Se queres sumerxirte no acontecido na 4ª xornada da VII Liga da Inverneira, en A Armenteira, pica no botón de embaixo estas liñas.

  • Non foi posible recuperar os datos do Histórico de Meteogalicia. Os datos están tomados das gráficas da estación de A Armenteira.

Saúde e sorte!!!

Calma chicha Ler máis »

Vranciño perigoso

Benvid@s á 4ª xornada da VII Liga da Inverneira, a desputar en A Armenteira baixo a influenza dun anticiclón e unha borrasca que non pensa lamber a costa sur de Galicia. Agárdase un día solleiro e con vento baixo, pero iso non sempre acontece así. Para iso estamos nós, para perfecionar os oráculos das axencias profesionais.

Neste día contamos con máximas en temperatura que oscilan entre os 17 e os 22º C. As mínimas, un pouco máis amplias, van dende os 7 ata os 13º C. Na pluviosidade somentes reflexamos un litro nun apostante, pero que sería decisivo dada a igualdade das apostas. O refacho de vento céntrase entre os 11 e os 45 KM/h.

Moi apertada a xornada, con apostas semellantes, o que lle dará emoción ata o derradeiro segundo. Podes seguir a xornada ao vivo dende eiquí.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Vranciño perigoso Ler máis »

Vento decisivo

A xornada en Castro Vicaludo desputóuse sobre seco e baixo o sol. As temperaturas estiveron dentro do agardado, ainda que por baixo da media das prediccións. Tamén o vento rexistrou valores acorde as apostas, pero cara a caida da tarde foi decisivo para escoller o gañador.

A vitoria levóuna en soidade Jose Lopez, que ata as 21:00 horas compartillaba o primeiro posto con vari@s meteoludópatas. Unha subida do parámetro de 1 km/h fixo que a balanza caese do lado do vencedor final. Primeira vitoria do ano e 6º posto na clasificación xeral.

Con un punto por baixo atopamos a grande cantidade de apostantes, moit@s deles perxudicados polo derradeiro troco no vento. Kaltxon e Mutombo saen do pozo a conta dos 57 puntos. Mina e Juanito Caminante achéganse ó Top-10, mentras as tres B’s, Botikas, Beocha e Balboa acomódanse neste Top. Balboa ademáis acada o liderato con 3 puntos de diferenza cos persecutores.

Con 56 puntos e historias variadas topamos con Oscar, Kalandrakas, Julio, Verducido e Nanuq, ascendendo na xeral en diferentes tramos.

55 puntos teñen Lume e Punteiro, o que lles vale para entrar no Top-10 da xeral. A Xowi e Aki esta puntuación achégaos ás portas do mesmo top. Budainca e Modesto, o novato do ano tentan sair do pozo, da mesma maneira que o tardoso M. B. Juaquín, faroliño bermello do pelotón. Aquí remata a lista d@s que merece a pena resaltar no concello de Oia.

Coma descensos máis destacados, os do antigo líder, Michi, que mantén o segundo posto, pero cos lobos lambéndolle os talóns. Landrán e Popolo perden o Top-10 e deberán remar para recuperar o terreo perdido.

Por baixo dos 50 puntos, somentes 3 xogadores. Marius fixo boa xornada a pesar da penalización por tempo. Pouco máis fixeron Denodeno e Bar Pequeno, que van tirando polo chan o comezo esperanzador en Corrubedo.

Se queres sacar as tuas propias conclusións do acontecido en Castro Vicaludo, preme no botón de embaixo para acceder a toda a información.

Saúde e sorte!!!

Vento decisivo Ler máis »

Destino Oia

Semella a priori que a de Castro Vicaludo vai ser unha xornada case de transición, por mor do anticiclón que reina na península ibérica. Pero de sobra sabemos que as estacións de Meteogalicia sitúanse en lugares onde o clima é moi extremo.

Nas apostas de temperatura máximas temos valores entre os 16 e os 24º C. As mínimas van dende os 7 ata os 14º C. Uniformidade na pluviosidade, ninguén arriscou na chuvia. Polo que toca ós refachos de vento, están enmarcadas entre os 22 e os 71 km/h.

Polo tanto, xornada que vai ser moi competida á conta da uniformidade nas apostas. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace, a partires das 02:30 h. da madrugada do domingo.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Destino Oia Ler máis »