A emoción do baleiro

Rematou a 15ª xornada da VII Liga da Inverneira na Galiza coa sensación de que nos quedou algo atrás. Por suposto non a tod@s. Pero moit@s meteoludópatas amateurs agardaban máis movimento na parte final da etapa do Alto do Rodicio. As temperaturas tiveron unha mínima amplitude de 1.5º C. Os valores finais son os mesmos que as 01:00 da madrugada. As prediccións tamén apuntaban a chuvia na tardiña, pero máis aló das 12:00 horas somentes se engadiron 0.3 litros, que non modificaron os 2 litros finais. O refacho de vento acadou o seu máximo antes das 17:00 horas, con 24 km/h., inferior á tasación da media de apostantes.

Pero foi suficiente para encumbrar a unha parella con distintas traxectorias. Bar Pequeno continúa soterrado máis aló do posto 25 da xeral, pero acada unha vitoria que moit@s ainda non celebraron. Para Modesto, significa a confirmación dun percorrido con mellora contínua dende a zona media ata os postos de honra.

Os seus veciños no Top-10, Landrán, Marius e Balboa chegaron na segunda puntuación da xornada e manteñen o seu status de aspirantes. A mesma puntuación, 54, para Breogán77 e Iru, que o contrario dos anteriores, ainda non estabilizan o seu traxecto. Con 53 puntos asoman os 2 primeiros da xeral, Botikas e Verducido. Duas vellas glorias, Michi e Mina, tamén neste saco, están ás portas do Top-10. Iago e M. B. Juaquín levan unha pequena ledicia dentro dunha actuación xeral preto do deplorable.

Estes son os primeiros na xornada do Alto do Rodicio, pero se queres indagar máis no acontecido na 15º xornada da Liga da Inverneira, pica no botón embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

A emoción do baleiro Ler máis »

No aperitivo, Rodicio

Primeira xornada a desputar neste 2021 e o Alto do Rodicio será xuiz e parte nesta nosa causa. Agardamos unha xornada compricada, máis tendo en conta as apostas remitidas.

As apostas sobre temperatura máxima oscilan entre 0 e 4º C. As mínimas, entre -1 e -4º C. Tamén moi apertadas as apostas en pluviosidade, con valores entre os 0 e os 5 litros. Os valores de refacho de vento van dende os 16 ata os 50 km/h., cunha punta mínima en 7. Nesta tesitura semella que calqueira podería levar a vitoria no domingo. As apostas son tan semellantes que ata o derradeiro minuto non saberemos quén marcha cun roscón de reis.

Esta emocionante etapa podes seguila ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 horas da madrugada.

Moitos asuntos a vixiar, coma a 4ª praza da xeral de Punteiro, a quen lle quedaban media ducia de uvas antes de apostar fora de tempo e penalizar 10 puntos. O mesmo caso que Lume, no posto 15. Os dous son reincidentes cando se trata de festivos e moit@s no Top-10 agardaban estas datas para eliminar competencia. E os amig@s african@s non defraudaron. Quén quere mellorar a sua posición?

As apostas:

Saúde e sorte!!!

No aperitivo, Rodicio Ler máis »

Clima bélico

Modesto achéganos un artigo que recoñece a labor en silencio da que foi unha das armas que axudou ó derrocamento do réxime fascista de Hitler e á sua maquinaria de guerra. Un apunte sobre como o clima pode influir ata nos conflictos bélicos. Pica na foto de embaixo para acceder á monografía da Rasputitsa.

Rasputitsa, por Modesto

Saudos e sorte!!!

Clima bélico Ler máis »

Pescando no deserto

Na derradeira xornada da VII Liga da Inverneira, na Serra do Eixo, o novato Modesto entrou no Top-10 da Clasificación Xeral. Foi dos que aproveitou a chuvia caida para achegarse ós postos de honor da Liga. Pódese dicir que “pescou no deserto”. Quizáis por iso fainos chegar un mini-documental que da voz a tres mulleres saharauis que tentan montar unha piscifactoría en Tinduf, nos campos de refuxiados de Arxelia. Se ainda non o viches, deixamos un enlace á páxina mesma do documental. Ademáis ten a opción de subtítulos en galego. 17 minutos onde se amosa que os soños poden voltarse realidade se pos as ganas suficientes. Pica na imaxe de embaixo para ver o documental. Tamén poderás atopalo en Botikas.org, no menú principal.

Saúde e boas festas!!!

Pescando no deserto Ler máis »